Saída Data Comentario

Participantes

96 Cruceiro de Roo - Esteiro - Tremuzo. Muros / Serra de Outes. 10 / 01 do 2015 Cinco guías que nin sempre estiveron de acordo, non entraremos en detalles. Unha subida ben dura. A néboa negounos as vistas dende o Tremuzo. Baixada preciosa. Comida en Esteiro e fin de festa no Arume do que nin todo se pode contar. 24
97 Arcade – Paredes – Pontesampaio. 7 / 02 do 2015 Unha pateada con mil camiños. Un foise ao mediodía e outros seis fixeron un atallo. Día estupendo pero ao parar, a viruxe notábase. Vistas esplendorosas sobre o fondo da ría de Vigo. Rematamos cunhas cañas en Arcade. 26
98 Peneda - Rouças - São Bento. (Antroido) 14 / 02 do 2015 A ruta Horacio ben mereceu o nome. Unha entroidada de colorinchos polos trillos da Peneda. As vacas do país, que non eran sagradas, tiveron sempre preferencia a marcáronnos o ritmo algunha vez. Dous retiráronse antes da última subida e a metade da penúltima baixada e seica un seguiunos todo o dia e deu connosco cando estabamos coas cañas de fin de ruta. Cando el foi tomar as cañas nós xa nos iamos. Un desaxuste permanente. Tomamos café en Rouças e xantamos en São Bento. A chuvia acompañounos na última baixada. A serra, coma sempre, impresionante. 15
99 Compostela 07 / 03 do 2015 Nunca antes foramos tantos. Por sermos moitos ou por haber moitos novos o certo é que o RCE resentiuse un pouco. Algunhas caídas. Mesmo o noso patrocinador deu cos seus ósos na auga. Criatura. Algúns que se acoplaron despois do comezo, outros que se retiraron antes… todo así. Bonito percorrido polos arredores da capital. O Sarela precioso e as vistas dende o Pedroso tamén. Visita final ao Carallo 29 que tivo moito suceso. A cousa terminou cunhas cañas. Todos menos os fuguillas que lles ardeu o cu e nin se despediron. Hóuboos, e non poucos, que aínda seguiron a farra por Santiago adiante. 44
100 Muxía - Fisterra - Olveiroa (FSL. Saída 100) 2, 3 e 4 / 04 do 2015 O primeiro día pareciamos unha confraría de ofrecidos á Virxe de Lourdes. Todos medio eivados, ou eivados de todo. Logo mellorou. Tivemos que botar man dun tramo do Camiño dos Faros para aliviarnos de tanto piche. Comprobamos que a restauración da Igrexa da Barca en Muxía non levanta unanimidades. Un novo calco protagonizou un intento de suicidio. Na última noite aínda se nos apareceu unha calcorreira para nos traer bombóns. 11
101 Monte Galleiro 11 / 04 do 2015 O Padín guiounos por un territorio montesío entre o amarelo dos toxos e o azul do Mar de Vigo. Costas de primeira división e paisaxes de champions. Sol de verán. A cousa complicouse un pouco coas cañas finais. 16
102 A Seara. Courel (FS) 09 e 10 / 05 do 2015 As costas non eran todas fáciles. Dúas retiradas o primeiro día. Tódolos matices do lilás e o verde. A lagoa de Lucenza o domingo, impresionante. Non menos a fervenza de Vieiros o sábado.Topámonos cunha pequena multitude infantil de Celtas. Algúns alongaron a ruta ata a Rogueira, seica aquilo non lles parecía calcorreiro de todo. Houbo moita variedade, desde os que foron só o domingo ata os que non se lles viu o pelo en todo o sábado agás na hora de comer. Serán improvisado na Eira dos Bolos á última hora do domingo. 23
103 Moaña - O Beque (Día da Letras Galegas) 17 / 05 do 2015 Espléndido o día, o entorno e a xente. Miles de palabras coma bolboretas pola fraga fóra. A lingua foi a raíña do acontecemento. Xantar demorado no Beque animado polo licor café de Ríos. Baños no río e no mar. Aínda algúns remataron a festa en Domaio diante dunhas tortillas. 21
104 Niñóns - Ponteceso e Malpica - Niñóns.  (Finde) 05 e 06 / 06 do 2015 Espectacular todo. Sendeirismo de sete estralos. O certo é que rematamos cansos. O sábado contra o final da etapa houbo sesión de RCE++. O domingo tivemos tres baixas, non sería por iso. Ceas en Neaño. A verbena quedou para outro día. O equipo directivo da saída na súa liña habitual. Un día perfecto para andar o sábado. O domingo aínda nos respectou algo a calor. Tivemos un ferri exclusivo para nós con motor a caldo. 11
105 Xunqueiras – Freaza - Moscoso II. Fornelos e Pazos.  04 / 07 do 2015 Día moi agradable. Baños na fervenza do Machado. Filmacións e entrevistas para o quinto aniversario. Moitos cans de tódolos tamaños. Visita e parada na Cidade. A cousa rematou cunhas cañas no ‘Corte inglés de Florinda’. 29
