ACTA 29 DE ABRIL DE 2009

0.     Proposta de orde do día.

1.     Reunión coa equipa decanal.

2.     Comisións:

            Comisión de extensión cultural.

            Comisión de márketing, comunicación e finanzamento.

            Asesoría xurídica.

            Comisión interasemblear.

            Comisión de formación.

3.     Departamento de Ciencia Política.

4.     Vários.

 

 

 

0.     Proposta de orde do día.

 

Engádese o punto 3, sobre o acontecido na derradeira reunión do Departamento de Ciencia Política.

1.     Reunión coa equipa decanal.

 

Ricardo e Alba informan sobre os temas tratados na reunión que tiveron coa equipa decanal o día anterior á asemblea, que foron os seguintes:

 

-Local de alumnos. Comentáronselle as diversas posibilidades que nos barallabamos (ampliación do local actual, aprobeitando o pasillo que leva á fotocopiadora; ampliación da sala situada ó lado do CATI, para empregala coma local de alumnos, utilización dalgún dos despachos baldeiros ou creación dun novo no piso de enriba; e a adecuación dalgún espazo no edificio do aulario que se puidera utilizar coma local.). Finalmente, a equipa decanal solo viu posible a ampliación do local actual e a adecuación do espazo situado ó lado da sala de informática e enfronte as escaleiras, colocando unhas mesas para a realización de traballos en grupo, e coa posibilidade de fechalo.

Emmanuel comenta a pouca posibilidade do local nesta última proposta e ábrese un debate sobre o tema.

-Horarios, tanto da licenciatura como do grao, do curso 2009/2010. Presentouse pola nosa banda a proposta dos alumnos que actualmente cursan segundo de grao, de cara ó horario de terceiro curso do grao, consistente na non aceptación das clases de hora e media (optativas de 4’5 créditos), e coa proposta de facer dúas sesións semanais de clase de pizarra co adianto do final das clases para a mellor preparación dos exames.

A equipa decanal non aceptou esta proposta, escudándose en que o calendario académico está previamente fixado. Tamén se lle volveu a achegar a proposta de horarios para a licenciatura. A secretaria do Centro (Mª Antonia) presentounos unha proposta que enviará por correo e na que non parecía haber problemas graves.

-Realización de actividades como magostos ou festas no parking. Ante as dúbidas surxidas despois da última festa organizada pola asemblea, sobre os permisos para a realización de actividades deste tipo no parking, preguntamos se había algún inconvinte por parte da dirección do centro. Ó que respostaron que eles non tiñan compeencia en tal asunto e que so se lles avisa por cortesía e para retirar os vehículos do aparcadoiro.

-Utilización da Sala de Xuntas para a realización das Asembleas. Ante as últimas negativas por parte do decanato para o uso da Sala de Xuntas coma lugar para realizar as asembleas, a Decana, Mª Nieves Lagares, escudouse en que era unha área de xestión e que polo tanto debería estar separada do uso normal e común dos alumnos. Ademais, comentou que aínda que non o pareza, eles tamén a usan amiudo. Ante este último punto, Dani Baz propón levar un contador das horas nas que se usa a devandita sala para demostrar que esta é unha escusa infundada.

 

2.     Comisións:

a.     Comisión de extensión cultural:

 

Non se reuníu. Decídese tratar o tema da festa do 14 de maio, con motivo do día das letras galegas en asemblea:

- Dani Baz di de non facela por falta de tempo e de capacidade.

- Emmanuel pregunta que facer co stock sobrante de productos da derradeira festa.

- Dani Baz propón gardalo para o ano que ven.

-Remata por pasase o tema á comisión.

b.    Comisión de márketing, comunicación e finanzamento:

 

Non se reuníu.

c.      Asesoría xurídica:

 

Non se reuníu. Decídese que as queixas sobre a profesora de Estatística (Esther Filgueira) se traten na próxima reunión da asesría xurídica.

 

d.    Comisión interasemblear:

 

Coméntase o exposto na terceira acta da comisión interasemblear (mércores 29 de abril de 2009):

- Os contactos e a situación das diferentes asembleas ou grupos estudiantís de cada centro.

- Lese e coméntase a proposta de Filoloxía de constitución dunha coordenadora de asembleas (ANEXO 1). Chégase á conclusión de que existen erros no documento, pero ante todo existe un ero de base consistente na confusión entre coodinadora de asembleas e plataforma polo non a nivel USC. A postura da asemblea é que unha coordinadora de asembleas a nivel da USC solo debe estar formada por asembleas de centro, correxindo os erros que levaron á ultima ó fracaso e despois dunha serie de contactos previos e colaboracións entre as diferentes asembleas. En canto á posibilidade de entrar a formar parte dunha estructura similiar á Plataforma polo non pero a nivel da USC, a asemblea esperará a reunión en filoloxía e despois informará e debaterá. A esta reunión decídese que asistan Ricardo, Dani Baz e Yaiza.

 

e.      Comisión de formación:

 

Trátase o ciclo sobre o antifranquismo, que por problemas imprevistos, alleos á asemblea, se reduce a un so día.

 

3.     Departamento de Ciencia Política:

 

Faise referencia ó acta oficiosa enviada.

 

 

 

4.     Vários.

 

- Sobre o tema do conflicto laboral dos empregados da limpeza, decídese que a asesoría xurídica se informe de que acontece.

- Coméntase a problemática das decisións tomadas en asemblea e que despois non se acaban cumprindo. Asimesmo, coméntase a necesidade de elaborar un pequeno documento con uns cantos puntos para mellorar o funcionamento da asemblea, sobre todo cara o curso que ven.

- Convocatoria de comisións (todas no local de alumnos da Facultade:

    a) Comisión de Extensión Cutural ............ luns 4 de maio ás 13:30h.

      b) Comisión de Formación ............. luns 4 de maio ás 17:30h.

   c) Comisión de Marketing, Comunicación e Finanzamento ........... martes 5   de maio ás 17:30h.

      d) Asesoría xurídica .......... mércores 6  de maio ás 16:00h.

      e) Comisión Interasemblear ............. mércores 13 de maio ás 16:00h.

- Comisión organizadora para a próxima asemblea que se celebrará o próximo martes 5 de maio ás 20:30h: Uxía (moderadora), Xose (toma acta) e Pablo Tortajada (suplente).

 

 

 

 

 

 Asemblea de Estudantes da Ciencias Políticas.

Aula 0.1 da Facultade de Ciencias Políticas ás 21:30h do mércores 29 de abril de 2009.


Hosted by www.Geocities.ws

1