Saída Data Comentario

Participantes

117 Estacas - Eiroa. Fornelos de Montes. 16 / 1 do 2016 Pateada espectacular a que nos preparou o tío Padín. Día da exaltación da pontella. Moito río, moita auga e moita xente pero ninguén se bañou. Unha cantidade obscena de calcorreiros. O día, a xogo con todo o demais. Ao fin cañas e pinchos de cocido en Estacas. Once novos. 51
118 Sta Marta - Nerga - Barra - Cabo Home - Donón - Facho. VI. 6 / 2 do 2016 4 novos. Un intermitente. Sábado de antroido polas praias de Cangas. Comida en Donón a cuberto. Pola tarde a galerna arrincaba a area mollada da praia para nola guindar na cara. As cañas con moitas ausencias porque despois de tanto tempo aínda moitos non saben da utilidade de levar unha remuda de roupa seca. E tiñan frío, criaturas.Tal vez algún dia o comprendan... 26
119 Cuntis. (Finde) 20 e 21 / 2 do 2016 Dores e Ramón acolléronnos e fixeron eles todo. Cervexa no camiño, dúas rutas de moito carajo, aloxamento de balde, xestión das comidas e almorzos, visitas ... Solo lles faltou quitarnos os mocos. O Umia magnífico. A xente tamén. Algúns fixeron un tramo no coche. Ceas e xantares. Visita ao cemiterio de Arcos. 46
120 Camariñas - Muxía e Ponteceso - Laxe (Finde) 12 e 13 / 3 do 2016 Retornamos a cantidades de xente máis normais. O sábado acompañounos un semicadáver e tamén un bebé cadelo. Movémonos en microbús. O domingo pateada moi íntima. Ceas en Camariñas. Cañas fin de ruta en Muxía e Laxe. Vimos dous carros do país en uso, cousa moi dificil de ver xa. 12
121 A Valga - Folón - Río da Cal. Oia e O Rosal. II. 26 / 3 do 2016 4 Participantes. Dende decembro de 2011 non eramos tan poucos. O Folón non pareceu interesarlle a ninguén. Recortamos o itinerario previsto. O Río da Cal estaba impresionante. Cruzamos un campamento de campistas por libre, algo que xa non se ve e menos fora do verán. Tampouco se ve habitualmente por estas partes un grandísimo rabaño de ovellas, máis de cen, con pastor a cabalo. Entre a néboa e os piñeiros como unha santa campaña ovina. Acabamos tomando cañas na Riña. 4
122 Gabín - San Mamede - Bidueiral. Montederramo. Serra de San Mamede.II. 09 / 4 do 2016 O día recibiunos inamistoso pero foise poñendo mellor co paso das horas. Topamos coa neve pero non co Romasanta. O Bidueiral impresionante, espido de follas. Comemos separados en dous grupos. Merenda no claustro do mosteiro de Montederramo, un luxo. Nos primeiros metros acompañáronnos tres amigos. Estreamos Camisetas. 19
123 Rouças - Pedrada 30 / 4 do 2016 Perfecto, non houbo que facer nin unha parada de reagrupamento. Nunca houbo que agardar polos rezagados nin botarlle o lazo aos escapados. Cadaquén foi como quixo e o grupo mantivo o ritmo e fixo as paradas precisas. Tamén o tempo: nin frío nin calor nin choiva. Moita xente traballando nos campos. Melindres de Rosa. Levamos un can que se meteu no foxo do lobo para exemplificar a explicación. Topamos outro grupo de andaríns no Alto da Pedrada. Cañas e partidas de matraquilho no Central en Rouças. Rematamos ceando, co sol aínda alto, en Santo António de Val de Poldros logo de facer unha visita turística a Gavieira e São Bento. Foi durilla, chegoulle ben. 17
