ACTA 11 DE NOVEMBRO DE 2008

0. Orde do día:

                        1. Aprobación, se procede, das actas anteriores.

                        2. Comisións.

                        3. Magosto do mércores 12 de novembro de 2008.

                        4.Varios.

                                --------------------------------------------  

0. A orde do día foi aprobada sen ningún tipo de modificación.

1. Neste apartado e ante a falla de remisión das actas anteriores, concretamente as dúas últimas, decídese pospoñer a súa aprobación ate que sexan remitidas e lidas por parte dos membros da asemblea

2. Neste segundo punto da orde do día faise un repaso polo que foi a actividade das diferentes comisión na xuntanza da semana pasada.

     Comisión xurídica: coméntase a resposta obtida por parte do vicedecano da facultade ante a reclamación feita por mor da coincidencia de varias asignaturas co mesmo horario, o vicedecano (Miguel Anxo Bastos Boubeta) deixou caer a posibilidade de negociar ante as inminentes eleccións a xunta de facultade, condicionando en parte a resolución do conflicto a actitude que a asemblea vaia adoptar a hora de elexir a un novo decano/a.

     Ábrese un pequeño debate en torno a se a decana actual (Nieves Lagares) pode volver presentarse para a reelección do cargo, a este respecto a asemblea decide trasladar este asunto a propia comisión xurídica para o seu análise e estudo.

     Os membros desta comisión comentan o exposto nun documento onde se pon de manifesto os incumprimentos e carencias da facultade como argumento ante a elección do novo decano/a.

     A comisión xurídica fai público así mesmo os supostos redactados para a modificación do sistema de votacións da asemblea en función dunha serie de circunstancias, as cales serán remitidas a través do correo electrónico para o seu análise por parte dos membros da asemblea, quedando polo tanto aberto o prazo de enmendas .

     Faise alusión a situación na que se atopan os alumnos de 4º curso por mor das decisión adoptada por parte do profesor de dereito admisintrativo (Cesar Casado) quen pretende realizar unha proba no mes de decembro de obrigada superación para poder acceder ao parcial non oficial do mes de febreiro. Os membros da comisión comentan que o único incumprimento do profesor foi a non especificación da citada proba no programa da asignatura comprometéndose a seguir estudando o caso.

     Por último dicir que faise pública a intención de enviar un escrito ao vicerreitor de infraestructuras da USC co obxecto de solicitar os metros cadrados totais cos que conta a facultade de CC. Políticas e poder determinar deste xeito se foron correctas as reformas realizadas na antiga aula de estudo e que agora pertence a escola de RR. Laborais.

     A póxima xuntanza da comisión xurídica queda determinada para o vindeiro luns 17 de novembro ás 20:30 horas no local de alumnos.

     Comisión de formación: esta comisión non se reuniu. Proponse de igual xeito por parte da asemblea que esta comisión elabore un calendario orientativo sobre os actos da asemblea.

     Comisión de marketing: presentase a proposta de pedilo voto con mensaxes escritas nos encerados das aulas. De igual xeito xorde a proposta de realizar mitins improvisados, ábrese un pequeño debate pero sen chegar a unha conclusión clara ao respecto.

     Comisión de Boloña: Ricardo propón que esta comisión desapareza ou sexa integrada en todo caso na de formación, a decisión da asemblea foi a de pospoñer a votación da mesma ate que estean redactados e aprobados os novos supostos para a modificación do sistema de votacións da asemblea. Queda convocada a vindeira xuntanza para o vindeiro mércores 19 de novembro ás 17:30 h.

     O resto de convocatorias de comisións farase a través do correo electrónico.

3. no referente ao magosto do vindeiro 12 de novembro o que se fai é definir os medios exactos cos que se vai contar así coma unha pequena distribución de tarefas para as horas previas, co fin de telo todo preparado para a hora prevista. Coméntanse polo tanto aspectos relacionados fundamentalmente coa intendencia. Do mesmo xeito dase conta do presuposto co que se conta (212 € aprox.) así como das cantidades tanto de comida coma de bebida que se pretenden mercar e cuia relación é a seguinte:

Castañas: 15 kg., 2 empanadas (xoubas e berberechos), 5 tortillas de patacas, 30 litros de viño, 15 litros de cocacola, 30 litros de cervexa, 25 litros de licor café, 30 kg de carbón.

     Do mesmo xeito decídese informar aos usuarios do aparcadoiro da facultade do acto co fin de que procuren desaloxalo canto antes, do mesmo xeito que o mesmo mércores pola mañá serán repartidas tarxetas informativas do magosto aos alumnos da facultade.

    

 

4. No punto de varios fálase do conflicto cos CAF en relación a pega de carteis e o boicot aos mesmos por parte desta organización, a asemblea decide non tomar medidas ao respecto alomenos de momento.

 

 

     Queda nomeada a comisión encargada de organizala próxima asemblea así como de fixala data da mesma, sendo os seus membros: Angel (moderador), Manuel (acta), Jorge (suplente).

 

 

                                      Remate da asemblea as 21:30 horas.

                                                  

 

Hosted by www.Geocities.ws

1