Neste apartado do programa, lemos as noticias máis raras e curiosas aparecidas en diversos medios de comunicación.
Programa
Nº: 18 (22/2/03)
17 (15/2/2003) 16 (8/2/03)
14 (18/1/03) 13 (11/1/03)
12
(4/1/03) 10(21/12/2002)
9 (23/11/2002)
7
(16/11/2002) 6 (9/11/2002)
5
(2/11/2002) 3 (19/10/2002)
2
(12/10/2002)
1
(5/10/2002)
Noticias do programa nº18 (22/2/03)
Un aeroporto que regala medias e calcetíns
Un aeroporto estadounidense
busca darlle un toque xentil á revisión obrigatoria de pés
regalando un par de medias ou calcetíns óss pasaxeiros.
O persoal de seguridade do
aeroporto rexional de Tri-Cities en Blountville, Tennessee, ten a responsabilidade
de revisar os pés dos pasaxeiros. Esta é unha das novas medidas
que se están tomando en Estados Unidos co obxetivo de evitar ataques
terroristas. Quen sofra a molestia de ter que sacarse os zapatos e mostrar
os pés reciben como consuelo un novo par de medias.
“Entendemos que pode resultar
molesto ,pero mentres que non poidamos evitar os procesos de seguridade,
polo menos podemos facerlle sentir ós pasaxeiros que os apreciamos”
dixo Melissa Thomas, directora de marketing do aeroporto asumindo que un
par de medias é suficiente mostra de aprecio.
Pola súa parte Chuck
Whitman oficial federal de seguridade do aeroporto explicou que a idea
é proveer "seguridade de nivel internacional e servicio ó
cliente de nivel internacional".
O que polo momento é
inevitable é o cheiro a queixo de nivel internacional.
¿É o seu can o suficientemente gay?
Se notaches algunha vez que
o teu fiel amigo canino en vez de mostrar os dentes chisca o ollo quizáis
deberías visitar unha páxina de internet adicada ó
perro gay. Alí atoparás instruccións para que o teu
can desarrolle libremente as súas inclinacións homosexuais
e se transforme no estandarte do "orgullo gay canino".
Entra na páxina web
de Dress your Gay Dog e deixa de negalo: ¡o teu can nunca che dará
cachorriños!
O ladrón aspirador
Alben Dupree,
de 48 anos, traballaba no servicio de limpeza do aeroporto internacional
de Richmond, no que estaban a desaparecer diñeiro e enseres.
Como a investigación
non conseguía descubrir o xeito polo que alguén se levaba
os bens, se instalou unha cámara de vixiancia.
O avispado empregado traballaba
cun aspirador de gran potencia, e se adicaba a aspirar con el ó
redor dos compartimentos de seguridade, para logo pasar tranquilamente
polos controis co botín sen nengún problema.
Estudian elevar o status legal das mascotas
Lexisladores norteamericáns
estudian elevar o status legal das mascotas de "propiedade" a "compañeiro",
polo tanto poderán heredar e reclamar danos e perxuizos.
No estado de Colorado, Estados
Unidos, un grupo de lexisladores presentou un proxecto de lei para elevar
o status legal das mascotas. Deste xeito, un can que fora diagnosticado
de forma incorrecta nunha veterinaria podería reclamar "danos e
perxuizos". O compañeiro dunha mascota (que antes sería chamado
dono) estaría en condicións de pedir ata cen mil dólares
en compensación por unha mala praxis veterinaria.
En Colorado disfrutarán
dos seus novos dereitos máis de dous millóns de cans e gatos.
Ata agora, a lei establece que os cans e gatos son propiedade e os donos
de mascotas só poden reclamar ante a eventualidade da súa
pérdida "un xusto prezo de mercado".
Coa nova lexislación,
en cambio, quen cometa unha crueldade contra algún animal podería
ter que compensar ó seu compañeiro (é dicir ó
dono) con ata cen mil dólares.
Conduza con casco
Unha muller brasileira
foi multada por conducir o seu vehículo, un coche, sen casco. A
pesar das súas queixas e asegurar que non ía en moto, e que
nunca tivera unha moto, a multa non foi anulada.
As normas de circulación
de Niteroi son famosas por estrictas. Amelia Cristina, a sorprendida conductora,
cre que "non se esta lendo as súas apelacións, simplemente
continúan negando todo. O meu caso, que é totalmente absurdo,
demostra como traballan as autoridades de tráfico".
No seu turno de réplica,
as autoridades antes citadas aseguran que a denegación da apelación
se debe a un "error de proceso". O que non explican é como se puido
confundir un vehículo de cinco asentos cunha motocicleta.
Unha motocicleta chamada "Choque"
Suzuki chamou
"choque" ó último modelo de motocicleta que sacou ó
mercado en Vietnam. O nivel de siniestralidade de tráfico no país
é moi elevado, pero ainda así a compañía xaponesa
confirmou que non pensa cambiar o nome do seu producto.
En Vietnam hai ó redor
de 10 millóns de motos para un total de 80 millóns de cidadáns.
A regulamentación sobre tráfico é moi suave, e prácticamente
ninguén utiliza o casco.
Cita a cegas con sorpresa
Unha policía
alemana capturou a un criminal despois de acordar unha cita a cegas con
él. A muller atopou o número de teléfono móvil
do xoven de 29 anos, e despois de flirtear con el, quedou para unha cita.
A policía simulou
que a chamada era un erro para derivar logo nunha conversación informal
que terminou nun bar do centro da cidade, onde foi detido.
O alcalde desaparecido
Un alcalde brasileiro
do Partido dos Traballadores que desaparecera foi atopado finalmente nun
hotel despois dunha festa de tres días que comenzou nun burdel.
Os compañeiros de
partido de Chico Ferramenta, que así se chamaba o alcalde, tiñan
medo de que fora agredido como ocorriu a varios destacados membros do partido,
asi que comunicaron a desparición á policía de Minas
Gerais.
Ó final da historia
desvelouse que o señor Ferramenta saliu da súa casa con 500$
en efectivo e se dirixiu a un burdel no que contratou a dúas prostitutas
e comenzou a beber. Despois foi a un hotel no que un camareiro o recoñeceu.
Só saiu da habitación para ir á sauna ou á
piscina.
Ou sexa, que o tal Chico
Ferramenta ó final en vez de secuestrado o que estaba era a facer
uso do seu apelido.
Noticias do programa nº 17(15/2/2003)
Rouba nunha vivenda e se deixa unha carpeta con documentación ó seu nome
Un home de 33 anos, foi detido
por roubar diversos obxetos nunha vivenda á que accedeu forzando
a porta e no interior da cal se deixou olvidada unha carpeta que contiña
documentación o seu nome, según informaron fontes policiais.
O roubo foi cometido nunha
vivenda ubicada na rúa Melilla da capital salmantina, onde o presunto
autor dos feitos, tras forzar a pechadura da porta, sustraeu varios enseres
como un televisor, un aparato de radio, diversas roupas, ademais dunha
cristalería e unha vaixela, todo elo valorado nuns 810 euros.
Os axentes da Policía
Nacional, durante a investigación dos feitos, atoparon no interior
do domicilio unha carpeta "abandoada" con diversa documentación
a nome dun delincuente habitual, entre a que se atoparon citacións
xudiciaies, unha sentencia e outros documentos do Centro Penitenciario
de Topas, todos eles referidos á mesma persoa.
