TRAMITE: LICENCIA DE APERTURA ACTIVIDADES CLASIFICADAS E ESPECTACULOS PUBLICOS

DESCRICION:

Estan suxeitas a licencia municipal de apertura de actividades clasificadas os establecementos industriais e mercantis cualificados como molestos, insalubres, nocivos e perigosos, asi como os locais e recintos destinados a espectaculos publicos ou recreativos.

 Por molestas se entenden as actividades que constituen unha incomodidade polos ruidos ou vibracions, e tamen polos fumes, gases ou substancias en suspension que producen.
 Son insalubres as actividades que dan lugar a evacuacion de productos que poden ser prexudiciais para a saude humana, tanto directa coma indirectamente.
 Son nocivas as que, polas mesmas causas que as insalubres, poden causar danos na riqueza agricola, forestal, pecuaria ou piscicola.
 E son perigosas aquelas nas que se fabrica, manipula, expende ou almacena productos que xeran riscos graves de explosion, combustion ou radiacion sobre persoas e bens.

NECESITASE:

Este tipo de licencias tenen un rexime especial e o seu outorgamento realizase conforme a normativa do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas.

Para a sua tramitacion necesitase:

.- Solicitude segundo o modelo normalizado.
.- Proxectos tecnicos, por triplicado.
.- Fotocopia do DNI.
.- Fotocopia do NIF do titular da actividade (no caso de persoas xuridicas, aportarase o NIF da mesma e o do administrador).
.- Fotocopia de escritura de constitucion da sociedade (no caso de persoas xuridicas).
.- Cuestionario de estatistica de edificacion e vivenda

ONDE SE TRAMITA:

As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atencion o publico: De 9,30 a 15,00 horas de luns a sábado.

 

MODELO SOLICITUDE LICENZA DE APERTURA

MODELO SOLICITUDE LICENZA DEFINITIVA

 

Hosted by www.Geocities.ws

1