ACTA DA ASEMBLEA CELEBRADA O MÉRCORES 25 DE OUTUBRO DE 2006 |
A
delegación
encarregada da súa organización propón
a seguinte orde
do día:
0.
Orde do día.
1. Aprobación (se procede) da acta da anteriror asemblea
2. Proposta de organización dun cursiño sobre o
asemblearismo
3. Xuntanza interasemblear
4. Información plan Boloña
5. Comisións
6. Varios
6. Xuntanza co decanato para informar sobre o cambio de turno.
7. Analizar e estudar a situación dos postos vacantes na xunta da facultade.
1. En relaciòn co acta da asemblea anterior presentàronse duas alegaciòns:
2. Que as propostas aprobadas figuren no acta coas modificaciòns que se levaran a cabo.
Unha vez introducidas estas alegaciòns queda aprobada a primeira sesiòn da asemblea anterior coas modificaciòns introducidas a partires de ditas alegaciòns .
2. Neste apartado e unha vez informada e documentada a asemblea sobre os procedementos a seguir (vèsase anexo 1 ) , decidiuse traspasar a delegaciòn de formación dita documentación para que esta poda comezar a traballar na mesma e configurar polo tanto o cursiño sobre o asemblearismo.
3. En relaciòn a este punto proporcionouselle a asemblea toda a información obtida en dita xuntanza , entre algún dos contidos destaca a posibilidade de crear unha coodenadora xeral que ordee e agrupe a tòdalas asembleas.Neste senso decidiuse agardar a vindeira convocatoria interasemblear sendo os encargados de acudir a mesma Iñaki e Gregorio.
4. Propùxose a creación dun debate dentro da propia asemblea sobre o citado plan Boloña , e adoptar asì unha postura comùn o respecto. A decisión da asemblea foi o de introducir este tema coma punto da orde do dìa da seguinte convocatoria e permitir asì os membros da mesma documentarse e informarse sobre o citado plan Boloña .
Dicir que Dani ofreceuse voluntario para pasar información concerniente o tema a travès da conta de correo.
5. En referencia a composición das delegaciòns , confirmàronse os membros de cada unha delas , asì coma a data da primeira xuntanza:
1. Asesorìa xurìdica: Iñaki , Fran , Dani , Xoan
( 1ª xuntanza o martes 31 de outubro as 17:30 )
2. Extensión cultural : Gregorio , Ricardo , Alba , Uxìa , Begoña.
( 1ª xuntanza o xoves 2 de novembro as 17:30)
3. Comisiòn de formación: Dani , Aurelio , xurxo.
( 1ª xuntanza o martes 31 de outubro as 18:00)
Acordouse que as delegaciòns de formación e extensión cultural manteñan unha xuntanza para a sùa legalización.
Do mesmo xeito acordase a publicitaciòn de ditas comisiòns a travès da conta de correo asì coma por medio dunha comisiòn temporal de marketing formada por Gregorio , Dani e Ricardo , a sùa xuntanza queda marcada para o luns 30 de outubro as 17:30 .
6. Neste particular a asemblea foi informada sobre o comentado en dita xuntanza co decanato en relaciòn ao cambio de turno , onde , entre outras cousas proponse eliminalo grupo da tarde en cursos posteriores.
Decìdese que o debate quede aberto de cara a vindeiras asembleas .
O tema serà punto na seguinte orde do dìa por decisión da asemblea a cal decidiu que os encargados de establecelos contactos sexan Dani e Iñaki .
8. infòrmase do interese dun grupo novo en dar unha charla con tema a escoller :
_ Palestina històrico
_ Latinoamérica
E a cal serìa aprox. Dentro dun mes , onde a asemblea actuarìa coma organizadora.
A este respecto decìdese traspasar o asunto a delegaciòn de formación para o seu estudio .
Proponse o debate sobre un novo lugar de reuniòn e decìdese intentalo nos colexios maiores , encargàndose do mesmo Xoan e Begoña , asì coma de tentar unha soluciòn dentro da propia facultade sendo o encargado de establecer contactos co decanato Gregorio.
Proponse e decìdese que as delegaciòns teñan potestade para convocar asembleas con carácter de urxencia .
Solicìtase información sobre a situación da pàxina web sendo aclaradas tòdalas dùbidas polo responsable da mesma.
Pròxima asemblea :Martes dìa 7 de novembro as 20:30 horas .
Moderador: Ricardo
Redactora do acta: Alba
Auxiliar: Dani
Os 3 encargaranse da redacciòn da orde do dìa , da publicitaciòn da convocatoria e de solicitalo aula.
Remate
da asemblea : 22:31 horas
(mèrcores
25 de outubro de 2006)