As xestións realizadas
para localizar ó individuo propietario da carpeta e sospeitoso do
roubo deron como resultado a detención de J.C.L, quen conta no seu
historial con 16 detencións anteriores por feitos delictivos, a
maioría contra a propiedade.
Canso de camiñar, rouba unha ambulancia
Un xoven de vinte anos que
tiña un longo camiño ata a casa da súa noiva decidiu
roubar unha ambulancia.
Leo Wilson de Cleveland,
Estados Unidos, tiña unha longa camiñata ata a casa da sú
noiva. No barrio de Northvale Boulevard atopou a solución
o seu problema: unha ambulancia pertencente ó Departamento de Bombeiros
co motor en marcha.
Según explicou a policía,
o xoven saltou dentro do coche e coas luces destellando se deu á
fuga.
Cando os bombeiros viron
que o vehículo de 115.000 dólares desaparecera, informaron
á policía e solicitaron outra unidade para poder completar
o rescate que estaban efectuando. Os oficiais atoparon ós poucos
minutos ó xoven e o obrigaron a deterse. Ó ser interrogado,
Wilson intentou facerse pasar por bombeiro. Martin Lentz, Jefe de Policía,
explicou que ó ser interceptado polos axentes o xoven dixo "¿fixen
algo incorrecto, oficial?". Wilson enfróntase agora a cargos por
roubo de auto, vandalismo e perxuizo a un servicio público.
Casaron antes de terse visto por primeira vez
Unha muller brasileira e un
home xaponés contraxeron matrimonio sen terse visto en persoa nin
unha soa vez.
Coñecéronse
a través de Internet. Esta parella decidiuse a casar logo dun longo
romance de dous anos e medio a través dos monitores dos seus ordenadores.
A unión se levou a
cabo a través de documentos firmados nun rexistro civil de Brasil.
A parella ata despois do día do seu matrimonio só se coñecía
por fotos intercambiadas a través de Internet.
Os tortoliños cibernéticos
ata o día de hoxe non se coñeceron, pero nos próximos
días teñen previsto atoparse personalmente en Brasil, e ainda
que o "eu acepto" xa o deu outra persona, planean realizar unha nova cerimonia,
máis convencional, cos dous presentes.
Boda en pelotas
E non nos referimos ó
estado de Pelotas en Brasil, senón que unha parella e outros cen
casamenteiros estiveron completamente espidos. Onte, día de San
Valentín, se levou a cabo a maior boda nudista da historia.
A noiva, Sherry Olson, de
Wisconsin, Estados Unidos, contraeu nupcias con Joe Folz xunto con outras
corenta e sete parellas nun paraíso turístico de Xamaica.
Como calquer noiva, ten a cabeza
chea de preocupacións acerca dos pequenos detalles, o viaxe, a noite
de bodas, o ramo, etc. do que non se preocupou para nada é do vestido.
O novio explicou que "somos
diferentes obviamente, non somos do tipo de parellas que van moito á
igrexa, así que decidimos casarnos en coiros e na praia".
O casamento masivo nudista
tivo lugar no hotel Jamaica's Hedonism Resort, que xa empezou os trámites
para que a festa sexa incluída no libro Guinness dos récords.
Según explicou o responsable
de marketing do hotel algunhas noivas levarán tules e algúns
noivos chaquetas pero básicamente espidos.
Solicita que o seu corpo sexa comido por tabeiróns
Robert Blackwood solicitou
permiso ó Departamento de Cuestións Ambientais e Turismo
de Sudáfrica para que lle entreguen o seu corpo ós grandes
tabeiróns brancos (unha vez que morra ,craro está).
Os expertos, sen embargo,
opinan que os tabeiróns non se interesarán no cadáver
e que seguramente o traballo será realizado polos cangrexos unha
vez que a carne se descomponga.
Blackwood solicitou ser arroxado
nas augas de Gans Bay en Cidade do Cabo, entre as illas de Geiser e Dyer.
O home admitiu, curiosamente, que nunca viu un tabeirón de preto
e que xamais estivo en Sudáfrica. O interese mortuorio xurdiulle
vendo un documental por televisión.
Sentenciado por apuntar cunha banana
Un hombre que robou unha tenda
apuntando ó encargado cunha banana foi sentenciado a 18 meses de
prisión.
Patrick Jason Mann, de 29
anos, entrou a un minimercado do estado de Virxinia en Estados Unidos armado
cunha banana madura. Colocouna no seu bolsillo simulando portar un arma
de fogo e lle exixiu ó encargado o diñeiro da caixa rexistradora.
Fuxiu cun botín de ó redor de dez dólares.
De feito, Mann, entusiasmado
co seu éxito na tenda, entrou a outro negocio no que traballara
por preto de tres anos. De alí sustraeu outros setecentos dólares.
Ademáis da sentencia
de 18 meses, o xuiz obligoulle a devolver o diñeiro sustraído
e facer un tratamento para a súa adicción á heroina.
Noticias do programa
nº16 (8/2/03)
Xogar á guerra
Un parlamentario
noruego foi pillado in fraganti cando xogaba cun videoxgo bélico
no seu ordenador de bolsillo. Unha cámara da televisión lle
grabou mentres se adicaba a tan oportuna actividade mentres se debatía
sobre o papel de Noruega nunha posible Guerra contra Iraq.
Trond Helleland, o membro
do partido conservador aficionado ós videoxogos, declarou que se
daba conta de que era moi estúpido pola súa parte e que non
o volvería facer.
Peinado "estilo ovella"
Para celebrar
que este sábado 8 chega no calendario chino o ano da ovella, unha
peluquería de Beijing está anunciando o seu peinado especial
para conmemorar o acontecimento. Según Zhu Xingyu " o noso valor
é non facer que os clientes parezan ovellas... Queremos simular
a ondulación natural do pelo das ovellas. O estilo creouse pensando
nas mozas de 23 ou 42 anos".
Os clientes poden pasar ata
tres horas, e gastar entre 14 e 28€ para conseguir o seu ondulado
peinado. As mulleres chinesas normalmente teñen o pelo liso, o que
poido popularizar ainda máis o "estilo ovella".
Venda a súa alma a satán (on line)
Os tempos cambiaron e xa non
é necesario matar cabras ou xogar coa güija para chamar a atención
do Señor das Tinieblas. Agora con só conectarse a Internet
podedes facer un pacto co Señor do Oscuro. É máis,
só é necesario completar algúns datos e pinchar no
botón "Firmar Pacto" e a súa alma estará condenada
por toda a eternidade a cambio de obter eses praceres mundanos que tanto
necesita a súa viciada e baixa persoa.
O contrato di así:
"Eu cedo a propiedade da miña alma inmortal e a entrego en custodia
a Satán, Mestre dos Demos Malignos, Comandante das Forzas Impías
e Espíritos Sucios, Inventor do Pecado, Devorador de Almas e Torturador
en Xefe de todos os Paganos Mortos e Cristiáns Condenados...".
Así que xa sabedes, se queredes
vender a vosa alma ó Diaño podedes visitar o portal Necronomi.com,
suscribir o contrato... e que Deus se apiade da vosa alma.
Gas tóxico e matemáticas
Un xoven portugués está sendo investigado pola policía por ter utilizado algún gas tóxico para provocar a suspensión dun examen de matemáticas. O profesor e seis dos seus compañeiros foron a urxencias por ter irritación nos ollos, ainda que sen consecuencias.
