ACTA DA ASEMBLEA CELEBRADA  O MÉRCORES 15 DE NOVEMBRO DE 2006

A delegación encargada da súa organización propón a seguinte orde
do día:

 

0. Orde do día.

1. Aprobación da acta da anterior asemblea (7-11-2006).

2. Debate sobre Bolonha

3. Comisións:

                3.1. Formación.

                3.2. Xurídica.

                3.3. Extensión cultural.

                3.4. Marketing.

4. Debate sobre o cambio de grupo

5. Varios

 

 

0.  Proposta de orde do día aprobada.

 
1.
Aprobación do acta da última asemblea.

 
2. Debate sobre Bolonha

               
              
Iníciase o debate coa exposición dos puntos de vista persoais dos participantes no mesmo. As opinións seguen unha mesma liña de desacordo parcial co proceso, no seu eido socioeconómico, pero recoñecendo aspectos positivos da reforma, como é a introducción do sistema de créditos CTS ou o tempo de estudo no extranxeiro.

         Os aspectos negativos son remarcados por Dáni, Inhaki, Dani Baz e Aurelio, que falan de dous principais problemas: a imposibilidade destas reformas académicas se non levan consigo unha adaptación económica, posto que, de non ser así, a maioría dos estudantes non poderían acceder ao chamado Posgrao, que, di Inhaki, non só será caro, senón tamén necesario para ter uns estudos compretos equivalentes aos que agora acadamos  coa Licenciatura ou Diplomatura; por tanto haberá unha diferencia de coñecementos entre aqueles que poidan pagarse o Posgrao e os que non, é dicir, caeráse na privatización do ensino e nunha Universidade elitista, sen esquecer, como apunta Inhaki, a posíbel eliminicación de carreiras como consecuencia da mercantilización da educación, unha medida que podería afectar non só ás humanidades senón tamén a carreiras coma a nosa.

         Por outra banda, expuséronse os aspectos positivos do proceso. Dani Baz fala do beneficioso que pode resultar o novo sistema académico, especialmente o relativo ao novo sistema de créditos CTS, aínda que aínda non fican claros aspectos coma as convalidacións, os recortes de carreiras, etc.

        Por outro lado, Inhaki apoia a iniciativa de cursar un tempo no extranxeiro, pero recordando que, aínda que sería o ideal, para que os estudantes poideran permitirse isto sería necesario un cambio no apartado económico do proxecto.

         Dáni propón redactar un texto que explique o proceso e as súas bases, para realizar posteriormente un debate vía on-line, pero retírase a proposta. Engádese a de realizar unha comisión específica para tratar este tema. Inhaki descute que pode encargarse unha comisión xa existente. Finalmente a proposta é rexeitada.

 
-          Posición da Asemblea: respecto ao posicionamento sobre este tema, decídese non facer unha campaña dun non absoluto, senón máis ben procurar que se cambie a realidade económica do plan para que poida ser aplicada ao estudo. Discútese brevemente a necesidade de posicionare a favor ou en contra para así poder dirixir as labores de publicidad e concienciación, e decídese manter unha postura de oposición ao Plan sempre que non haia unhas medidas económicas axeitadas.

 

Propónse a realización dunhas charlas informativas acerca de Bolonha, que serían organizadas pola comisión de formación e nas cales participarían oradores simpatizantes e non simpatizantes co proceso, e posteriormente podería realizarse unha mesa redonda. A proposta é aprobada.

 

Dáni informó da existencia duns actos da AXIR contra o Plan Bolonha para o día 16 de novembro, e así mesmo invita ao resto a non asistir.

 

 

Propónse tamén a expansión do tema “Proceso de Bolonha” ao resto das asembleas a través da Coordinadora de Asembleas.

A partir desta idea, Inhaki propón a creación dunha Plataforma Galega contra o Plan Bolonha. Hai unanimidade na idea de que esta plataforma estaría formada por asembleas estudantís e non se contaría coa participación dos sindicatos.

 

Propónse abrir no web un apartado con información sobre o proceso e a partir de iso, que a comisión xurídica se encargue de redactar o texto co posicionamento da Asemblea ao respecto. Dáni propón que o texto o faga unha soa persoa para axilizar o proceso. Ao final decídese que se reúna a comisión xurídica con carácter extraordinario para conseguir facer o texto o antes posíbel. O texto enviaríase o dia 28 e o 29 sería votado en asemblea. Apróbase esta tarefa, quedando a súa execución en mans da comisión xurídica. 

 

 

3. Comisións

 

3.1-    Comisión de Formación.

 

A última xuntanza desta comisión levouse acabo o pasado martes 14 de novembro. Na Asemblea informarán sobre as novidades a cerca da conferencia sobre a Palestina Histórica así coma a proposta dunhas charlas sobre o botellón.

            -  Acto Palestina:

            Dáni realiza a proposta de redactar, na Asemblea, unha serie de preguntas para dinamizar a conferencia no caso de que ninguén máis tomara a iniciativa. Esta proposta é rexeitada. Inhaki opina que o que hai que facer é comprometerse a realizar preguntas.

