Logo Calcorreiros

 

 

Normalmente saímos de Puxeiros, quedamos alí para evitar na medida do posible levar moitos coches. O lugar está escollido porque está ben comunicado, hai onde aparcar e onde almorzar e coller bocatas os sábados e domingos a primeira hora da mañá.

Alí xuntámonos e repartímonos nos distintos coches. Se o prefires podes aparecer no lugar de inicio da pateada.

 

 

Cómo chegar:   Mapa

Coordenadas:

          42°12'30.3"N 8°39'21.2"W

             42.208418, -8.655904

Pola autoestrada procedente de Pontevedra e O Morrazo (AP 9).

.. No punto quilométrico 151 saen uns carrís para Vigo e outros continúan para Tui, Ourense. Seguir estes últimos.

.. Collemos a saída 159B en dirección Puxeiros, Mos.

.. A 1 Km collemos a saída 662A en dirección Puxeiros, Mos.

.. A 400 mts hai unha rotonda, séguese de fronte, dirección Puxeiros.

.. A 300 mts hai outra rotonda. Séguese de fronte, dirección Ourense.

.. Xusto pasando esa rotonda á esquerda está Casa Gallardo. Aí quedamos.

 

Pola autovía procedente do Porriño (A 55).

.. Abandonámo-la autovía pola saída 661, dirección Puxeiros, Aeroporto.

.. A 1,1 Km hai unha rotonda. Seguimos de fronte , dirección Vigo.

.. A 300 mts hai unha parada de bus e outra rotonda. Xusto á nosa dereita está Casa Gallardo. Aí quedamos.

 

Pola autoestrada procedente do Val Miñor e Oeste de Vigo (VG 20).

.. Collemos a saída 159, dirección: Puxeiros, Ourense, Vigo.

.. A 500 mts hai unha rotonda. Virar á esquerda, dirección Puxeiros.

.. Pouco mais alá hai outra rotonda. Séguese de fronte en dirección Ourense.

.. Xusto pasando esa rotonda á esquerda está Casa Gallardo. Aí quedamos.  

 

Pola autovía procedente da Avenida de Madrid en Vigo (A 55).

.. A uns 8 Km da Praza dos Cabalos coller a saída 662A, dirección Puxeiros, Mos.

.. A 400 mts hai unha rotonda, séguese de fronte, dirección Puxeiros.

.. A 300 mts hai outra rotonda. Séguese de fronte, dirección Ourense.

.. Xusto pasando esa rotonda á esquerda está Casa Gallardo. Aí quedamos.  


 

Volver