Saída Data Comentario

Participantes

7 Circos - Aloia . Tui.   08/01 do 2011  Día chuvioso aínda que nos respectou a choiva. Todo o Aloia exultante de auga. O rego das Tabernas obriguonos a dar un rodeo. Escasísima participación. 2
8 A Guarda - Viladesuso.  15/01 do 2011  Día nubrado. Paseo agradable pola costa. Xantamos ao lado do Mosteiro de Oia e logo aínda fomos a Viladesuso. Moi bo ambiente, mesmo se fixo unha cita informal de 'repaso' para ensinarlle o Xabriña aos que non foron no seu día. 6
9 Pontevedra - Calvelo - Pontevedra.  30/01 do 2011  Récord de participación. A metade eran novos. Pola mañá o mundo estaba cheo de xente con escopetas. Algún mesmo dicía que tiñamos que dar volta. Dous Calcorreiros parece que nos foron seguindo pero finalmente non puido ser que nos atoparan. 10
10 Túmio - Corno de Bico.  19/02 do 2011  Aínda que ameazaba chuvia non choveu e saíu o sol malia estar o mundo algo encharcado. Desta vez poidemos apreciar as vistas dende o miradouro do Corno de Bico. Volvemos visitar a mámoa. Rematamos cunhas cañas. Unha Calcorreira nova. 5
11 Estacas. Fornelos de Montes.  5/03 do 2011  Outra vez ameazou chuvia pero non chuviscou máis que un pouco. Saímos algo tarde. Fixemos educación ambiental. 5
12 Folón. O Rosal.  12/03 do 2011  Choveunos, escorregamos, caímos de cu, cruzamos ríos e acabamos cunhas cañas ben merecidas. Espectaculares as fervenzas e fermosos os muiños. Tirada moi sendeirista. 7
13 Cerdedo.  19/03 do 2011  Ruta de Frei Martiño Sarmiento. Aínda que non tiñamos moi claro o percorrido finalmente demos feito. Coincidimos con outros dous camiñantes. Pouca xente malia estar un día óptimo. Axudámonos de mapas. A Casa de Frei Martiño sen conservar. 2
14 A Fracha. Pontesampaio.  26/03 do 2011  Cinco mulleres baixo a chuvia. A medida que avanzaba o día mais nos chovía. A unhas gustoulle máis que a outras. 5
15 Mte Faro - Castelo das Furnas - Mte Faro.  2/04 do 2011  Día espléndido, nin frío nin calor nin chuvia. Andivemos como cabras polos penedos do Castelo das Furnas mesmo algunhas perdéronse malia elas non saber que estaban perdidas. Mágoa non podermos subir ao topo por estaren as pedras molladas. A tropa chegou cansa pero unhas cañas no Monte Faro reanimaron ao persoal. Acordáronse citas para facer exploracións de rutas. 7
16 A Pasaxe - Aloia - A Pasaxe.  30/04 do 2011  Subimos ao Galiñeiro. Sinfonía de empanadas no Aloia. Nin frío nin calor nin vento nin chuvia. O sector cántabro case maioritario. Acabamos cunhas cañas na Pasaxe. 7
17 Tui - Caldelas - Tui.  15/05 do 2011  Fomos pola sombra. Celebración do Día das Letras con poemas, historias e música. Comemos en Caldelas e rematamos cunhas cañas en Tui. Paseos polos centros históricos de Tui e Valença. Feira de artesanía en Tui. Non houbo baño, a presenza duns pescadores botounos para atrás. 4
18 Barbantes - Ponte San Fiz - Barbantes.  29/05 do 2011  Fervenzas do Cachón. Os que levaron pantalón curto toparon coas estrugas. Ruta sombreada, pola tarde unha tormenta fíxonos recoller nun lavadoiro pero non foi nada. Algunha non levou comida e tivo que vivir da caridade. Elsa contounos un conto. 6
19 Aciveiro - Gaxín.  18/06 do 2011  Mínima asistencia. Houbo quen quedou en terra pensando que a saída era o domingo. Guiou Elsa con man firme e espírito afoute. As fragas da beira do Lérez exuberantes.O río chamaba ao baño. Tivemos un incidente que puido ser incómodo coas chaves dun coche pero un paisano amable levounos de volta a Aciveiro. Rematamos indo á romería dos Remedios. Cañas en Soutelo.                                      2