Rapaz de 12 anos tumba a un asaltante
Antes de que a policía
chegara, Oliver Horsford, un rapaz de doce anos que xoga no clube Wilthire
de Rugby en Inglaterra, tumbou a un ladrón frustrando a súa
fuxida. O home estaba armado con dous coitelos.
A familia estaba a facer
un transbordo de trens na capital francesa cando o ladrón lle arrebatou
a carteira á nai do rapaz. Según explicou o mesmo Oliver
"eu só quería recuperar o bolso da miña nai, así
que o plaquei". Diana, a nai do rapaz, comentou que o seu fillo se mostrou
incriblemente valente pero agregou que "ían ter unha charla porque
non quere que volva a facer unha cousa como esa nunca máis".
Unha vez que o ladrón
estivo no chan, un grupo de policías de civil que investigaban a
unha banda de asaltantes nas inmediacións, o arrestou.
A súa vaxina pode parecerse a David Beckham
Un crecente número
de mulleres xaponesas, especialmente oficinistas, se están a facer
o corte de pelo de David Beckham, pero en vez de na cabeza, no pubis. "As
mulleres poñen moito cuidado no seu pelo, pero non tanto no vello
púbico", explicou Shukan Jitsuwa unha empregada dunha compañía
xaponesa de artículos electrónicos que ten o vello púbico
“estilo Beckham”. Según di, o look "loiro mohicano" está
vivo e coleando na zona máis íntima das xaponesas.
Minako, unha compañeira
de traballo, agregou que "algunhas revistas femeninas publicaron artigos
sobre peluquería púbica e, por suposto, fan referencia ó
look Beckham, pero nós lucimos o corte desde moito tempo antes de
que se coñeceran estas historias".
Entre outros looks que lucen
as xaponesas onde non da o sol, están tamén o "vermello furioso",
"o mohicano pero na súa cor natural" e o "totalmente calvo".
Noticias do programa nº 14 (18/1/03)
Servicio funerario en moto
Se en vida foches un moteiro
empedernido xa tes a posibilidade de viaxar en moto ata o día da
túa propia morte. Creouse un servicio que che traslada con ataúde
e todo nunha moto con sidecar.
O servicio de "Funerais en
Moto" consiste en proveer ó cliente que o solicite unha moto cun
inmenso sidecar no que o falecido é levado cómodamente no
seu ataúde.
A empresa prevé que
o difunto puido ter desexado un viaxe directo ó cemiterio ou ben
un paseo previo polos seus lugares favoritos. Según explica o portal
de Internet que publicita este servicio, "se é solicitado por familiares
e amigos, cada un puede vir coa súa propia moto para unirse ó
paseo conmemorativo polos lugares frecuentados polo falecido".
O primeiro morto en disfrutar
as instalacións do sidecar mortuorio viaxou xunto á súa
banda de cincuentóns moteiros ata o Crematorio Loughborough en Leicestershire,
Inglaterra. O orixinal artefacto no que se traslada o difunto é
impulsado por unha moto Triumph Speed Triple de luxo dun sobrio color negro
con detalles cromados.
Unha bombilla non se apaga desde 1901
Unha bombilla do departamento
de bombeiros de Livermore, California, está prendida desde o ano
1901. A General Electric e o libro Guiness dos Records coinciden en que
é a lámpara máis duradeira da historia.
A vida da bombilla eléctrica
centenaria empeza en 1901 cando Dennis Bernal, propietario da Livermore
Power and Water Co., a doa ó departamento de bombeiros local. Cinco
anos máis tarde, a lámpara logra sobrevivir (prendida) ò
terremoto de San Francisco de 1906 e ós posteriores incendios.
Gary Stewart, actual xefe
de bombeiros, explicou que "ninguén quere que a bombilla se queime
no seu turno. Se esa cousa se apaga mentres eu son o xefe sería
a peor das malas sortes". Como non podía ser doutra maneira, os
"fans" da bombilla de luz lle puxeron unha bandeira norteamericana e unha
videocámara para que o mundo poida observar que ainda aguanta. Agora
os orgullosos bombeiros se sacan fotos coa histórica bombilla, a
lámpara ten o seu propio sitio web e ata hai un merchandising con
artículos relacionados á bombilla.
Pasa catro horas a 29 baixo cero
Un cidadán chinés batiu o récord mundial de resistencia a temperaturas extremas: pasou catro horas espido a 29 grados(*) baixo cero. Jin, de etnia coreana, vive no norte de China. O clima é casi siberiano, pero ainda así Jin leva un entrenamento digno dun superhome: case todos os días corre dous ou tres kilómetros e se baña en augas xeadas. A alimentación, según él, tamén lle axuda: come carne de cordeiro, manzáns e mel. Na cidade que vive, Harbin, lle coñecen por ir vestido habitualmente en inverno con camisa e chaqueta cando os demáis levan abrigos e van tapados ata as ourellas. O récord anterior o tiña el mesmo: tres horas e tres cuartos no ano 2000.
Nunca se enterou que o partido fora suspendido
Un porteiro quedou abandonado
mentres os seus compañeiros de equipo se retiraban do encontro.
O motivo polo que se suspendeu o partido foi a néboa que impedía
ver máis alá dun par de metros.
Richard Siddall, porteiro
do Stocksbridge Steels, de Gran Bretaña, pensou que o partido se
estaba xogando no campo contrario. O certo era que xa non había
partido. El non podía sabelo dado que a espesa néboa permitía
ver só ata uns poucos metros á redonda. Según explicou
o cancerbeiro ó periódico Daily Star el só se parou
no centro da portería esperando que algún xogador saira sorpresivamente
da néboa.
O manager do equipo Wayne
Biggins relatou que mentres todos estaban nos vestiarios cambiándose,
Richard ainda estaba no campo de xogo. De feito, os xogadores empezaron
a preguntarse ónde estaba Richard. A incógnita reveluse cando
eo abandonado entrou no vestiario maldicindo ós seus compañeiros.
O entrenador do equipo seguramente deberá traballar un pouco máis
na comunicación do grupo.
Atopado un pé nunha lavandería
A plantilla dunha lavandería sueca atopou un pé humano. O pé tiña as uñas pintadas e apareceu o día 10 de Decembro nun establecimento comercial que lava prendas de varios hospitais. A policía local está esperando un informe médico no que se determine o xeito no que o pé se separou do resto do corpo para ver se abre unha investigación criminal.
Porno no canal do senado
Un traballador do estudio de video do senado norteamericano utilizou ls equipos para duplicar unha película pornográfica. O uso ilegal do material público foi detectado polo pequeno detalle de que a película foi emitida por un canal de circuito pechado de TV que hai no senado. A inesperada emisión ocorriu ás 7 da mañán e durante un receso, de xeito que pouca xente a viu.
Antes deixar o sexo que o tabaco
A maioría
dos entrevistados nunha encosta sobre a adicción ó tabaco
declarou que lle custaría menos deixar o tabaco que o sexo durante
un mes. Realizáronse 2000 enquisas en 6 países de Europa.
De eles o 62% opinou que o ano novo era un bo momento para deixar o vicio,
pero só un 3% o pensaba intentar. Sobre o sexo, o 80% dos británicos,
70% dos holandeses, franceses y alemans, e algo máis do 55% dos
belgas y españois preferirían deixar o sexo durante un mes
antes que o tabaco.
