|
|
Percorrido de orientación nos arredores do lago Castiñeira (Marín-Pontevedra).
Punto 1:
Para chegar a
este punto dende a saída deberedes atravesar unha plantación de bidos
(bidueiros) e outra de piñeiros. Xusto a carón da marca do punto hai unha toxeira e unha mimosa negra de pequeno tamaño.
Punto 2:
No ambiente húmido no que está este punto atoparedes vexetación propia deste ambiente: distintas especies de fentos, brións (musgos), e tamén silvas.
Punto 3:
A marca está próxima a diversas árbores: un bido, varios castiñeiros e unha conífera bastante parecida a unha árbore de navidade, aínda que non é o abeto que se emprega para ese uso.
Punto 4:
Mirando cara o
mar hai unha vista da boca da ría de Pontevedra, ¿Cómo se chama as illas
que se divisan? A flora máis abundante nos arredores do punto son os carrascos.
Punto 5:
Cerca desta ¿pintura
rupestre? Hai un carballo americano entre dous piñeiros. Baixando cara
o punto 6 atoparedes unha árbore caída (se non a sacaron) atravesada no
carreiro. Punto 6:
Nas proximidades hai unha construcción e as árbores predominantes nos arredores son os eucaliptos.
Punto 7:
No último
punto do percorrido atoparedes sobre todo eucaliptus, de tamaño non moi
grande. O punto está debuxado sobre o producto máis representativo da
meteorización do granito. |