ACTA 9 FEBREIRO 2009


 Orde do día

1. Aprobación da acta anterior se procede

2.Resolución Comisión Electoral Central

3.Sistemas de votación

4.Inter-asamblear

5.Varios

 

1. Non está a acta do día anterior dispoñible para aprobala ou rexeitala, polo que se cerra este punto.

2.

 -Resúmese a resolución

-Lese a entrevista a Nieves Lagares

-Acórdase quén fará a entrevista a Ramón Bouzas

-Acórdase as persoas que falarán con profesores e representantes sindicais de cara ás próximas eleccións.

3.

-Preséntase a seguinte proposta:

“Supostos para a modificación do sistema de votación actual (maioría de 3/5 para cuestións académicas e de 4/5 para cuestións non académicas)

 

1-     Temas de representación de alumnos en tódolos seus estamentos, nos que a asemblea teña que levar unha postura definida.

2-     Apoio a folgas, paros e accións no ámbito académico.

3-     Negociacións e no seu caso pactos con outras organizacións nas institucións académicas.

4-     Formación de comisións negociadoras.

5-     Cese de responsabilidades, tanto internas da asemblea como de representación de alumnos. Nos casos nos que se incumpra o cometido para o cal foi designado.

6-     Fontes de financiamento.

7-     Formación e disolución de comisións.

 

 

 

As votacións para estes supostos quedarán do seguinte xeito:

 

Na 1º votación manterase o antigo criterio de 3/5 dos votos emitidos.

Na 2º volta pasarase a un sistema de maioría absoluta.

Por ultimo, na 3º votación será un sistema de maioría simple.”

 

Tras debater os diversos puntos, pasan sen obxeccións os puntos 1,3,5 e 7, vótase para quitar o punto 6 que non pasa (5 votos a favor, 0 en contra e 6 abstencións) polo que se mantén, e quítanse os puntos 2 e 4 de común acordo.

 

-Proponse modificar o sistema de votación no relativo ás folgas e aos paros da seguinte forma:

1ª Proposta: Acadar un 70% de votos a favor para que se faga unha folga ou un paro.

2ªProposta: Manter en todo os 3/5 vixentes.

3ªProposta: Acadar un 70% no caso de folga e 3/5 no caso de paros e semellantes.

 

Decídese votar a 3ª proposta por combinar as anteriores sen que ninguén se opoña a esta votación. O resultado da votación é de maioría abrumadora a favor da proposta, polo que pasa.

4.

-Proponse crear unha comisión inter-asamblearia, o aumentar as funcións doutra xa existente incluíndo isto.

-Proponse pospoñer a anterior proposta a despois dos exames, e apróbase esta, quedando consecuentemente sen votarse a outra.

5.

-Ofrecemento de contactar co xornal “La Vanguardia” para publicitar os actos ilegais e corruptos da equipa decanal no proceso electoral. Para iso autorízase a Uxía a levar a cabo os procedementos e envíos de información que sexan precisos.

-Plantéxase o problema que teñen os alumnos de 1º de Grado co profesor Casado:

            -Problemas por pretender o profesor cambiar os horarios

            -Problema cos seminarios por tratalos o profesor como unha clase normal, no número de alumnos.

Acórdase que ese tema o leve a Comisión Xurídica.

-Plantéxase a axeitación ou non da facultade para realizar un torneo de póker xa aprobado, e decídese que do tema deste torneo se encargue a Comisión de Márketing.

-Para finalizar defínese a Comisión Organizadora da próxima Asemblea:

Moderador: Xosé

Toma acta: Lucía

Suplente: Flor


Hosted by www.Geocities.ws

1