ACTA DA ASSEMBLEIA DO DIA 10 DE OUTUBRO

 
-COA SEGUINTE PROPOSTA DE ORDE DO DIA:

0-aprovaçom da orde do dia.

1-propostas de trabalho para o novo curso

2-debate sobre os possíveis novos lugares de reuniom da assembleia

3-Vários

 

-ACTA:

0. Inhaki discrepa da orde do dia e engade propostas para as delegaçoms.Dáni pide a inclussom dum ponto ante possíveis novas negaçoms de aula por parte do decanato.

1-Presénta-se a proposta para a criaçom dumha assesoria jurídica,por Fram.

Deu-se debate:epígrafe 1.1 Dáni discrepa da proposta por ser um trabalho demasiado intenso para a assembleia,Mari apoia isto.Inhaki propom revisar este ponto de jeito que a proposta de regulamento se faga mais adiante.APROVADO POR VOTAÇOM.

epígfrafe 1.2:APROVADO,com o texto original.

    "        1.3:NOM APROVADO.

    "        1.4:APROVADO.

    "        2.1:Inhaki pide revisar isto de forma que tam só haja 2 responsáveis.Vóta-se,ficando como resultado que *s encarregad*s sejam 4.

    "        2.2:APROVADO.

    "        2.3:RIcardo pide que se dea um maior praço para avissar à gente e Aurélio solicita maior independência para a comissom.APROVADO.

    "        2.4:APROVADO.

    "        3.1:Xoán pide solicitar cartos ao decanato.A gente discrepa e pula pola autofinanzaçom e por compartir os cartos com as outras delegaçoms.APROVADAS ESTAS DÚAS EM CONJUNTO

                     VÓTA-SE À TOTALIDADE FICANDO APROVADA ESTA PROPOSTA do seguinte xeito:

 

CREACIÓN DUNHA ASESORÍA XURÍDICA XESTIONADA POLA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCICAS POLÍTICAS

 

   1. Funcións da mesma:

 

      1.1. Preparar queixas con carácter formal sobre o incumprimento da lei universitaria por parte do profesorado, para que sexan asinadas polo estudantado e entregadas ante a autoridade competente. Neste senso poderá actuar por petición dalgún alumno ou actuar de si.

 

1.2. Elaborar os textos legais necesarios para a solicitude de que se leve a cabo o recollido en “Proposta da asemblea de estudantes de ciencia política para o curso 2006/2007”.

 

   2.

 

      Organización:

 

2.1. Terá un mínimo de 4 responsabels.

 

2.2. Funcionará coma un grupo de traballo aberto (calquer alumno poderá acudir ás sesións de traballo).

 

2.3. As xuntanzas celebraranse de xeito periódico, deixando a competencia de marcar cal á propia delegación, e serán advertidas con tempo suficiente a través da listaxe de correo ( e por outros medios se é posibel).

 

2.4. Tódolos textos e accións que faga esta delegación terán que someterse previamente á toma de consideración por parte da Asemblea. Ademais os responsabels terán que informar en cada Asemblea da situación na que se atopan as súas funcións.

 

3. Finanzamento:

 

3.1. Consideracións: o orzamento necesario para levar a cabo estas actividades e escaso, pero existen certos costes en fotocopias para adquirir os numerosos documentos legais que son necesarios para desenvolver a súa actividade. 3.2. A delegación buscará o autofinanzamento na medida do posibel e tamén recibirá cartos doutras delegacións

Proposta para a criaçom dumha comissom de extenssom cultural.

Apresentada por Fram,deu-se o seguinte debate,organizado por epígrafes.

 

Funçoms:Gregório discrepa por crer que se está a politizar o galego.Ricardo o apoia.Inhaki propom redefini-lo de jeito que o galego seja o princípio reitor das actividades da mesma.APROVADO.

Modo de levar a cabo as funçoms:APROVADO:

Organizaçom:

-Inhaki pide reducir o número de responsáveis.Aurélio a nom independência da comissom.APROVADO

-APROVADO.

-APROVADO.