20 A Lamosa - Paraños. (II) 'Xabriña'.  09/07 do 2011  Seguimos sendo pouquiños, case ninguén. Choveunos. Pasamos pola cociña dunha casa para evitar a lama dun camiño. A fraga preciosa baixo a poalla. Fomos un pouco rápidos e rematamos para comer. A metade do grupo mollouse algo. Logo fomos xantar. 2
21 Picos de Europa. (Vacacións). Horcados Rojos. Minas de Andara.  23 a 26/08 do 2011  Calcorreiros faise maior de idade. Un par de pateadas montañeiras na parte máis oriental dos Picos de Europa. Desde as espidas terras calizas en Torre de Horcados Rojos aos amábeis abeleirais nas Minas de Ándara. A organización para enmarcar. Ninguén podería pedir máis. Visita a Santander e arredores onde tamén nos acompañou Susana. 4
22 Lougares - Pías. (1º Aniversario).  11/09 do 2011  Ruta das Pelotas. Seica Deus non nos deu homes pero deunos pelotas. Preciosa camiñada sempre acompañando ao Tea a favor de corrente. Comida na praia de Mondariz. Cañas e baños. A chuvia ameazou todo o día pero respectounos. Celebramos o aniversario cunhas cañas e viños en Barciademera.Tivemos a visita dunha calcorreira pola mañá que non nos acompañou logo na ruta. 7
23 Outeiro das Augas - Penagache - Leirado.  01/10 do 2011  Anfitrións e guías, que eran os mesmos, deixaron o listón moi alto. Ceamos en Leirado e durmimos e almorzamos con pan quente en Abellás. Dia caloroso aínda que unha agradable brisa acompañounos. Vimos mámoas e unha anta que Helena insiste en que está trucada. Uns subiron aos piñeiros e outros non. Comida e sesta na cruz do Penagache. Cañas en Leirado. Catro Calcorreiros de estrea. Guía e pastoreo: Anxo Padín. 8
24 Ponteareas - Salvaterra - Ponteareas.  15/10 do 2011  Asistencia mínima para un día espléndido. Aínda fixemos un aire á quinta de Teáns e unha incursión nunha instalación de transformación de áridos que non estaban previstas. Comida na Canuda seguida de café nun bar de Salvaterra. Rematamos xusto cando a luz do día se acababa. E logo, claro, unhas cañas. 2
25 Illa de Arousa.  30/10 do 2011  Día de praia. Un paseo agradable entre piñeiros e praias con cañas e baño e comida nuns cons á beira do mar. Algunha dicía que fervía na auga. Dous novos. 8
26 Budiño - Faro de Budiño.  19/11 do 2011  Día espetellante, Helena mostrounos o mundo aos nosos pés dende o reino do granito que o Faro de Budiño é. Un festival de pozas, muíños e regueiros. Carreiros entre leiras e pequenas fragas. Cañas e Licor café. Inflámonos a comer uvas pasado mediados de Novembro. Tamén mazás e mesmo érvedos. Iso si, a asistencia escasa. Segue sendo maioritaria a representazón feminina. Dúas novas. 4
27 Cossourado – Rubiães – Linhares.  03/12 do 2011  Emocionante paso dun regueiro sobre unha estada. Comida na igrexa de Rubiães. Miliarios, tumbas antropomorfas, visita á casa dun ricano. Café na Peorada. Ás veces acompañounos a poalla. Acabamos case á noite. As forzas locais dixéronlle a Helena que era mala. 5
28 Sta Marta - Barra - Facho.  18/12 do 2011  Baixo un luminoso día percorrémo-las praias do Sur do Morrazo. Escalada de paredes e comida no Facho. Café, dubidamos co cocido, en Donón. Tamén aquí tivemos un paso de regueiro sobre un pontón flotante con certa dose de adrenalina. Rematamos en Santa Marta tomando unhas cañas nunha terraza que daba ao mar. Acabouse a supremacía feminina. Un novo. 4

 

 

Volver