Saída Data Comentario

Participantes

29 Salceda - San Cibrán.   14/01 do 2012  Día brumoso e frío, quecemos tras subir unha boa costa. Ollada á entrada da Casa Grande da Picoña. Visita á capela se San Cibrán. Vimos uns penedos enormes e un peto de ánimas con raíña. Un ousado tentou matar a unha calcorreira. Xantar no souto do viveiro forestal. Idílico. Un bo inicio de ano. 7
30 Armenteira - Samieira - Combarro - Lourido.   4/02 do 2012  Récord de participación. Seis novos. Nacho guiounos polo mar e o monte nunha tirada moi variada. Camiñamos por carreiros, pistas, estradas, areais, penedos... Impresionante a fraga de Samieira e o mesmo lugar de saída, o mosteiro de Armenteira, do que saímos por segunda vez. Comemos en Combarro separados en dous grupos que se reagruparon para a sobremesa. Polbo, viño, licor café, bombóns... unha esmorga. Bañámonos na mar salgada aínda que na tele insistiran en falar dunha ola de frío siberiano que nós non vimos por ningures. Rematamos coma sempre cunhas cañas, esta vez con enchidos, en Lourido cando xa si se sentía algo de frío. Petróglifos. 13
31 Barxacova. Canón do río Mao.   3/03 do 2012  Récord de participación. Seis Novos. Xano e Marcos inconmensurables como guías. Xantar con dúas clases de rosquillas, outras dúas de licor café, viño... Aínda ben que non contiña taberna o equipamento da ruta. Espectacular o canón. Rematamos en Valilongo con bica, cañas e outras viandas. Necrópole de S. Vitor; S. Lourenzo. Todo te deixaba sen respiración. Sen respiración como quedou algunha calcorreira nalgunha parte da ruta, outras no entanto fixeron o máis difícil e subiron polo cano do encoro. Algúns fóronse bañar ás termas ao rematar. 16
32 Irijó ( Paredes de Coura)  17/03 do 2012  Logo de dous récordes seguidos de participación a cousa volveu á normalidade. Algunha pouca chuvia. Unha nova. A fervenza non estaba, tiñan desviado a pouca auga do ribeiro para regar. Comemos no banquiño dun campo de fútbol. Algunha case cae e outra case non cae. Taper e viño. Cafés sen leite. O bagaço de améndoa amarga non se leva ben despois de comer. Rematamos cunhas cervexas en São Bento. Fin de festa na furanchada da Picoña. 6
33 Ribeiro – Chão da Matança - Peneda.  14/04 do 2012  Moita chuvia e sarabia que non botaron para atrás aos Calcorreiros. Unha retirada por un exceso de desgrazas. Logo dunha caída e de meter os dous pés nun charco non lle deu para máis a moral. Erótica cabalar. Cafés, cañas e estufa na Peneda. Emocionantes cruces de regos desbordados. A cousa rematou nun bar de Lamas. Que ben os baños da Peneda!! 6
34 São João d'Arga.  05/05 do 2012  Malia algúns térenlle medo á chuvia, non choveu. O Ribeiro de São João deu algún problema para cruzalo e só un valente foi quen de facelo, os outros tiveron que dar un rodeo. Algunhas foron un tempo no limbo. Parada no Mosteiro e lectura un pouco dramatizada das lendas de Eulalia e do Santo Aginha por capítulos en plan telenovela. Remate con cañas como ten que ser. Un novo. Notable asistencia.  7
35 Sanfins - Faro - Castelo das Furnas. (Día das Letras). 17/05 do 2012  As letras animaron á xente. Alta participación na pateada e todos leron ou contaron algunha cousa, mesmo cartas ao director. Paradas para lecturas e historias en Sanfíns, Santa Ana, Taião, Castelo das Furnas, onde subimos ao topo, e fin de festa en Sanfins con queimada dramatizada incluída. Catro novos. 12
36 Cangas - Coiro - Ermelo - Cangas . 02/06 do 2012  Unha tolemia de xente. Récord de participación con diferenza. Fomos tomados pacificamente por un grupo de bailaríns. Primeiro fomos 21, logo 19, despois 21 outra vez. En total, 22. Non hai matemática que resista isto. Cañas en Santa Marta e Cangas. Baños en Coiro (tamén en coiros) e Areamilla. A fraga de Coiro impresionante aínda que a algunha se lle atascou a costa. As nubes roubáronnos as vistas. 22
