¿QUE É A ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCIAS POLÍTICAS?

A Asamblea é un colectivo que ten coma obxectivo recoller as demandas dos estudantes de ciencias políticas,     determinar posicións conxuntas acerca das mesmas e transmitilas ós órganos de goberno da Universidade ( Xunta de Facultade e Claustro Universitario) e demais institucións. Tamen se ocupara de asesorar e apoiar ó alumnado nos conflictos académicos.

        Non segue nengunha liña política concreta, está aberta a tódalas opinións e non está vencellada a ningún partido, asociación ou sindicato. É un mecanismo de democracia directa.

        Tamen ten coma obxectivo dinamizar o máximo posible a vida da facultade, en particular, e da universidade en xeral, promocionando e apoiando actividades culturais, lúdicas, deportivas.

 
 
 
¿QUENES FORMAN PARTE DA ASEMBLEA?

Forma parte da asamblea todo alumno da facultade que acuda a ela. Tódolos alumnos teñen dereito a asistir, falar e votar.

        Se queredes acudir estade atentos ós cartaces que se colocan na facultade (indicando lugar, día e hora da celebración da asamblea), ou á páxina web http://es.geocities.com/asembleaestudantes/home.html ou se preferides enviade un correo electrónico a [email protected] para ser engadidos á listaxe de mail da asamblea, a través da cal recibiredes as convocatorias, as proposta de orde do día, as actas das asambleas e outras informacións.

Hosted by www.Geocities.ws

1