Noticias do programa nº13 (11/1/03)
Énchame o tanque e deme unha masaxe
Nas estacións de servicio
de Tailandia, ademáis de cambiar o aceite e cargar combustible se
poderá solicitar unha masaxe.
Como medida para reducir
os accidentes automovilísticos causados polo stress e a fatiga,
as estacións expendedoras de combustible ofrecerán un novo
servicio: masaxes para @s conductores/as. Esta idea xurdiu da interacción
de dúas firmas tailandesas de moi distinta índole. O Departamento
de Medicina Tradicional e Alternativa acercouse á petroleira Bang
Chak con esta proposta e esta última se decidiu a poñela
en marcha.
Según o Dr.
Wichai Chokwiwat unha masaxe é máis efectiva que o café
para renovar as enerxías. As autoridades da petroleira, pola súa
parte, explicaron que proveerán dun lugar onde se poida dar masaxes
@s conductores/as que se atopen en medio dunha agotadora xornada. Alí
serán atendidos por expertos de ambos sexos que lles frotarán
durante unha hora. A iniciativa se levará adiante en tres ou catro
estacións e logo será extendido ás rutas principais
do país.
O Dr. Chokwiwat sostén
que "nun viaxe moi longo @s conductores/as deberían deterse a descansar.
Moitas veces o viaxe non é tan longo como para que sexa práctico
rexistrarse nun hotel para durmir, pero cunha masaxe tradicional poderán
tomarse unha hora para relaxar os músculos e seguir con enerxía
renovada".
Excavadora ou deportivo
A muller dun constructor británico levou unha gran sorpresa ó ver o regalo do seu marido: unha excavadora cun lazo rosa. O marido lle dixera que lle ía a regalar un vehículo caro, e ela se esperaba un deportivo Jaguar. Iso sí, tomouno con humor, e pensou que ía ser un problema como aparcar a excavadora na cidade. O seu marido de todas formas cre que ela está un pouco decepcionada.
Conductor perseguido por marcianos
Un conductor francés
que foi detido nas cercanías de Marsella (Francia) alega que o coche
era perseguido por marcianos. Este home provocou unha persecución
policial que terminou nun choque sen consecuencias. Cando estaba xa no
hospital declarou á policía que lle perseguían marcianos
pola autopista A55.
A policía
comprobou que as análises de alcol deron negativas, pero ainda esperan
as de drogas e unha análise siquiátrica.
As dificultades de conducir
Dous ladróns
de Alberta, Canadá, asaltaron a un repartidor de pizzas, pedíndolle
a recaudación ademáis das catro pizzas que levaba nese momento.
Un momento máis tarde, os xóvenes decidiron robarlle o coche:
se meteron no vehículo, pero o que se sentou ó volante non
foi capaz de manexar o vehículo, que funcionaba con transmisión
manual (ou sexa como os nosos coches que non teñen cambio automático).
O ver un embrague e unha palanca de cambios se lle fixo demasiado complicado.
A policía
xa os detivo: un deles entraba a un dos domicilios nos que se ían
a repartir as pizzas. O "corpo do delito" (as pizzas) tamén foron
recuperadas.
A danza do peito
Un diputado director
xeral do Ministerio de Medicina tradicional de Tailandia decidiu crear
un grupo de bailarinas especialmente entrenadas para bailar unha danza
que permite mellorar o peito. O ministerio está preocupado porque
as mulleres do país están sendo continuamente bombardeadas
por mulleres de peitos grandes.
Pennappa, o impulsor da idea,
cree que "moitas mulleres non se dan conta de que llevar a talla adecuada
de sostén e bailar a danza reafirmante do peito pode facer realidade
o seu sono". As clases comenzarán en centros deportivos públicos
o día de San Valentín.
Un ladrón honrado
Un ladrón que ó parecer tiña poucos cartos soltos, decidiu demostrar o seu civismo pagando a carreira a un taxista de Dortmund. Iso sí, para pagar o taxi decidiu asaltar unha gasoliñeira. Primeiro lle dixo ó taxista que parara a certa distancia do establecimento, se baixou do vehículo, asaltou a gasoliñeira a punta de pistola, e pagou o taxi. O conductor do taxi non notou nada especial: simplemente un cliente ben vestido lle pagou polo seu traballo.
Un consolador nun museo de arqueoloxía
O museo de Historia de Hong Kong ten un novo obxeto que chama moito a atención dos visitantes: un consolador que ten 20 séculos. Ó parecer o obxeto, de 13,2 cm de longo por 4,2 de ancho, era utilizado polas cortesanas do emperador Jing. É a primeira vez que atopan tantos consoladores xuntos ( xa que apareceu xunto a outros seis obxetos similares).
¿Chihuahua ou pit bull?
Tres homes de
entre 18 e 24 anos roubaron tres cans dun refuxio de animais do sur de
California. Ó cabo dun par de días os levaron a unha clínica
para animais, na que sospeitaron en seguida xa que os cans coincidían
cos que denunciaran como roubados. Mentres atendían ós cans,
os homes preguntaron ó dono do establecimento que de qué
raza eran, ó que este lles respostou que parecían chihuahuas.
Eles responderon que non, que eran pit bull, e insistiron en preguntarlle
ó veterinario.
O dono declarou
á prensa que os ladróns estaban moi contrariados, xa que
pensaron que roubaran pit bulls. E engadiu: "estes tíos son idiotas".
Noticias do programa nº12 (4/1/03)
Levaba monos nos calzoncillos
Os oficiais da aduana de Los Ángeles comenzaron a sospeitar de Robert Cusack cando ó abrir unha maleta un ave do paraíso votou a voar. O que inicialmente era un rexistro rutinario deixou de selo en canto viron o paxaro. Na mesma maleta había outros tres, dentro de calcetíns de nylon. Na equipaxe que o tal Robert traía do seu viaxe a Tailandia tamén había 50 orquídeas en perigo de extinción. Cando os axentes lle preguntaron se tiña máis especies non declaradas, Robert dixo que "tiña monos nos calzoncillos". E, efectivamente, o fulano tiña unha parella de monos pigmeo nos seus calzóns.
Perigo: can ó volante
O presentador da televisión británica Johnny Vaughan tivo un pequeno percance co seu vehículo, un deportivo Maserati de case 100.000€. Despois dunha visita rutinaria ó veterinario parou o seu vehículo (co seu bulldog sentado no asiento do copiloto) diante da súa casa, e, sen parar o motor, saiu para sacar ó can do coche. O can, sen embargo, decidiu tumbarse sobre os controis do vehículo, que chocou contra a parede e terminou con averías valoradas en 18.000 €
Un xuiz califica como falta leve ameazar cun hacha á parella se é por amor
Un xuiz de Barcelona considerou
falta leve propinar un manotazo á esposa e amenazala cun hacha se
o agresor pretende reanudar unha relación rota e actúa movido
por amor. Este argumento aparece nunha sentencia do Xulgado do Penal número
3 de Barcelona, que, polos feitos mencionados, impón a Francisco
Javier P.V. unha multa de 60 euros por ameazas e outra de 90 euros por
maltrato.
O xuiz sinalou textualmente
na sentencia: «Merece o mínimo reproche venial a persoa que
por desavenencias de índole amorosa se presenta en casa onde se
atopa a persoa coa que mantivo unha relación sentimental e, como
consecuencia da ira, ameaza á sú compañeira cun hacha
dicíndolle que a mataría».
