AXunta ven de publicar no DOG a Orde do 13 de Decembro de 2006 pola que se regula e incentiva a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e de vivendas e edificios nos conxuntos históricos de Galicia.
Poderán acollerse á presente disposición aqueles promotores que sexan persoas físicas ou xurídicas, e que sexan propietarias, usufructuarias ou inquilinas das vivendas, locais ou edificios obxecto das actuacións ou outros supostos en que se poidan, conforme a lexislación aplicable, realizar as obras obxecto desta orde.
As vivendas deberán ser unifamiliares, con 15 anos ou máis de antigüidade para as que se promovan actuacións de rehabilitación, e 20 anos ou máis de antigüidade para as que se promovan actuacións de renovación.
Poden obter máis información ó respecto chamando ás oficinas do Concello (982-53.91.56) ou pinchando no seguinte enlace: