O Concello de O Paramo esta a construir no Campo da Feira o Novo edificio de usos multiples; neste escenario, a construcion dun edificio para a Casa do Concello e outros usos, preséntase como unha oportunidade, por unha banda para potenciar o núcleo do Campo da Feira, como capital do Municipio e por outra, construir un límite, permeable, entre o núcleo e o Campo, cun edificio lineal e cunha escala que fai clara referencia á escala das construccións existentes.
Esta importante obra ven a satisface-las necesidades dos tempos actuais e que un Concello como O Páramo necesita, como poden ser: Actividades administrativas propias do Concello: área de atención ó público, Secretaría, Alcaldía, despachos para técnicos, Sala de Comisións e salón de plenos, despachos para as Consellerías de Agricultura, Familia e Asuntos Sociais e unha sala de xuntanza comùn a estos despachos, biblioteca, sala de informática e unha pequena hemeroteca, un salón de actos con capacidade para 110 persoas, o Xulgado de paz.
O Edificio dende o punto de vista funcional, está diferenciado en dous bloques, con acceso independiente que desglosamos a continuación:
BLOQUE I: correspondente á zona representativa, que alberga en planta baixa o salón de plenos, aseos, escaleira de uso interno que comunica coa planta superior, situándose nesta os despachos do Alcalde e do Secretario, a Sala de Comisións.
BLOQUE II: que alberga en planta baixa o hall de acceso e escaleiras que comunican coa planta primeira e a área Socio-Cultural (biblioteca, hemeroteca, despacho técnico de cultura). Nesta mesma planta, pero con acceso independente, ubícase o Xulgado de Paz. Na planta primeira atópase a área de atención ó público e despachos, tanto de técnicos municipais, como de técnicos de diversas Consellerías (Agricultura, Emprego, Traballadora Social), e unha sala de xuntanzas utilizable para xuntanzas vinculadas á actividade destes técnicos. Estes bloques están comunicados entre sí no nivel da planta primeira.
Como condicionante da proposta, considérase ineludible que o novo vial previsto polo Concello discurra pola parte posterior do edificio, de maneira que o fronte do edificio sexa esencialmente peatonal.
O Concello despois de diversas xestións coas distintas Consellerías alcanzou acordos para poder realizar tan importante obra, e conta cun orzamento total de 825.770,00 €.