ACTA  27 XANEIRO 2009

0.      ORDE DO DÍA

1.      APROBACIÓN ACTA ANTERIOR

2.      XUNTA ELECCIÓN DECANO

3.      VARIOS

 

0.      Orde do día aprobada.

1.      Quedan actas pendentes de envío.

2.       

-          Reaccións da Asemblea tralas irregularidades acontecidas na Xunta: Realizar un escrito para presentar na Secretaría Xeral e na Comisión Electoral Central. Tamén un comunicado á prensa.

-          Reaccións profesorado: 2 queixas formais para a Secretaría Xeral e a Comisión Electoral Central. Elaborarán una carta aberta para amosar o apoio do profesorado ó profesor Ramón Bouzas.

-          Próxima CEC: O Luns 2 ás 10.

-          PROPOSTAS accións tralos exames:

§         Non ir ás clases dos profesores da equipa decanal. Non pasa.

§         Folga total. Esta proposta  queda aplazada.

§         Petición de Dimisión a Nieves Lagares. Apróbase.

§         Contencioso Adminstrativo. Apróbase.

§         Cacerolada no Decanato (panfletos, cartaces). Apróbase. A proposta pasa a Marketing, que se encargará de convocala.

§         Vir disfrazados de paiasos a clase, performance. Non pasa.

§         Colar faixa o día da xuntanza da Comisión Electoral Central na Reitoría. Apróbase.

§         Instar ó Reitor a pronunciarse sobre o acontecido. Apróbase.

§         Solicitar reconto dos votos. Apróbase.

§         Pintar Encerados das clases. Apróbase.

§         Comunicado á COPE. Apróbase.

§         Acadar a unidade dos estudantes na facultade: Comisión: Nohara, Galaaz, Arturo.

§         Piquete primeiro día de clase tralos exames. Apróbase.

§         Pedir cita coa decana. Apróbase. Asistir cada un coa queixa elaborada e a carta das sinaturas.

§         Comunicados á prensa: Apróbase. Comisión: Noelia, Rubén, Dani Baz, Roberto.

§         Paróns entre as clases. Apróbase.

§         Asistir  á palestra do asesor de Obama o xoves ás 10:30h  cun cartaz de petición de dimisión de Nieves Lagares. Apróbase.

§         Proposta de realizar un peche. Queda aplazada.

§         Contador do tempo como decana de Nieves Lagares. Apróbase.

§         Calendario con ditas propostas para mandar á listaxe de correos. Pasa a Marketing. Apróbase.

3.      VARIOS:

-          Solicítanse os correos electrónicos de novos asistentes á Asemblea.

 

PRÓXIMA ASEMBLEA O LUNS 2 DE FEBREIRO ÁS 20:00h.

Comisión Organizadora:

Moderadora: Uxía.

Acta: Noelia.

Suplente: Flor.


Hosted by www.Geocities.ws

1