Pasa de vender porno a vender biblias
Michael Braithwaite era un comerciante de material pornográfico que tiña un pequeno comercio en Putney, Kentucky(USA). Agora Michael convertiu o seu anterior local, "O mundo do amor", en "En lugar de Mike", y cambiou a pornografía por biblias e material relixioso. Según cuenta, Deus lle persuadiu de clausurar o negocio, para o que queimou 10.000$ dos anteriores "productos". Os veciños lle axudaron na conversión do local, e incluso colaboran económicamente na súa manutención ata que a tenda sexa rentable.
Zona libre de Santa Claus
Un cura alemán emprendeu unha campaña para loitar contra o mercantilismo do Nadal, para o que elexiu o eslogan "Zona libre de Santa Claus". A Eckhard Bieger gústanll as festas familiares e o intercambio de regalos, pero non está dacordo co fraude comercial de Santa Claus. O Santa Claus que coñecemos "naceu" na campaña publicitaria de Coca Cola dos anos 30. A idea de Eckhard é volver a traer a atención hacia San Nicolás, xa que Santa Claus é só unha cuncha valeira.
Danza da choiva en pelotas
O sudeste de Australia
está a sufrir unha forte sequía desde hai meses. Un
grupo de mulleres de Ouyen, no estado de Victoria, decididiron realizar
unha multitudinaria danza da choiva bailando espidas. Todo sexa por acabar
coa sequía. Baseáronse na tradición nepalí
para organizar o baile.
É probable
que a publicidade atraiga algunha máis das 200 mulleres que os organizadores
esperaban, pero confirmaron que "non haberá cámaras".
Un roubo un pouco pesado
Un grupo de ladróns
brasileiros tivo que pedir axuda para levar a cabo o seu último
"traballo". Estrelaron un camión nun caixeiro automático
con idea de levarse a caixa cos cartos, pero non contaron co que pesaba.
Para facer a súa tarefa máis levadeira, buscaron "voluntarios"
nun bar cercano e pararon un autobús a punta de pistola para que
os viaxeiros tamén aportaran o seu granito de area. En total conseguiron
ó redor de 35 colaboradores.
Noticias do programa nº10 (21/12/2002)
Atrapan a secuestradores de ananos
A policía de Barlett,
Estados Unidos, ten na súas mans 57 gnomos que claman por volver
ós seus fogares. Estes gnomos de yeso que soen habitar os xardíns
de particulares foran roubados de distintas casas e agora a policía
busca ós seus propietarios.
O descubrimento do lugar
onde os raptores mantiñan ás suas víctimas deuse gracias
a que un dos adolescentes foi visto maltratando o buzón dun viciño.
A policía rastrexou ó xoven de 16 anos e na súa casa
atopou o botín. Os tres adolescentes implicados confesaron que reuniron
todos eses ananos en seis meses de secostros.
Canto máis te coñece, peor é o regalo
Según unha incuestionable
encuesta realizada pola compañía británica BMRB Dynamic
Marketing, os varons de entre 16 e 34 anos se poñen máis
tacaños á hora de facer regalos navideños canto máis
tempo hai que están en parella. Esta verdade se intensifica nos
casos nos que o home e a muller levan máis de dous anos de noivos
e non viven xuntos.
Como exemplo desta afirmación
a empresa que conduxo a encuesta explicou no seu informe que, por exemplo,
as parellas británicas que estiveron xuntas por un ou dous anos
gastan entre 100 e 200 dólares promedio por regalo. Pasados os dous
anos o índice descende a cifras entre 50 e 100 dólares. Se
a parella ten ademáis fillos, o regalo ,máis alá do
seu valor de mercado, é moito máis deprimente: se obsequian
cousas de "uso práctico" no fogar (léase medias, unha licuadora,
800 gramos de salchichón primaveira, un tarro para gardar especias,
etc).
Según BMRB Dynamic
Marketing se a parella leva máis de vinte anos de casados a muller
non ten absolutamente ningunha oportunidade de recibir lencería
sexy en Nadal (por máis borracho que estea o marido durante as celebracions).
Só o 20% dos homes regalan roupa interior erótica ás
súas mulleres despois do quinto ano de estar xuntos.
Algús homes absortos
inclusive se preguntan: ¿despois do quinto ano ainda hai que facer
regalos?
Toca-lo timbre é ilegal
Os xóvenes lampantíns
de Irapuato, México, deberán ter máis coidado ó
momento de facer bromas co timbre xa que poden ir a prisión por
iso. Ó parecer, os nenos desa localidade mexicana foron demasiado
insistentes con este xogo, ata tal punto que o Gobernador debeu prohibilo
para preservar a armonía popular típica da cidade.
Cada neno que sexa atrapado
xogando ó "timbrar e correr" será sentenciado a 36 horas
de prisión ou unha multa equivalente a corenta dólares. O
governo desta cidade de 400.000 habitantes tamén decidiu multar
a quen sacuda o pó dos felpudos ou das súas roupas sucias
na vía pública.
Quería espantar espíritos e incendiou a casa
Bhawani Singh, sirvente nunha
casa acomodada da cidade de Nueva Delhi, se quedou só e decidiu
poñerlle fin á hostilidade dos fantasmas que, según
el, habitaban a casa. Logrou o seu cometido xa que nengún espectro
poderá acomodarse agora nesa morada (non porque fora espantado,
senón porque xa non hai casa).
Ó parecer, o
seu rito exorcista incluía un pequeno fogo que frenaría o
acoso do inframundo do que era víctima. A chama en minutos saiuse
de control e o incendio se apoderou da casa. O hombre aterrado chamou á
policía para que viñera a rescatalo. Cando as autoridades
arribaron atoparon a dous gardas de seguridade sentados afora sen ter advertido
que eo interior era presa do fogo.
A policía logrou entrar
rompendo unha fiestra e puido retirar a Singh antes de que fora moi tarde.
Dado que os propietarios da casa non se atopaban na escena do incidente,
non se puido coñecer a súa reacción.
Coronouse o campión de pedra, papel ou tixeira
Pete Lovering, un operador
de sitios web, gañou o campionato mundial de pedra, papel ou tixeira.
Foi o gañador de entre 250 adultos conscientes deste xogo
infantil que tivo lugar en Toronto, Canadá. A pesar da indignidade
latente nunha contienda de adultos xogando a un xogo de nenos, Pete riu
o último xa que embolsou 1.200 dólares, unha consola de video-xogos
e unha medalla de ouro.
Lovering explicou que o segredo
do seu éxito internacional estivo baseado na claridade de pensamento
e en xulgar a cada opoñente individualmente.
Quedou durmido mentres roubaba unha casa
Un home de New Marshfield,
Ohio, chamou á policía porque un ladrón entrara na
súa vivenda. Cuando chegaron os efectivos policiais, o dono da casa
explicou que un intruso entrara nun dos durmitorios e que non se movera
de alí desde facía un rato.
Cando os oficiais entraron
no durmitorio atoparon un cadro que nada tería de anormal se a persoa
estivera na súa propia casa: o ladrón durmía prácidamente
nunha das camas. Un axente de policía espertou ó ladrón
de 19 anos e lle informou que se atopaba baixo arresto (bonita forma de
espertar non che é).
