Apartado 484
32080 OURENSE
Tel. e Fax: 988 249493

 

 

¡Aprende danzas populares de Galiza con nós!
escdanza@depourense.es
[email protected]

revista RAIGAME
REVISTA DE ARTE, CULTURA E TRADICIÓNS POPULARES



Voltar ao inicio inicio Actividades da Escola Provincial de Danzas de Ourense actividades as clases na Escola Provincial de Danzas clases Alumnos da Escola Provincial de Danzas de Ourense alumnos vilinfan_primer_paloteo (66 Kb) DESCARGA partituras Aprende as danzas tradicionais on-line aprende on-line


OURENSE
A Escola: ¿e logo?
 

 

          A Escola Provincial de Danza foi creada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense no ano 1984, contando na actualidade con máis de 5.000 alumnos ao longo de toda a xeografía Provincial e desempeñando unha función pedagóxica primordial no campo da nosa cultura popular através das clases de canto popular, danza e pandeireta, fomentando deste xeito o respecto e amor que a nosa tradición se merece. Por medio das súas clases ocúpase dos procesos educativos que desenvolven as capacidades motrices, afectivas e cognitivas necesarias para que os alumnos de todas as idades comprendan e asimilen que a danza e a música popular constitue un medio de expresión artística e de comunicación corporal e poidan coñecer e disfrutar das súas diferentes manifestacións. Para conseguir este obxectivo inténtase desenvolver o potencial que posúen todos os alumnos através da educación corporal e do movemento. O desenvolvimento destes aspectos será sempre adecuado ás características dos alumnos sen que o seu rendemento sexa sometido a normas fixas que deban cumprirse a unha idade ou dentro dun periodo determinado.

          Consideramos que é necesario conservar como legado cultural a música e danza popular e sentímonos orgullosos e á vez na obriga de transmitir e fomentar o respecto e amor que a nosa tradición e cultura popular se merecen.

 

 

 


Obradoiros Tradicionais de Cultura Popular

xaneirofebreiromarzoabrilmaioxuñoxullo

agostosetembrooutubronovembrodecembro


Hosted by www.Geocities.ws

1