MASACCIO (1401-1428)

 

Es, junto con Brunelleschi y Donatello, el más relevante introductor del nuevo gusto en Florencia. Su estilo puede ser definido como “monumental”. Partiendo de Giotto, dota a sus figuras de un gran volumen, casi escultórico, mediante no sólo la utilización de efectos de claroscuros en sus vestimentas, si no también haciendo que los personajes proyecten sombras en el suelo, un recurso que se perdiera durante la Edad Media y que se recupera simultáneamente en la pintura flamenca y en la del primer Renacimiento .

 

También se preocupa por situar las escenas en espacios veraces. Para ello hace uso de las teorías de la perspectiva,, formuladas de forma rigurosa por vez primera por Brunelleschi.

 

Donatello influyó en su empleo de referencias clásicas en algunas de sus pinturas.

 

Estas influencias fueron percibidas por Vasari, quien escribió que Masaccio “siempre seguía lo mejor que podía los pasos de Brunelleschi y Donatello, aunque trabajara en un medio diferente”.

Sus inicios están, como es lógico, informados por la pintura de corte goticista. Así,  por ejemplo, el Tríptico de S. Giovenale, mostra certos elementos pronto superados: o trono, nunha perspectiva aínda incorrecta, ou o fondo neutro, sen referencias espaciais. Aínda así, os personaxes son rotundos, voluminosos, lonxe do espírito que impregna as primeiras obras de Fra Angelico.  

TripGiovenale.jpg (121454 bytes)

 

Pola contra, na súa Trindade de Santa María Novella (c. 1425-27), Masaccio logrou unha obra que debeu de deixar abraiados ós seus contemporáneos:

 

Trindade.jpg (123948 bytes)

“Presenta a escena encadrada nun escenario arquitectónico concibido coas formas plásticas revitalizadas por Brunelleschi, articuladas nun sistema de perspectiva co que se define un espacio diáfano e en profundidade [...] As figuras de doantes, anque respectuosamente en posición de xeonllos, foron representadas á mesma escala que as figuras de tema sagrado” (V. Nieto Alcaide, La luz, símbolo y sistema visual, Madrid, 1993, p. 93)

 

En efecto, o pintor sitúa a escena nunha arquitectura que lembra os logros de Brunelleschi, sendo o elemento máis notable a impresionante bóveda de canón que da unha sensación de tridimensionalidade. Os rostros dos personaxes dan a impresión de retratos, lonxe de calquera efecto idealizador. Un esquema da obra ilustra a preocupación de Masaccio pola xeometría.

 

A obra ten un carácter funerario: na parte baixa vemos un esqueleto e a seguinte inscrición: IO FU GIA QUEL CHE VOI SIETE EQUEL CHISONO VOI ANCORA SARETE (Unha vez fun o que vos sodes, e aquelo que eu son o seredes vos), un memento mori de corte baixomedieval, no que existiu un desenvolvemento do macabro na arte.

 

O ciclo de frescos na Capela Brancacci (Igrexa do Carmen en Florencia) é unha das obras máis coñecidas de Masaccio. Ironicamente, dela sábese pouco: a súa data exacta, o seu cliente e incluso algúns aspectos da súa iconografía. Ademais, non todo o ciclo é de Masaccio: nel colaborou tamén Masolino da Panicale e, segundo recentes propostas, Fra Angelico. Uns cincuenta anos máis  tarde pintou algúns paneis Filippino Lippi.

 

Vistas xerais

 

O fundador da capela foi Pietro Brancacci, a finais do século XIV. Dado que o seu sucesor Felice era o dono deste espacio entre os anos 1422 e 1434, é razoable pensar que foi el quen contratou a Masolino e Masaccio.

 

Trátase dun ciclo que narra escenas da vida de San Pedro, posible homenaxe ó fundador da capela.  A xeito de introducción atopamos as escenas do Pecado Orixina e a Expulsión do Paraíso Terreal.

 

A escena dedicada ó milagre da  curación dos enfermos coa sombra de S. Pedro é moi interesante polo estudio da arquitectura contemporánea que nel se pode contemplar e por que o propio tema “pedía” a utilización de sombras proxectadas no chan. Elo quizais serviu de acicate ó pintor á hora de recuperar unha técnica en desuso (E. Gombrich, Shadows. The depiction of cast shadows in Western Art., Londres, 1995).

 

BrancacciPedroSomb.jpg (95575 bytes)

 

Pero a máis coñecida das historias aquí propostas é a do Tributo, na que se representa unha historia pouco frecuente nas artes figurativas e baseada en Mt. 17, 24-27.  Xesús, acompañado dos Apóstolos, é abordado por un recadador de impostos. Ante as protestas de Pedro, Cristo envía a este a coller un peixe no ventre do cal había unha moeda co que se fai efectivo o pago do imposto.

 

BrancacciTributo.jpg (131006 bytes)

Masaccio, a fin de non dividir a escena en tres paneis, decide representar a Pedro tres veces e ó recadador dúas. A esto se lle chama “narración continua” e, a pesares do seu sabor medieval, será unha técnica moi empregada no arte da Idade Moderna (L. Andrews, Story and space in Renaissance art : the rebirth of continuous narrative). Neste caso, e para que a escena quedara ben compensada,  decide situa-lo comezo da narración no centro,  tendo o ollo do espectador que saltar logo á esquerda para rematar de “ler” a historia na dereita.

 

Masaccio logra figuras plenas de volume, instaladas nunha paisaxe que se perde ó lonxe. Estamos ante figuras giottescas resucitadas na Florencia do século XV.

 

Na escena da Expulsión Eva parece estar inspirada nunha Venus púdica

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1