ACTA DA ASEMBLEA DO 29 DE NOVEMBRO DE 2006

 Orde do día

  1. aprobacion das actas anteriores
  2. comisions
  3. interasemblear
  4. varios

 

  1. Aprobase a orde do día  
  2. Aprobanse as actas anteriores  coa modificación que se propón na do15de novembro.
  3. Comisións:

2.1  Asesoría xurídica. Esta asesoría presentou catro textos que se solicitaran na anterior asemblea:

O primeiro texto estaba relacionado co funcionamento da asemblea. Este texto levou a un debate sobre as votacións nas que se considere estrictamente necesario tomar unha resolución, acordándose que para darlle tal consideración terán que estar de acordo os 4/5 da Asemblea e entón procederase a unha votación na que se determinará por maioría simple a decisión

O segundo texto (este e o seguinte poden seer consultados no acta da asesoría xurídica do día 27-11-2006)  presentado trataba o tema do lugar de reunión da asemblea. Consiste nun texto destinado o vicerreitorado para solicitar un lugar de reunión no campus sur. Este texto foi aceptado de forma unanime pola asemblea.

O terceiro texto sobre boloña presentaba a postura da asemblea acadada durante a quenda anterior. A pesar de comprender os puntos tratados na anterior asemblea houbo unha serie de modificacións e decisións despois dun longo debate. As conclusións finais foron as seguintes:

A asemblea é contraria o plan boloña polo seguinte:

      -Non aceptamos o financiamento privado

      -Non aceptamos as limitacións para acceder os estudos por factores económicos

      -Non aceptamos as taxas de matrícula

      -Non aceptamos a eliminación de carreiras e de certas ramas

      -Pensamos que o grao ten que servir para  insertarse no mundo laboral sen necesidade de ter un postgrao ou un master.

      -Esiximos un ensino público, galego e de calidade.

O cuarto texto é un texto informativo sobre a supresión do turno de tarde. Acordouse convocar unha asemblea monotemática sobre este tema e suxeriuse facer un panfleto para informar ao alumnado.

 

2.2   Delegación de extensión cultural. En primeiro lugar falouse do ciclo de cine que comezará o día 11 de decembro. Este ciclo levou a debate a supresión de certas peliculas. Propuxéronse películas para certos temas e outras para un tema aberto. Finalmente acordouse non modificar a lista elaborada na comisión (podes consultal no acta do día 27-11-2006 da delegación de extensión cultural)

A segunda proposta desta comisión foi o fin de ano alternativo que foi aprobado e que se levará a cabo o día catorce de decembro de 2006.

Gregorio presentou a sua dimisión e será sustituido por Laura a partir de principio de ano.

 

2.3  Delegación de formación. Esta delegación presentou 4 temas de propostas que poden ser ralizadas:

-Movemento Queer. Falouse de que en caso de levar a cabo esta proposta  celebrariase en datas próximas ao día do orgullo gay.

-Sofware libre

-Tauromaquia

En caso de realizar estas actividades xa se concretarán as datas xa que non se poderán realizar máis actividades ata despois dos exames de Febreiro..

 

  1. Interasemblear.

 

Os asistentes informaron do falado na interasemblear  e na comision desta. A cada unha destas convocatorias asistirán 2 voceiros de cada asemblea. Cada asemblea ten unicamente un voto. Estas asembleas serán abertas ainda que só os voceiros teñen voz e voto. Tamen se concretou que o galego será a lingua oficial da coordinadora. Na próxima coordinadora cada  asemblea presentará uns puntos sobre boloña presentando o  posicionamento de cada unha. Os voceiros na próxima coordinadora seran: Dani Cao e Dani  Baz.

Na comisión  presentaronse os seguintes  puntos:

            -Limite no tempo de debate. A asemblea contraponse a esta limitación xa que en caso de debate pode ser necerasio a prolongación.

            -A orde do día debe presentarse 7 días antes da asemblea e para presentar un tema de urxencia débese presentar 5 días antes. A asemblea esta en contra xa que para que esto se levase a cabo a asemblea debera reunirse todas as semanas.

            -Para convocar unha asemblea de urxencia debe ser convocada por 1/5 das asembleas. A asemblea está a favor deste punto.

 

  1. Varios.

-Infórmase de que se nos convida a entrar no foro da mocidade. A asemblea tomará  unha decisión unha vez que a xente teña unha opinión formada. Inhaki comprometese a pasar infomación sobre o tema.

-Infórmase tamen de que nos convidan a entrar na plataforma contra a criminalización da mocidade. Tomarase unha decisión unha vez formada unha opinión.

-O luns 4 de decembro reunirase conxuntamente a delegación cultural e a de formación para constituirse como asociación ás 19:00 h.

 

 

A próxima asemblea celebrarase o día 12 de decembro as 20:30. A comisión organizadora desta asemblea será:

            -Moderadora: Raquel

            -Acta: Inhaki

            -Auxiliar: Ricardo

 

 

 

 

           

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1