124 Santa Leocadia – Miradouro do Cotro. Mazaricos, Outes e Negreira. (Día das Letras) 17 / 5 do 2016 Fomos sementando pegadas e palabras pola fraga adiante. Unha fraga que nos aloumiñou a mañá toda cunha colección de fervenzas. Xantar no miradouro do Cotro logo de subir un cortalumes con moita dignidade. Alí abandonounos un andarín. Logo a fervenza de Chacín e volta pola impresionante igrexa de Santa Baia ata o punto de partida. A cousa rematou cunhas cañas ao sol en Serra de Outes. Houbo un par deles que se recusaron a contarnos nada, qué lle imos facer!! O resto, coma sempre, moi participativo, houbo de todo, ata cantigas a coro. 33
125 Tibo - Várzea. Peneda. 4 / 6 do 2016 Caídas varias. Heroico rescate de chanclas. Dous baños. Calor na subida. Seica topamos un áspid. Rematamos cunhas cañas en Rouças acompañadas de melindres de Rosa. Logo a festa continuou cunha paseata por Santo António e unha cea de bacallau que non a caga un corvo na que celebramos un aniversario de número redondo dun xoven calco. Aínda fomos rematar ao Gallardo a piques de pechar. Falamos moito de feixes. Tivemos que mudar de camiño porque o da opción inicial estaba asolagado. Os veciños puxéronlle portas de coches e frigos ás leiras. 16
126 Porto Covo - Arieiro - Alhal. Sistelo. II 18 / 6 do 2016 Moitas subidas, moita baixadas, moitas brandas, poucos camiños. Algún levou o mapa da xornada debuxado na cara. Xantar tirados na herba na branda do Arieiro. Na entrada de Padrão o Rafa tivo que salvar a unhas vacas do acoso dunha manda de calcorreiras. Baño na Estiveirinha. Percorrido por Sistelo (non todos, alguén decidiu quen podía ir e quen non), cervexas na casa da Dona Emilia (algúns dúas veces ao quedar fora da visita a Sistelo). Fin de festa ceando en Monção co sol alto e remate en Salvaterra. Dia luminoso e con temperatura agradable. 10
127 A Pasaxe - Galiñeiro -Aloia - Tui.  9 / 7 do 2016 Ía calor. Subimos o Galiñeiro pola fresca. Houbo quen ía un pouco menos que ben. Visita á Cova de Becha. Xantar no restaurante do Aloia. Baños en lugares prohibidos. Cañas en Tui. Volta a Puxeiros en transportes variados. Xa era noite cando os últimos partiron de Puxeiros. 7
128 A Valga - S. Martiño - Rio da Cal. Oia e O Rosal. (Nocturna) 22 / 07 do 2016 Ceamos na Riña, rico malia que non rápido. Tivemos unha baixa antes de comezar. Naceunos unha lúa entre os piñeiros. O mar, menos, e o Miño, mostráronsenos grandiosos baixo o luar de verán. Tamén os muíños do Folón desafiando ao tempo na noite do Rosal. Espertamos algún cabalo e algunha vaca. Gamusinos non habia pero era a noite libre dos sapos que andaban soltos polo mundo. Baño no Río da Cal con perda de lentes incluída. Quixemos rematar cunhas cañas pero o mundo estaba pechado, mesmo en Baiona non houbo maneira. 9
129 A Lamosa - Paraños. IV. Covelo. 'Xabriña'. 30 / 07 do 2016 Saímos da Igrexa da Lamosa e fixémola en sentido inverso ao que recomenda a organización. Cervexas en Portacortiñas. Visita demorada ao Favum, saímos sabendo moito de abellas e de cera. A xente ía algo acojonada polo calor pero non foi para tanto. Comida con baño espectacular. Pozo do Demo. Moitas fontes. Moita fraga, moitos muíños. Remate co cervexas no bar Cuartel en Paredes. 17
130 Paramos - Parderrubias - Caldelas. Tui e Salceda. 6 / 8 do 2016 Día de moita calor que resolvemos indo pola sombra, bañándonos e tomando cervexas. Tres baños, un no Caselas e dous no Miño. Mesmo houbo que foi a Portugal a nado, máis ou menos. Cañas en Salceda, Caldelas e as Penizas. Un mar de fentos. Rematamos na festa do San Caetano pero aquilo retrasábase e fomos toma-las últimas a Puxeiros. 13
