O Páramo é sin dúbida , un lugar moi agradable para ser visitado no cal podemos divisar paisaxes inolvidables e outros lugares de grande interese e que detallamos a continuación:
Tamén temos restos arqueolóxicos que pasamos a desglosar:
Os restos arqueolóxicos encontrados nas parroquias de Santa Andrea da Ribeira e os Castros de Friolfe, Gondrame, Moscan, Torre, Villarmosteiro e Piñeiro, proporcionan os primeiros datos sobre a historia do concello do Páramo.
Tamén existen medorras como son as de A Gándara e A Torre.
A estes restos arqueolóxicos de indubidable valor histórico únense as igrexas románicas de Grallás, Villarmosteiro, Gondrame e Vileiriz. Esta última foi construída no século XII e destaca por ter un ábside rectangular, algo moi pouco común dentro deste tipo de construccións, ademais poden verse pequenas construccións dedicadas a adoración dos Santos como as Capelas de Regueiroescuro ou a de Santa Engracia.
Mostra do pasado esplendoroso son os distintos pazos e casa señoriais, chama a atención o Pazo de Vilafiz do Páramo, construcción de planta rectangular con capela e palomar feito de mampostería e sillería de granito nas esquinas, portas e ventás. A capela, cun campanario de estilo barroco encóntranse o lado do Pazo.
O Pazo de Paredes, a casa Torre de Neira, construída no 1849, a casa medieval de Sarmiento son outras construccións civís de carácter señorial que poden verse en distintas parroquias do municipio, como: Casa da Barreira, Casa da Mámoa, Casa Teixeiro, torre da Barreira e Torre do Mariscal.
A configuración xeográfica e hidrográfica do concello e boa para a práctica dos deportes como a caza e a pesca; ademais e a pesar de que oficialmente non se configurou ningunha, poden realizarse distintas rutas de sendeirismo.
De gran importancia ecolóxico e cultural para os veciños do municipio e a Carballeira do Campo da Feira de onde se poden aproveitar dun entorno natural baixo as copas de centenarios carballos.
Na anteriormente citada carballeira ten lugar tódolos 10 e 25 de cada mes a feira.
Do día 7 o 10 de Xuño teñen lugar as Feiras e Festas anuais coñecidas como Feiras e Festas da Primavera. Nelas podemos aproveitar dunha gran exposición de maquinaria agrícola, exposición de gando vacún, canina, cabalar, e de productos artesanais e típicos da zona; tamén podemos degustar productos típicos da zona e po.
Pola noite tamén se pode aproveitar de verbena e os máis novos teñen atracción para a súa diversión.