Morto "okupa" ínstalase en tumba allea
O carteiro Sid Hibbitt reservou
unha parcela no cemiterio de Gamlingay, a uns 20 kilómetros de Cambridge.
O problema é que visitando a súa propia tumba atopou
un difunto disfrutandodo seu nicho. As autoridades do cemiterio carecen
de toda resposta. Sosteñen que é un misterio. Non poderon
atopar ningún rexistro de enterros que tiveran lugar alí.
Consultaron cos enterradores, pero non saben nada ó respecto.
A policía, pola súa
parte, sostivo que planeaban remover o que fora que estivera enterrado
alí, pero non o farán nada sugiere que conleve algún
comportamento criminal.
Hibbitt, de 54 anos, reservou
a parcela en 1989 porque desexa ser enterrado xunto á tumba dunha
muller que o cuidou cuando el era un cativo. Si ben ainda quere ser enterrado
nese lugar, aclarou que depende dos resultados da investigación
policial. "Se algo sinistro está ocurrindo eu non me meterei ahí",
dixo.
Noticias do programa nº9 (23/11/2002)
Un lavaplatos moi útil
Un cliente dun
establecimento sueco dunha cadea de hamburgueserías perdeu o apetito
repentinamente ó ir ó servicio. Extrañouse de que
todas as tapas dos inodoros tiveran desaparecido, ante o cal preguntou
a un empregado. De contado lle contaron qué fixeran con elas: as
acababan de lavar nun lavavaixelas xunto con algúns utensilios de
cociña. Ante o estupor do cliente, o empregado lle asegurou que
as tapas recén lavadas estarían templadas e sería
agradable sentarse nelas.
Un directivo
da cadea de hamburgueserías dixo que fora un erro e que non era
o procedimento habitual na compañía. O establecimento recibiu
unha visita do inspector de saúde da localidade.
Xubilado culto e traballador
Ernest Heyneman, xubilado de 85 anos, xa non pode entrar ás librerías da cidade na que vive. Despois de roubar 3500 libros e videos e ser descuberto por un hábil comerciante, foi condenado a non entrar a ningún dos locais nos que se venden este tipo de artículos. Según o seu abogado, Ernest "ama os libros. Atopaba consuelo nos libros. Esta pena é o cárcere para el. Peor que o cárcere".
Hábil ladrón enmascarado
O asaltante dun
banco alemán foi calificado polo periódico Bild de "o criminal
mais estúpido de Xermania". O candidato ó trofeo entrou nunha
sucursal bancaria armado cunha pistola de xoguete, unha navalla de plástico
e unha bolsa de tela na cabeza. Cando ía pedir cartos ó banqueiro
levantou a parte frontal da bolsa, xa que non fixera buracos para os ollos.
O empregado lle dixo que a caixa tiña un sistema de seguridade,
e que non a podía abrir.
O protagonista deste intento
de roubo fuxiu, pero a policía lle identificou sen problemas graciñas
ás cámaras de seguridade.
Unha saúde excelente
Case un de cada
cinco traballadores norteamericanos asegura ter excelente saúde,
a pesar de fumar, ter sobrepeso, beber demasiado ou nou facer nunca exercicio.
Según unha enquisa nacional (en EEUU) realizada pola empresa Oxford
Health Plans dos 1450 entrevistados o 17% dicían ter unha excelente
saúde ainda que os seus hábitos non o foran tanto:
55% con sobrepeso
31% fumadores
21% bebedores de mais de tres vasos de
bebidas alcohólicas ó día
29% tomaban mais de catro cafés
diarios
36% nunca facía exercicio
Un marido amnésico e un can inesquecible
Allen Parton sufriu un severo
caso de amnesia tras un accidente automovilístico en 1991 e debeu
permanecer no hospital por tres anos. Ó volver en sí non
puido recoñecer á súa familia, incluindo á
súa esposa Sandra, con quen casou en 1983.
Como Allen comentaba que
non tiña historia nin recordos, á súa muller se lle
ocorreu que podían renovar os seus votos matrimoniais cun novo casamento
de xeito que, polo menos, houbera un par de fotos no despoxado álbum
fotográfico da memoria do seu marido. Allen aceptou e comenta orgulloso
que se namorou dúas veces da mesma muller. "Quería un recordo
da miña muller camiñando hacia o altar. Non teño ningún
recordo da primeira vez que pasou".
E como se a noticia ata aquí
non fora o suficientemente tola, restan os detalles posteriores ó
accidente: Endal, o can labrador de Allen, foi o que lle salvou a vida.
O animal cubriu ó seu amo inconsciente cunha manta e foi a buscar
ó persoal dun hotel próximo para que o socorreran.
A mujer de Allen di que mentres
o seu marido estaba no hospital pensou no divorcio, pero Endal (o can)
salvou o seu matrimonio axudándoa coas tarefas diarias.
Acoitelouno porque dixo que tiña máis pelos no cu
En Mansfield, Estados Unidos,
un concurso que premiaba o traseiro máis peludo terminou cun ferido
e intervención policial.
Emmanuel Nieves, de 23 anos,
usou intencionalmente o seu coitelo, cortándolle a meixela
e a orella a Erik Saporito, de 21 anos. Según explicou a policía,
os dous homes discutiron acerca de quén tiña máis
vello na retaguardia e logo se pelearon na praia de estacionamento do complexo
habitacional de Warren Village en Allen Road.
Ó parecer, Nieves
se enfureceu, tomou un coitelo e cortou á víctima. Os amigos
deste último o levaron ó Hospital da comunidade de Hackettstown.
A policía arrestou
na madrugada a Nieves no departamento que comparte cos seus pais e será
acusado de asalto agravado, ataque con arma e comportamento criminal. Na
actualidade, atópase detido no cárcere do condado de Warren
e a fianza é de 25.000 dólares.
Saporito, pola súa
parte, recibiu varios puntos no rostro. A policía informou que os
homes eran amigos.
Maquinista abandona tren
O conductor do Expreso que
vai desde as localidades de Howrah e Malda (India) non daba mais, así
que se foi durmir, deixando ó tren e ós pasaxeiros detidos
na estación de Azimung. Kundu, que é como se chama o conductor,
explicou logo ós seus superiores que tiña tanto sono que
seguir conducindo podía resultar perigoso para a súa pasaxe.
Según conta un diario local, o
señor Kundu solicitou un relevo nas tres estacións anteriores
á de Azimung, explicando que estaba moi canso e que necesitaba outro
maquinista. No momento de deterse de forma definitiva, o somnolento Kundu
traballara de seguido durante once horas. Ó deter o tren e recibir
por terceira vez consecutiva unha negativa á súa solicitude
de cambiar de conductor, simplemente foi durmir.
Un directivo da compañía
de transporte, explicou que se iniciou unha investigación e que
"se a súa explicación non é satisfactoria, será
castigado por este serio abandono dos seus deberes". Sen embargo, según
a regulación ferroviaria, ningún chófer pode conducir
durante máis de oito horas. A xornada de Kundu extendeuse por catro
horas debido a certos desperfectos técnicos. Ó chegar a Azimung,
o viaxe que debía durar sete horas durou once. A siesta do maquinista
sumou dúas horas máis ó retraso.
