MULLERES EN
CONFLICTO
Nos días 23 e 24 de
abril de 2007 un grupo de traballo formado por mulleres organizou unhas
xornadas femeninas que seguiron o seguinte programa:
Luns
23
-
Proxección do filme " Del olvido a la memoria.Presas de
Franco" e posterior debate
- As mulleres no
Franquismo. Aurora Marco ( Profesora de Didactica da Lingua da USC)
Martes
24
-A
prostitución a debate. Ana Miguez (Presidenta de Alecrin)
-A
organización das mulleres. Frontes unitarios de loita. Paula
Rios Curbeira (Marcha Mundial das Mulleres)
-Mulleres e
liberación sexual. Zelia García (Xornalista e
participante en colectivos feministas)
Este foi o cartaz empregado para publicitar este acto: