Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas celebrada o 12 de Decembro de 2006

- Coa seguinte proposta de orde do día:

           

0.      Orde do día

1.      Comisións:

a.       Asesoría Xurídica

b.      Delegación de Formación

c.       Delegación de Extensión Cultural

2.      Coordenadora Interasemblear

3.      Organización durante este periodo ata o fin dos exames

4.      Varios

 

0. Orde do día:

            Decídese incluir como punto 1 a aprobación, se procede, do acta da Asemblea celebrada o 29-11-2006.

 

1. Aprobación, se procede, do acta da Asemblea celebrada o 29-11-2006:

            Apróbase sen modificacións.

 

2. Comisións:

           

a. Asesoría Xurídica:

Esta delegación non se reuniu dende a anterior Asemblea polo que non ten nada do que informar.

           

b. Delegación de Formación:

- Infórmase da proposta para unhas xornadas denominadas “Xogando a gobernar”, decídese que se enviará a proposta pola listaxe de correo electrónico par que todo o mundo a poda analizar con detenemento, xa que non corre presa xa que de realizarse sería dentro duns meses.

- Decídese que o 10 de Xaneiro se realizará unha palestra sobre software libre organizada por esta delegación.

- Proposta sobre realizar unha palestra a respeito da situación dos presos, decídese que xa se valorará en función do calendario.

- Infórmase que o programa para o cursiño sobre o asemblearismo está practicamente pechado.

 

c. Delegación de Extensión Cultural:

- Infórmase de que a cea de fin de ano alternativo será no restaurante “Rías Baixas” situado no número trinta da rúa Galeras ás 21:00h.

- Tamén se informa de que o ciclo de cinema político continúa coa proxección do filme “Cidade de Deus” o Luns 18 de Decembro.

- Apróbase facer 150 chapas de 3 modelos distintos que se escolleran coa realización dun concurso (o cal leva ao recollido no punto d).

 

d. Apróbase crear unha delegación permanente de Marketing e Finanzamento que terá coma responasbeis a Mari, Paula e Ricardo.

 

3. Coordenadora Interasemblear:

 

-         Infórmase do desenvolvemento da anterior Coordenadora Interasemblear, na que se decidiu que se xuntaría o vindeiro Luns 16 ás 14:30h en Historía para tratar sobre os puntos mínimos en contra de Boloña e o regulamento da coordenadora.

-         Tamén se decidiu nesta interasemblear a creación dunha páxina web que terá como contidos as actas, ordes do día, convocatorias, links ás webs das asembleas e textos sobre Boloña. Ao respeito disto a Asemblea de Ciencias Políticas propón a creación dunha comisión informática para ter actualizado o web formada por 3 ou 4 persoas.

-         Presentaronse tamén as seguintes propostas para levar á interasemblear:

o       No caso de que haxa detidos por participar en actos contra o proceso Boloña a interasemblear convocará unha folga.

A Asemblea non acepta esta proposta esgrimindose entre outros argumentos que non se debería unir a convocatoría dunha folga a este feito e que non se creia convinte ter regulado que facer encaso de detencións por considerar necesario avaliar esta situación no seu contexto.

 

o       Non se fará nengunha negociación pase o que pase.

Esta proposta decae por non estar a persoa que a propuxo e non ter a Asemblea clara a súa redacción.

 

o       Se houbese detencións nun acto convocado ou apoiado pola Coordenadora Interasemblear ou por unha das asembleas, unha persoa estaría encargada de convocar unha Asemblea Xeral urxente para tomar decisións ao respeito.

Esta proposta non é aceptada pola Asemblea argumentando principalmente  que non se creia convinte ter regulado que facer encaso de detencións por considerar necesario avaliar esta situación no seu contexto.

 

4. Organización durante este periodo ata o fin dos exames:

 

- Acórdase que as delegacións deterán o seu funcionamento e que se celbrará unha Asemblea o 11 de Xaneiro ás 20:30h que terá a seguinte comisión organizadora:

§         Dani Baz, moderador.

§         Alba, tomará acta.

§         Dani Cao, acturará como auxiliar.

 

5. Varios:

 

-         Proponse facer cartaces cos puntos que temos contra o plan Boloña, esta proposta é aceptada pola Asemblea.

-         Coméntase a posibilidade de que o coordenador do Foro da Mocidade veña a unha Asemblea a explicarnos o seu funcionamento, consideranse que non é necesario.

-         Pasase á delegación de Formación unha proposta para facer actos en contra do cumio do G-8 en Xuño.

-         Retómase neste caso a Interasemblear para expresar o feito de que a Asemblea está en contra da creación dun logo para a Coordenadora Interasemblear, xa que como se decidira no seu momento o respeito da posibilidade de crear un logo para a Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas, creese necesario evitar a mercatodonia para non permitir que solape a mensaxe.

-         Acórdase que se preguntar a posibilidade de celebrar no Local Sociocultural do Ensanche a vindeira Asemblea a partir das 21:30h.

 

 

Remata a Asemblea ás 22:15h

 

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1