ACTA 26 NOVEMBRO  2008


0.      ORDE DO DÍA

1.      APROBACIÓN ACTA ANTERIOR

2.      ELECCIÓNS

3.      COMISIÓNS

4.      VARIOS

 

0.      Modificación orde do día: O punto 2 e o 3 cambian de orde.

1.      Acta da Asemblea anterior pendente de envío.

2.      Comisións:

 

2.1.                       Cultura:

-           Fin de Ano Alternativo: proposta de día aprobada: Xoves 18 de Decembro. Apróbase comezar a buscar local para a cea o luns día 1.

 

2.2.                       Formación:

-          Anúlase a  Palestra do Sáhara.

 

2.3.                       Xurídica:

-          Preparouse un novo escrito  sobre as propostas do curso para facer a recollida de sinaturas; hoxe, primeiro día de recollida, acadáronse 180 sinaturas. Continuar o luns día 1 de Decembro.

-          Na próxima xuntanza da Asesoría Xurídica realizarase un novo escrito referente o tema do control das titorías e os seus horarios.

 

2.4.                       Markting: Non se reuniu.

 

2.5.                       Boloña:

 

-          <Palestra no Colexio Clemente. Temas a tratar: inicios do proceso, proposta  de educación alternativa da Asemblea,…  Poñentes: Laura Arjonilla e Fran.

3.      Eleccións:

-          Debate dos grupos estudantís: Confirmado para o 3 de Decembro. Poñente da Asemblea: Dani Baz. Queda por falar a hora do debate con Comités e IESGA e elixir o moderador .

-          Tema cambios na lista de candidaturas da Asemblea: Estela deuse xa de baixa.

-          Sorteo cesta da compra: facer cartaces co día do sorteo: Apróbase para o 4 de Decembro. Xurde a nova proposta de realizar os cartaces do sorteo cunha foto da cesta.

-          Proposta: realizar cartaces coa notificación do cambio do nome da Asemblea nas papeletas: ACF da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas.

-          Decídese convocar unha xurídica extraordinaria para tratar o tema das irregularidades na presentación das candidaturas dos grupos estudantís: Xoves 27 ás 10 h.

-          Convócase tamén a comisión de Marketing para o venres 28 ás 19 h.

 

4.      VARIOS:

-          Claustro: Venres último día para presentar  a nosa candidatura para as comisións. Buscar posibles apoios dentro do Claustro. Optar polas comisións nas que participen máis alumnos. Titulacións e Cultura.

 

PRÓXIMA ASEMBLEA MARTES 2 DE DECEMBRO ás 20:30h.

 

Comisión organizadora:

Moderador: Galaaz

Acta: Manuel.

Suplente: Noelia


Hosted by www.Geocities.ws

1