Noticias do programa nº7 (16/11/2002)
Desnudouse no aeroporto para que non lle pasasen o detector de metais
Unha muller foi condeada a
pagar unha fianza de dous dólares: un por resistencia á autoridade
e outro por indecencia pública (as que, como se pode observar, cotizan
en baixa). Desgraciadamente para a deshinibida turista, tamén deberá
abonar os custes do xuizo, preto dos cento trinta dólares.
O espectáculo, que
foi agradecido polos aburridos pasaxeiros que esperaban os seus respectivos
voos, o protagonizou Eliane Yvonne Marcele Aguillaume, unha muller francesa
de 56 anos, no Aeroporto Rexional de Evansville, Indiana, Estados Unidos.
Eliane quitou a roupa como resposta iracunda ós gardas de seguridade
que intentaban rexistrala cunha banda detectora de metais.
Quitouse o sweater, a camisa
e o corpiño antes de que un oficial intentara esposala (poñerlle
as esposas, non casar con ela). Co torso desnudo, a dona se tirou ó
chan e se negaba a moverse. O avogado da dona explicou que o seu cliente
"estaba avergoñada polo evento, o cal atribuiu á barreira
idiomática".
O artista das tostadas
Nas rúas de Melbourne
podedes admirar o xigantesco retrato dunha célebre ama de casa da
cidade. A obra mide 7,35 por 5,85 mts. Está feita con 2989 rebanadas
de pan en distintos puntos de tueste. A realización valeulle o ingreso
a Maurice Bennet no libro Guinness dos Records por "a maior cantidade de
rodaxas de pan utilizadas nunha obra de arte".
Entre os seus retratos mais
prominentes están o coloso Elvis , un mural de dimensións
tamén considerables. Bennet, sen embargo, realiza algúns
cadros pequenos, ideais para o comedor, cheos de texturas e deseños
abstractos. E, sobre todo, cheos de tostadas
Por só 300 dólares
podedes colgar algunhas das obras mais económicas deste artista
na vosa cociña, sempre e cando logredes frenar o impulso de untalas
con doce de leite. Se vos interesa a expresión plástica ou
simplemente tedes fame, podedes visitar http://www.mauricebennett.co.nz/.
O matrimonio mais longo da historia
Liu Yung-Yang e a súa
esposa Yang Wan, naturais de Taiwán, recibiron o certificado do
Libro Guiness dos Records por ser a parella casada desde hai mais tempo.
Derrocaron a unha parella estadounidense cuio matrimonio durou 83 anos.
Liu Yung-Yang, de 103 anos e Yang Wan, de 102, recibiron o recoñecemento
na súa casa de Taoyuan por estar casados desde o ano 1917. Á
cerimonia de entrega do certificado de Récord Mundial asistiron
preto de 40 dos 110 netos, bisnetos e tataranetos da feliz parella.
Según explicou a bisneta
de Liu, Ying-ju, o ancián traballou nunha granxa ata hai vinte anos
e goza de moi boa saúde, salvo por unha dificultade auditiva. Liu
sempre tratou á súa esposa con tenrura e a parella nunca
discutiu en 85 anos de matrimonio. Os namorados se coñecen desde
que ela tiña 5 anos cando, según a tradición das familias
pobres taiwanesas, foi enviada á casa do seu futuro esposo para
que empezara a cuidalo e a levar adiante as tarefas domésticas do
seu fogar.
Nun par de anos, entón,
fará un século que están xuntos.
Gáñase a vida cheirando axilas
Durante o mes de Dicembro
publicarase un libro que recopila os traballos mais bizarros que existen.
Entre eles, unha cheiradora profesional de axilas e unha directora dun
colexio de homes que queren ser mulleres.
A portada dino todo: unha
cheiradora de axilas ilustra o libro da fotógrafa e ensaista Nancy
Rica Schiff, "Traballos Bizarros", unha recopilación de ocupacións
extravagantes.
¿Quén se ocupa
de medirlle os peitos ás modelos máis fermosas? ¿Quén
evalúa alento dos cans? O libro da fotógrafa Nancy
Rica Schiff retrata 65 dos máis extraños traballos que alguén
poida ter, incluindo inseminador artificial, pulidor de monedas, doctor
de monecas e decenas de oficios inclasificables. A muller que ilustra a
tapa do libro, por exemplo, é unha dona de 50 anos da cidade de
Cincinnati cuio traballo consiste en evaluar olores, incluiendo olor a
pata, caca de gato, pañais, sobacos, etc.
Ningún dos protagonistas
desta recopilación fotográfica considerou que o seu traballo
fora bizarro.
Outros casos sorprendentes
son a directora do Colexio Vera de Nova York para Mozos que Queren Ser
Mozas e o escalador do nariz de Thomas Jefferson no Monte Rushmore, cuia
función é tapar as fisuras que se producen por acción
das choivas en tan célebre monumento.
Polo seu traballo dan o que faga falta
Uns cen obreiros do fabricante
de coches rumano ARO venderán o seu esperma para salvar os seus
empregos.
Na rexión de Campulung,
os traballadores da fábrica de automóviles ARO, que se atopa
nunha situación de crise, afirmaron que querían vender o
seu esperma. “Temos medo de perder os nosos traballos xa que a fábrica
non ten muitos pedidos e non se nos ha tocou o sueldo desde hai varios
meses", declaró o responsable sindical, Cotescu.
“Oín que hai un banco
de esperma en Timisoara e que pagan ós voluntarios 50 euros. Eu
son maior para facer iso pero un centenar de empregados están dispostos
a facelo", engadiu.
Estes traballadores ofrecerán
o seu esperma a metade de prezo, e doando esperma unha vez ó día
durante un mes, poderán axudar a superar a situación difícil
da empresa.
ARO, especializado en vehículos
todoterreno, conta con mais de 5.000 empregados, cuios salarios son duns
80 euros ó mes, e busca algún inversor extranxeiro para sair
da súa crise.
O tamaño preocupa ós británicos
Case un de cada catro británicos non está contento co tamaño do seu pene, según os datos dunha encosta realizada cos datos de 1027 entrevistas persoais e publicada no xornal "Observer". Os homes entre 35 e 44 son os menos contentos co tamaño dos seus atributos. Outras conclusións do estudio son: mais do 15% dos entrevistados cometera adulterio. Un de cada 5 adulterios danse nas parellas de longa duración. O récord de fidelidade o teñen os de Londres. Só un 7% tivera relacións fora d súa parella habitual.
O ladrón invisible
A policía de Teherán está buscando a un falso feiticeiro que convenceu a un home de que era invisible e podía robar bancos. Os clientes dun banco de Teherán descubrieronno rápidamente en canto comenzou a quitarlles os billetes das mans coidando de que era invisible. O ladrón asegurou no xuizo que pagou cinco millóns de rials (uns 600€) a un home que lle deu varios feitizos e lle dixo que se llos atara ó brazo para volverse invisible.
O maior experto do mundo lle enseña a facer avionciños de papel
Chámase Ken Blackburn
e adicou a súa vida á construcción de avionciños
de papel. Mantivo o récord mundial de autonomía de voo en
avionciños de papel desde 1983 ata 1996. Dous años mais tarde
reconquistou o seu título mundial cun voo de 27.6 segundos.
No seu sitio en Internet,
mostra orgulloso cómo reconquistou o seu título: non só
construiu e probou centos de avionciños sino que se exercitou nun
ximnasio para estar en condicións de facer un gran lanzamento. "Nunca
renunciedes a un sono", di o mestre ós cativos que, curiosos, observaron
cómo a nave celulósica se mantiña mais de 27 segundos
no aire.
