O termo municipal do Páramo ten unha superficie de 74,5 Km.2 é inferior a media dos concellos de Galicia que é do 93,97 e máis aínda os da súa provincia, Lugo que é de 150,93 Km.2.
O concello do Páramo, tiña no Madoz 3429 habitantes, e seguindo a súa evolución poboación segundo censos é a seguinte:
ANOS |
POBOACION |
1842 |
2881 |
1860 |
2828 |
1877 |
3576 |
1900 |
3743 |
1910 |
3767 |
1920 |
3710 |
1930 |
3689 |
1940 |
3901 |
1950 |
3724 |
1960 |
3074 |
1970 |
2546 |
1981 |
2422 |
1986 |
2238 |
1998 |
1934 |
2002 |
1964 |
A porcentaxe da poboación do 1986 en relación coa do 1900 e dun 59,8% polo que perde un total do 40,2% en 86 anos. E do 1998 con respecto o 1986 e dun 14% menos en uns doce anos, pero observamos que do 1998 o 2002 se incrementa en 30 persoas polo tanto aumenta un 2%.
O asentamento da poboación:
Poboación en Núcleo |
Poboación en diseminao |
0 |
1964 |
0% |
100% |
Polo tanto vemos que a poboación que conforma o concello do Páramo está toda ela en disemínao.
O concello do Páramo está composto por aproximadamente 550 fogares que fan un total de 1964 habitantes .