Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas celebrada o 11 de Enero de 2007

Coa seguinte proposta de orde do día:
    
    0. Orde do día.
1. Aprobación do acta da anterior asemblea (12-12-2006).
    2. Coordenadora interasemblear.
             3. Comisións.
             4. Varios.

1. Proposta da orde do día aprobada.

2. Aprobación  acta anterior.

3. Coordenadora Interasemblear (relativo á reunión do 11 de Xaneiro, sendo vocal da asamblea Dani Cao, que baixou á mesma o relativo ós seguintes puntos):

3.1.Traslado do debate sobre a realización de pintadas ás Asambleas de
Facultade, para levar a seguinte C.I. un posicionamento sobre este aspecto e posibles lemas para escribir nas pintadas (dous por asamblea):
    3.1.1: Levouse a cabo unha votación sobre o noso apoio á acción de facer pintadas: Sendo aprobada con 7 votos a favor, 2 en contra e unha abstención.
    3.1.2: Propostas de lemas dende a Asemblea de Ciencias Políticas: “Contra Bolonha loita estudantil”, “Non a privatización do ensino”.

3.2.    A C.I. solicita a todas as asembleas que a integran a que, accedan a que parte dos fondos recibidos polo seu posto sirvan para sufragar os gastos da C.I:
    Dani Baz propuso que en lugar de pagar unha cota para sufragar os gastos da coordenadota, se suba unha porcentaxe dos cartos recibidos pola representación de alumnos, así as facultades pequenas non sufrirán un recorte sustancial no se orzamento.
                      
3.3.    Dani Cao  comentou na C.I que apartir de Marzo cada asamblea debería realizar  palestras informativas sobre Bolonha en todas as Facultades, incluso, coordinarnos entre todas, para realizar palestras naquelas facultades sen representación. Posición xeral a favor da asamblea.

3.4.    Tamen se tratou na  C.I o seguinte punto: que apartir de agora nas eleccións, as asambleas, que sexan membro da C.I, citen nas listaxes ademais do nome da facultade  e a Asamblea, citen á Coordenadora.
        
    4. Comisións:  
                       4.1. Formación:
    4.1.1: Dani Cao falou co líder do Movemento Desobediente Italiano; confirma a súa asistencia nas Xornadas de Asemblearismo.
    4.1.2: Pagamento das cotas das xornadas (referente a hoteis, pasaxes,...): O número da conta está no web, para acudir cada un directamente ó banco (diñeiro- nome- motivo).
    
    4.1.3: Proposta: festa movemento estudantil, contando coa organización “Movement R. Streets” para espectáculo audiovisual (proxector de imaxes e pincha). No relativo ós custos da festa sería so a bebida (ningún gasto relativo ó equipo). Para o desenrolo desta proposta decidiuse crear unha delegación conxunta: formación+cultural. Na asemblea optouse por realizar o acto o 30 de Maio.
    
    4.1.4: A palestra de Software libre queda anulada. Na primeira semana de Marzo contarase  co colectivo  Ollo Livre da Coruña para realizar unha palestra conxunta.

    4.1.5: Proposta das xornadas chamadas “Xogando a gobernar”: xornadas nas que se contaría con profesores da facultade , para por medio dun xogo-debate sendo cada un representante dunha idioloxía tipo, elaboraran e defenderan a súa visión sobre un problema real plantexado pola asamblea, e tentar de darlle solución: Falouse na asamblea de que habería que saber primeiro que profesores estarían dispostos e buscar que problemas actuais tratariamos. Concebiuse coma unha boa xornada para completarnos como estudantes. Aprobouse con 6 votos a favor, 2 en contra e 4 abstencións. Presentáronse voluntarios para levar a cabo a organización desta actividade: Mari, Paula, Dani Baz e Raquel.    
   
5. Varios:
                             5.1. Referente á actividade da Asamblea nas próximas semanas: acordouse parar a actividade ata despois dos exames.


Péchase a Asamblea, coa convocatoria da seguinte para o Mércores, 28 de Febreiro, sendo a comisión encargada da mesma:
    Laura: moderadora.
    Mon: redactora do acta
    Uxía: auxiliar.
Hosted by www.Geocities.ws

1