37 Arouca. (Finde). 15 a 17/06 do 2012   Fantabuloso! Cumpriuse o destino e topamos coa sopa de pedra. Primeira saída de finde. Pateadas algo duras, especialmente o sábado, e moi bonitas. Algúns sufriron de máis. Entrada nas minas de volframio a pé e a rastro. Pedras parideiras. O domingo abandonaron dous calcos. Prezos anticrise. Tivemos sol, chuvia e neboeira, de todo. Baños e cañas. 7 
38  A Lamosa - Franqueira - Paraños . III.  07/07 do 2012  A fraga infinda fermosa sob a chuvia. Discusións de física. Baños. Cafés. Visitas a un lagar de cera e ao centro de interpretación da cera case baleiro por cortesía da Comunidade de Montes de Paraños. Comida no adro da igrexa da Franqueira . Un novo para ver se baixa a media de idade. 11 
39 Nocturna: Sta Marta - Barra - Facho. III. 04/08 do 2012  A noite animou á participación. Nove caras novas na noite. Acompañounos a lúa. Baños nocturnos en Nerga. Algúns acabaron algo prexudicados, mesmo houbo quen chegou descalza. Cea previa. Remate almorzando en Cangas. 19
40 Boqueixón. (Finde).  01 a 02/09 do 2012  Organización impecable a cargo de Helena e guía a cargo de Xosé Manoel pero ademais contamos con guía local. Un luxo. Polas terras de Boqueixón, Touro e Vila de Cruces. Moito Ulla e moita sombra. Baños e cañas. Cea con copas posteriores, que acabou coa tropa algo prexudicada, e almorzo con xamón e lombo. Houbo quen durmiu nun escenario e quen non durmiu. Houbo tamén quen paseou unha pedra polos carreiros, levaba tempo no mesmo sitio, a pedra, e viulle ben viaxar un pouco. O Imprevisto ceando na casa do Nervioso. 9
41 Lougares - Pías (II). (2º Aniversario). 15/09 do 2012  Moita xente acudiu á convocatoria do segundo aniversario. Pateada curta. Por volta das catro xa tiñamos rematado. Volta ao rego de algunha histórica. Concurso de pelotas que resulta que son bólas. Baños e caídas no río. Fixo calor. A cousa resolveuse indo merendar ao Muxicas.  O aniversario celebrouse como se merece. Moita xente e aínda máis na merenda. 15 
 42 Pazos de Arenteiro - Boborás - Ponterriza.  06/10 do 2012  Moita participación. Tres novos. Retiráronse dous. Acabamos cando xa se apagaban as luces do mundo. A cousa rematou nas termas de Prexigueiro e logo no serán de Parderrubias e quén sabe que máis pola noite fóra. Houbo cañas pero non baño. Topamos cunha CalcoRrilla fotógrafa no Puzo dos Fumes e logo outro Rilla pero non Calco en Parderrubias. O mundo é un pano. Cheo de mocos. 18 
 43  Lourido - Gêrmil - Sobredo - Lourido. Serra Amarela.  27/10 do 2012  As polainas protexéronnos dos toxos. Salomé guiounos pola serra coa habitual sabedoría. Comida en Gêrmil e cañas ao final en Lourido. O biscoito de Tere mailas rosquillas de Marcos (de Rosa) adozáronnolo día que polo demais foi espetellante. Ás veces o grupo estirábase demasiado. Alta participación e ningún novo. 13 
44 Muíños. Serra do Xurés.  9 a 11/11 do 2012  Flores en plan nai. O sábado choveunos algo. Visita á Cela. Pista estragada polas máquinas. Salgueiro inconmensurable. O domingo, coa metade das tropas e sen a guía titular, albiscámo-la neve e atopamos augas de Mondariz no monte. Dous magostos, baile, queimada, bicas... Xantar na Rabeca. Tres novos. 10 
45 Zobra. Lalín. Montes do Testeiro. 01/12 do 2012 Nun día fresco os Calcorreiros invadimos Zobra. Non fomos ás minas da Trigueira porque o tempo nos deu algo xusto. A última subida a algúns xa lles chegou pero todos arribamos ao tempo para as cervexas de fin de camiño. Compra de mel ao final. 17 
46 Sr dos Passos - Arado - Bouças.  Merufe. Monção. 22/12 do 2012 Non choveu nada pero o mundo semellaba un río que houbemos de vadear con humor e, sobre todo, moito equilibrio. Malia iso a tropa chegou en xeral cos pés secos. Aconteceron varios eventos rechamantes. Por exemplo, topamos unha botella de viño do tempo dos megálitos na mámoa do Cotinho. Tita quedou como depositaria do libro ‘Nós, Galiñeiro’, primeira e única posesión física deste colectivo. O Manuel estivo espléndido e convidounos a bombóns. A Tere foi vestida de Mai Natal e o Taberneiro estreou calcetíns bonitos. A xornada foi precedida pola noite anterior de farra por Bouzas fóra. Tere e máis Bea quedaron indixitadas para nos contar todo isto con máis vagar.  11 

 

 

Volver