131 Brandía - Toxosoutos. Lousame. 27 / 8 do 2016 Coma nun filme postapocalíptico andivemos metidos no medio de grandes construcións industriais comestas pola fraga. Rechamante. Baños varios, tomamos unhas cañas algúns en plan case clandestino mentras o resto alambraba. Houbo dous que fixeron unha variante diferente. Despois dunha espera conseguimos reagrupar. Aparecéusenos un cortalumes inesperado. Deixamos un monolito no lugar onde un día o Ríos case nos abandona. Fin de festa no Arume. 24
132 Pontevedra - Ponte Bora. Río Almofrei (VI Aniversario) 10 / 9 do 2016 Aniversario marabillástico. O equipo directivo da xornada estivo impecable. A ruta foi perfectamente acaída para o día de aniversario. Un abandonounos ao mediodía. Cruzamos algunha zona incendiada. Baños nunhas fervenzas onde o Almofrei se mostrou xeneroso na beleza. Tódolos bares de Ponte Bora fora de servizo, un andazo debeu ser. A partir da chegada á Illa das Esculturas o grupo esfarelouse. A ruta tivo un apéndice urbano por Pontevedra. Tocaron as campás de Santa Maria á chegada dos calcos ao cimborrio. E un remate con cea no casco vello de Pontevedra onde se nos xuntaron algúns calcos que non foran á pateada. 34
133 Monte Xesteiras. Valga e Cuntis 1 / 10 do 2016 Todo tan normal que case non hai que dicir. Muíños, igrexas, petróglifos, paisaxes inmensas por riba das nubes, e sobre todo as magníficas fervenzas de Raxoi e Parafita onde houbo baños. Unhas cañas ao rematar e para casa. Coma sempre ainda o Gallardo recibiu aos últimos da parte sur. 17
134 Cures - Iroite. Boiro 22 / 10 do 2016 Día de recuperación de eminentes históricos. Volveunos ver o Jadaña que non nos visitaba dende marzo e case o dabamos por desaparecido. Tamén o Betanzos que non nos acompañaba dende Decembro. Pero sobre todo aparecéusenos Camilo que dende terras andaluzas volveu a nós. Moita neboeira na serra. Cañas e comida na Seara e ao final en Cures coa visita dunha estrela televisiva. O nunca visto, xente roubando pedras dos valados!! 18
135 Fixó - Grobas. Serra do Candán. Forcarei 12 / 11 do 2016 4 perdidos antes de comezar, de tres deles non soubemos máis. Impresionante a ruta. Os neveiros en plena escavación. Visita á aldea de Grobas onde topamos un albergue. Subida pola Costa da Fariña. Houbo neboeira e chuvia, malia todo estivo espectacular. Algún paso complicado, nada que non se resolvese. Xantamos, algúns, en dez minutos. Remate con picazo de roda e cañas en Soutelo. 10
136 Afife. Viana. 26 / 11 do 2016 Partindo do mar subimos á serra e volvemos ao mar. Perdeuse un, dous fórono buscar, perdéronse eses dous e reapareceu o primeiro perdido. Descenso moi esvaradío. Moitos e moi entretidos cruces de ríos. Visita aos muíños e farol de Montedor e paseo final pola beira do mar ao anoitecer. Cañas no casino de Afife e cea en Puxeiros. 22
137 Ponteareas - Vilasobroso - Troña - Picaraña. 17 / 12 do 2016 Unha ruta feita metro a metro escollendo o mellor de cada camiño. Houbo tres que se incorporaron ao mediodía porque ata entón andaron perdidos. Xa vai sendo costume ultimamente. Paradas en lugares de postal como o Castro de Troña, o castelo de Vilasobroso,  o Covento de Canedo e outros. Seica solo cazan os domingos pero o mundo estaba cheo de xente armada. Será para que lle dea o aire ás escopetas e non collan ferruxe. Pinchos natalicios ao remate na Asociación ‘O Fresco’ a carón da Ponte dos Remedios onde nos fixeron coñecedores da historia do Fresco. Remate de festa, coma case sempre, en Puxeiros. 20

 

 

Volver