106 Cures - Iroite. Boiro. (Seminocturna) 18 / 07 do 2015 Foi duriña. Mantivemos a indecisión sobre a opción A ou B ata última hora. A cousa comezou como para cabras por unhas fervenzas excepcionais. O equipo artístico – técnico continuou co seu traballo. A ría de Arousa non se deixou ver dende o alto. A de Noia si. Un bar abriu para nós no medio da noite. Algúns continuaron aínda pola noite de Boiro fóra. 21
107 Lantaño. Portas. 01 / 08 do 2015 Día caloroso. Unha volta polos camiños, as paisaxes, os marcos, as lagaretas de Lantaño. Baños no Umia e remate no Chiado. Todo baixo a dirección técnica e artística de Alfonso. O señor daquelas terras. Acabamos con dúas unidades menos das que empezamos pero a unha recuperámola nas cañas. 27
108 Río Seixo. Cerdedo. 22 / 08 do 2015 Paisaxes e fragas de película. Baños no Seixo. Un calco foi atacado a traizón por un tabán e retirouse despois dunha visita ao centro de saúde. Outra incorporouse cando xa o grupo levaba un tempo en marcha. Volvemos proba-los melindres de Rosa. Cañas en Cerdedo. Moitos novos, quen sabe por que. 38
109 A Ponte Trado - Arnoia. 05 / 09 do 2015 Moito río. Catro abandonos. A costa de Meréns, malia os avisos previos, parece que esganou a máis de un. O bar do balneario de Cortegada estaba pechado. Baños. Cañas no balneario de Arnoia. Fixo algo de calor. Moitos novos. Catro dos cinco que acudiran a tódalas saídas do ano fallaron desta vez. 23
110 Melgaço - Sela. Arbo (V Aniversario) 12 / 09 do 2015 Impecable a realización. Preciosa a ruta. Digna, polas dúas cousas, de ser a escollida para a celebración do quinto aniversario. Unha tese doutoral en vivo e en directo sobre o mundo das pesqueiras. Uns currichos saudáronnos no camiño. Houbo baños. Un pouco desastre as cañas finais que cadaquén tomou onde lle pareceu. Unha enta de xentiña de dios polos carreiros. 30
111 Cunhas - Adrão - Soajo e Soajo - Mezio - Cova (Finde) 3 e 4 / 10 do 2015 O sábado un día espléndido, nin frío nin calor. Navegamos polas xestas e tivemos o premio dunha botella de viño. Xantamos no Nosso Senhor da Paz. Baños no Adrão. Cañas en Cunhas. Había festa pero nós preferimos marchar. Pola noite cea e celebración do aniversario de Berta. O domingo confirmouse que non hai atallo sen carallo, un coche entalado nunha ruela de Soajo. Logo, con catro baixas e dous reforzos, unha calcorreira retirada. O mundo púxose difícil, mesmo moi difícil, e houbemos de nos orientar entre a néboa e os refachos violentos de vento. Non foi fácil. Con todo acabamos con ben, ben mollados, e fomos xantar ao Borralho. 16
112 Soutomaior - Eiras. 17 / 10 do 2015 Día superferolítico no que acompañamos ao Oitavén. Unha manchea de xentiña fixemos unha ringleira de colorinchos polas terras de Soutomaior e proximidades. Xantar con lambonadas á beira do encoro de Eiras. Baños no Oitavén. A cousa rematou cunhas cañas onde estivemos case todos, coma sempre. Tere presentouse cunha camiseta conmemorativa do evento de Montederramo. 33
113 A Marronda. Baleira. (Finde) 7 e  8 / 11 do 2015 Un acaba coa sensación de coñecer realmente a zona. O Eo impresionante e a camiñada do domingo das de antes, sendeirismo primixenio, facendo os camiños. Submersos nun de conto de fadas. O labor de guía e documentación, insuperable. As actividades paralelas, léase sobre todo ceas e magostos pero non só, fantabulásticas. 16
114 Río Té - Muralla. Taragoña, Rianxo. 28 / 11 do 2015 Un día espetellante. Baño no Pozo do Bastón. Nalgún momento o ritmo foi vivo porque as horas de luz non eran suficientes. O grupo non se dispersou en ningún momento. Xantar con esplendorosas e maxestáticas vistas sobre as rías no alto da Muralla. Impresionante a fraga do Té. Fin de festa no Arume... e algúns aínda despois en Puxeiros.  26
115 Porto Ribeiro – Chã da Matança - Peneda. II. 12 / 12 do 2015 Moito calcorreiro polos carreiros. O día foi de película. Como adoita, o grupo moi compacto. Comida ao sol vendo a Serra da Peneda. A baixada pola Quelha Escura deu co cu dalgúns polo chan. Cañas na Peneda. Ninguén se bañou nesta ocasión e non por falta de oportunidade. Acabámoslle co material ao Centro de Interpretación. Cañas finais no Ribeiro. Fin de festa, coma case sempre, en Puxeiros. 29
116 Venade - Porreiras - Senhora da Penha. Paredes de Coura. 26 / 12 do 2015 Moita xentiña solta polos camiños e iso que enviamos unha delegación ao Venade de Caminha que se nos uniu á tardiña para tomar as cañas. Tamén máis xente do que nunca non fin de festa en Puxeiros, algúns aínda foron rematala a Chapela. Moito vento en São Lourenço, visita á eira comunitaria de Porreiras, subida ao topo na Giesteira e cañas finais en Venade. Desta vez ninguén se quixo bañar. Varias caídas, algunha ben boa. 35

 

 

Volver