 

Finanzamento:APROVADO

 

                    VOTO À TOTALIDADE:APROVADA A PROPOSTA. do seguinte xeito:

 

CREACIÓN DUNHA DELEGACIÓN DE EXTENSIÓN CULTURAL DA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCIAS POLÍTICAS

 

    *

 

      ”Funcións ou fins”:

 

É un instrumento para fomentar o intercambio cultural da comunidade, a través de distintos medios. Teraá como principio reitor a promoción da lingua e cultura galegas.

 

    *

 

      “Modo de levar a cabo a súa funcións”:

 

a) Organización de concertos (primando a promoción de grupos noveis).

 

b) Concursos culturais, coma literarios, fotograficos...

 

c) Encontros lúdicos.

 

d) Ciclos de cinema.

 

e) E todo tipos de actividades que promovan a cultura.

 

    *

 

      “Organización”:

 

    *

 

      Un grupo de traballo para a elaboración de proposas a presentar á Asemblea, composta polo menos por 5 responsabeis nomeados e cesados pola Asemblea, que se reunirán periodicamente con ese fin. Estas xuntanzas serán abertas a todólos estudantes e terán que ser publicitadas a través da listaxe de correo e na web da Asemblea con suficiente antelación. As propostas serán levadas á Asemblea para a súa toma en consideración.

    *

 

      O múmero de persoas responsabeis para cada actividades (que serán nomeadas e cesadas pola Asemblea) e as súas funcións terán que vir recollidas na proposta presentada á Asemblea, ainda podendo esta modificar a súa composición.

    *

 

      Constituese coma unha asociación cultural.

 

    *

 

      “Finanzamento”:

 

a) Axudas recibidas polo feito de ser unha asociación cultural.

 

b) Diversas subvencións que se podan obter, principalmente os fodos de complemento da facultade.

 

c) Os recursos que podan ser xerados pola súa actividade.

 

d) As aportacións individuais que voluntariamente se queran facer.

 

e) As finanzas desta terán que ser aprobadas pola Asemblea.

 

PROPOSTA PRA UMHA DELEGAÇOM DE FORMAÇOM:

 

Funçom:APROVADO.

Modo de levar a cabo as funçoms:APROVADO.

Organizaçom:Inhaki pide rebaixar o número de responsáveis.APROVADO

 

FInanzamento:Juán e Gregório pidem a publicitaçom das contas.APROVADO.

Queda aprobada do seguinte xeito:

 

Creación da Delegación de Formación da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas

 

    *

 

      Función:

 

Por a disposición do estudantes, a través de diferentes mecanismos, os recursos posibels para complementar a súa formación académica e persoal.

 

    *

 

      Modo de levar a cabo a súa función:

 

1) Organcización de cursiños.

 

2) Organcización de charlas e xornadas temáticas.

 

3) Editar distintas publicacións que podan ser de utilidade para o estudantado.

 

4) Foros e grupos de discusión para a formación teórica dos estudantes en calquer ámbito.

 

5) Outros mecanismos que persigan este fin.

 

    *

 

      Organización:

 

   1.

 

      Contará cun mínimo de 3 responsabeis nomeados e cesados pola Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas.

   2.

 

      Os seus responsabeis informarán das súas actividades en cada Asemblea.

   3.

 

      As xuntanzas desta terán que ser publicitadas a través da listaxe de correo electrónica da Asemblea con tempo suficiente para que poda acudir calquer alumno da facultade que o desexe.

   4.

 

      Tódalas súas actuacións públicas terán que ser aprobadas previamente pola Asemblea.

 

    *

 

      Finanzamento:

 

   1.

 

      Axudas recibidas polo feito de ser unha asociación cultural.

   2.

 

      Diversas subvencios que se podan obter, principalmente os fondos de complemento da facultade.

   3.

 

      Os recursos que podan ser xerados das suas actividades.

   4.

 

      As aportacións individuais que voluntariamente se queran facer.

   5. As contas desta serán públicas.

 

 

 PÉCHA-SE A ASSEMBLEIA,COM A CONVOCATÓRIA DA SEGUINTE PARA O DIA 25 DE OUTUBRO ENCARREGADOS DA ORGANIZAÇOM DA MESMA: Xurxo, Xurxo e Inhaki.

Hosted by www.Geocities.ws

1