 

            - Aurelio propón a preparación dunha charla baixo o título, “Botellón e formas de acción xuvenil” que se levaría a cabo o 13 de decembro. Dentro da proposta inclúese a de tentar contar coa presencia da Conselleira de Xuventude, a Asociación Veciñal, un profesor de Socioloxía e algún representante de asociaciós coma AMI, Briga… Proposta Aprobada.

 

 

3.2-    Comisión xurídica.

 

A comisión xurídica reuníuse o pasado martes 14 de novembro, tratando os seguintes temas:

 

1.        Realización dun texto para a solicitude de medios materiais para a facultade.

2.        Recopilación das normas de funcionamento da Asemblea.

3.        Preparación dun texto ao vicereitor para solicitar un lugar de reunión.

 

 

1.        Fica fixado o texto para solicitar material para a facultade. Dentro das peticións que se realizan, destacamos as seguintes:

-          Proposta dun novo sistema de ventilación, debido ao escaso aire condicionado que existe nas aulas e, pola contra, a escasa presencia que ten a calefacción noutros lugares máis fríos.

-          Proposta de adquisición de novas mesas de maior tamaño para poder realizar nelas os traballos de grupo, e que poderían ficar en algunhas das aulas que permanecen valeiras.

-          Proposta do aumento do número de impresoras existentes (unha) no aula de informática, e extensión os venres do seu horario de uso.

-          Problema que supón o reducido espazo do local de alumnos, e proposta de trasladalo a algunha das aulas que se atopan valeiras.

-          Proposta de colocación dun panel electrónico á entrada da Facultade onde se informe das principais actividades culturais, políticas, sociais… Así como outras informaciones de interese que podan afectar aos estudantes e profesores.

-          Proposta de ampliación do número de postos de lectura existentes na biblioteca, por resultar insuficentes.

 

2.        Decídese colgar os textos no web e que cada quen poda acceder a eles e consultalos individualmente.

 

3.        Punto aprazado para unha vindeira asemblea pola falta de tempo para a preparación do texto.

 

 

3.3.         Comisión de Extensión Cultural

 

A comisión de extensión cultural reuniuse o pasado Martes 14 de novembro para tratar de forma urxente o asunto da realización do Magosto o vindeiro mércores 22 de novembro.

 

1.        Presuposto

 Realización dun presuposto aproximado de 500 euros, e comprobación da viabilidade do mesmo. En caso de perdas totais habería que abonar 120 euros. É viable.

Os pagos por adiantado corresponden á fianza da parilla e ao carbón (32 euros).

Presuposto aprobado.

 

2.    Proposta de turnos: cun compromiso de traballo dos presentes na asemblea correspondente a este acta (19 persoas), se farán turnos de unha hora de traballo, cubrindo os seguntes postos:

-          Castañas: 2 persoas

-          Barra: 3 persoas

-          Tickets: 2 persoas

-          Servizo de orde: 2 persoas

        Propónse mandar un correo electrónico coas casillas correspondentes aos turnos para que as persoas se apunten. Proposta aprobada.

 

 

3.4.   Comisión de Marketing.

 

1.        Dáni procede a mostrar os carteis publicitantes da Conferencia sobre a Palestina Histórica.

 

2.        Proposta de lugares onde pegalos e de formación de grupos de dúas persoas para a súa colocación:

            - Campus Norte

            - Campus Sur

            - Locais

               Proposta aprobada.

 

3.        Recordo da necesidade de organizar as mesas de publicidade que se levarán a cabo os días 21-22 de novembro, e proposta de turnos para levalas.

 

4.        Preparación dos panfletos de promoción da Conferencia sobre Palestina, as recollidas de sinaturas e o magosto. Fica encargado desto Gregorio. Faránse coma octavillas ou, no seu defecto, folios, nunha cantidade de 400 copias.

 

5.        Realización da charla de presentación da Asemblea, as propostas e as comisións. Fica a cargo de Aurelio e Inhaki.

        

 

4.  Debate sobre o cambio de grupo

 

Neste punto Inhaki informou sobre a realización dun comunicado de pretensión de suprensión do turno da tarde a non ser que houbera un porcentaxe de suspensos elevado. Propónse a realización dunha asamblea masiva a cerca deste tema, e así mesmo propónse a realización dun texto ao respecto, que ficaría coma tarefa da asesoría xurídica da Asemblea.

 

 

5.  Varios

 

5.1     Lugar de reunión

- Proposta de creación dun texto para pedir a recepción do reitorado e así falar deste tema. Esta tarefa recae sobre a comisión xurídica.

 

5.2     Inhaki propón a creación dun foro aberto dentro do web para poder discutir diversos asuntos que nos afecten. Proposta Aprobada.

 

5.3     Reunión interasamblear

- Proposta de facela o luns. Isto decae pola escasez de tempo e a cercanía das actividades do día 22.

               

 

 

 

Péchase a Asamblea, coa convocatoria da seguinte para o Mércores, 29 de Novembro, sendo os encargados da organización da mesma:

 

Aurelio: moderador

Uxía: redatora do acta

Laura: auxiliar

 

Os 3 encargaranse da redacciòn da orde do dìa , da publicitaciòn da convocatoria e de solicitalo aula

Hosted by www.Geocities.ws

1