DESCRICION:
Calquera acto de edificacion e uso do solo esta suxeito a previa licencia urbanistica, que se outorga de acordo cas previsions da Lexislacion e o Plan Xeral de Ordenacion Municipal. Entendense por "maiores", as obras que son de nova planta, de ampliacion, de reconstruccion, reestructuracion e demolicion, ademais das intervencions en edificios catalogados.
Tamen as parcelacions urbanisticas, os muros de contencion, as intervencions en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terras.
NECESITASE:
Ademais da instancia subscrita polo promotor, indicando os datos de identificacion do mesmo, e o tecnico ou tecnicos directores da obra, aceptando a direccion das mesmas, debera presentar a seguinte documentacion:
Cuestionario de Estatistica de Edificacion e Vivenda.
Proxecto basico por duplicado e visado polo colexio oficial correspondente.
Antes de iniciar as obras, o promotor debera aportar un exemplar do proxecto de execucion, visado polo colexio correspondente, o ultimo recibo do IAE do constructor, e o estudio de Seguridade. Tamen debera satisfacer a taxa correspondente e o imposto de construccions.
ONDE SE TRAMITA:
As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.
Horario de atencion o publico: De 9,30 a 15,00 horas de luns a sábado.
MODELO DE SOLICITUDE PARA OBRAS MAIORES