Xeneroso na entrega dos seus
coñecimentos de home récord, o portal de Ken mostra cómo
construir varios modelos moi efectivos, incluido o que lle gañou
o primeiro lugar no mundo. Esta nave, curiosamente, é das menos
atractivas e se parece bastante ás que faciamos de cativos. Éste
e outros avións, están disponibles para o voso disfrute na
páxina oficial do campión do mundo Ken Blackburn <http://www.paperplane.org/>.
Alí, o mestre ilumina os intelectos dos futuros campións
dos avións de papel contestando a preguntas da profundidade filosófica
de "¿voan mellor con papel groso ou fino?", "¿son mellores
os avionciños que fan rulos e piruetas ou os que voan dereito?".
Noticias do programa nº6 (9/11/2002)
Oferta laboral: un ladrón deixa o seu currículum na escena do roubo
A policía do norte
de Suiza informou que atopou un CV moi ben encarpetado e que pertence ó
home que roubara un equipo de vídeo por valor de varios miles de
dólares.
O aspirante admitiu o roubo
e outras ofensas das que era sospeitoso. Ó parecer, o home, cansado
de buscar un traballo honesto, decidiu facer do roubo a súa fonte
de cartos. Pero non para sempre, craro está. En ningún momento
perdeu de vista a súa intención inicial de ser contratado
para algunha tarefa lícita. Agora ben, a idea de deixa-lo seu curriculum
na casa da localidade de Oberwil na que perpetrou a súa fechoría
non lle deu moi bos resultados: non só segue desempregado, senón
que ademais deberá purgar unha condena por roubo.
Pasan anos sen sair dos seus dormitorios
O "hikikomori" é un
fenómeno da sociedade xaponesa que se revela coa virtual desaparición
dun millón de adolescentes que se ocultan do mundo nas súas
solitarias habitacións. Saen algunhas veces ata o baño ou
a cociña, son mantidos polos seus pais e se bañan unha vez
cada varios meses.
Algúns analistas xaponeses
e extranxeiros xa adicaron extensos ensaios a este fenómeno. O novelista
e realizador cinematográfico Ryu Murakami o explica como "a consecuencia
do fenómeno de crecimento da economía xaponesa durante a
segunda metade do século XX". Normalmente, o aillamento do xoven
xurde dalgún conflicto na súa vida, tal como un desengano
amoroso ou un fracaso escolar. Algúns expertos consideran ó
Hikikomori como unha epidemia.
O corresponsal en Xapón
de BBC News relatou a súa experiencia con un destes xóvenes:
" coñecinno só como o rapaz na cociña. A súa
nai, Yoshiko, non me dixo o seu nome temerosa de que os veciños
descubriran o seu segredo. O seu fillo ten 17 anos. Tres anos atrás
estaba triste coa escola e empezou a facerse a rata. Un día entrou
á cociña, pechou a porta e se negou a volver a sair. Tamén
impide o ingreso de ninguén. A familia tivo que construir unha nova
cociña. O baño está pegado á cociña,
pero el só se baña unha vez cada seis meses".
Hikikomori en xaponés
significa "retirado da sociedade".
Tivo a súa man atascada no inodoro durante dúas horas
Un home de 65 anos esbarou
no baño do hotel no que se hospedaba, na cidade italiana de Milán.
Con tan mala fortuna, que no seu intento por deter a caída introduxo
o seu brazo enteiro dentro do túnel de desagüe do retrete.
Nun segundo atopouse a sí mesmo espío, a catro patas e co
brazo nas misteriosas profundidades da taza sanitaria. Menos mal que levaba
consigo o móvil e puido pedir socorro ós bombeiros.
Cando estes chegaron, o cadro
non podía ser mais vergoñento para o pobre home cuio nome,
por motivos evidentes, non trascendeu ós medios de comunicación.
En poucos minutos os bombeiros
se abriron paso na habitación do home e entraron no cuarto de baño.
Xa alertados sobre a situación que debían enfrontar chegaron
coas ferramentas necesarias para desmantelar o inodoro e retirar o dorido
membro da víctima. O señor debeu ser atendido por unha costela
rota e contusións leves no brazo.
Subastan bola de pelos de Elvis
Arrancou a esperada subasta
de pelo do Rei, recolectado pacientemente polo seu peluqueiro persoal Homer
"Gill" Gilleland durante os vinte anos nos que lle mantivo controlada a
“monárquica” pelambrera.
Fai cinco anos, Gill cedeulla
ó seu amigo persoal Tom Morgan Jr. quen se decidiu a subastala.
Morgan, que foi a persoa encargada da seguridade durante o funeral de Elvis,
ofrece agora nun simpático frasco unha "enorme bola de pelos da
cabeza do Rei".
Según se explica na
descripción do producto, a cabeleira vai acompañada do xuramento
de Morgan de que se trata de auténtico pelo de Elvis Aaron Presley
e que desde que o peluqueiro llo cedera ninguén salvo el o tivo
no seu poder.
Quen estea interesad@ en
interiorizarse acerca desta subasta que arrancou nos dez mil dólares
poden facelo no sitio de remates para coleccionistas Mastronet.com.
Doeme a cabeza, ¿non será pola bala?
Un grupo de médicos
estadounidenses admitiu que lle coseron a ferida na cabeza a un paciente
sen advertir que a lesión a provocara un tiro e que a bala seguía
adentro.
Melvin Pierce chegou por
segunda vez ó Immanuel Medical Centre de Omaha queixándose
de cansancio, dor de cabeza e vómitos. Nesta segunda oportunidade,
os médicos sí detectaron a presencia do proxectil na cabeza
do xoven Melvin de 16 anos de idade.
Antes de isto, a aboa del
adolescente chamou á policía explicando que a xaqueca do
seu nieto persistía e que estaba actuando de forma extraña.
Un voceiro policial explicou que "recibira un disparo na cabeza e a bala
seguía alonxada no seu cráneo".
A voceira do hospital aclarou
que os médicos confían na información que lles brinda
o paciente para chegar a un diagnóstico e o xoven obviou comentar
o detalle de que lle dispararan na cabeza.
Córtanlle o pelo e se parece a Osama Bin Laden
Unha muller de Hong Kong perdeu
a súa demanda contra unha peluquería que, según ela,
lle fixo parecerse a Osama Bin Laden cando ela quería un corte de
pelo ó estilo da actriz de Hollywood Julia Roberts.
Tras o anuncio do fallo,
a muller negouse a abandoar o Tribunal de Pequenas Demandas e tivo que
ser levada en ambulancia tras un impasse de mais dunha hora con persoal
do xulgado, informou o diario South China Morning Post.
Chu Ieu reclamaba que o seu
pelo resultara gravemente estropeado por dúas permanentes que lle
fixeran na peluquería 'New Idol' en Xullo e Agosto do ano pasado.
“ O meu pelo era como unha vasoira. Estaba
como tola e parecía un paraugas aberto que non podía pecharse.
Foi horrible. Pareciame a Osama bin Laden”, dixo Chu.
Tailandesa bate récord de convivencia entre escorpións
Unha tailandesa convirtiuse
no primeiro ser humano que compartiu unha habitación de 12 metros
cadrados con 3.400 escorpións venenosos vivos, durante 32 días,
establecendo un novo récord nesta "disciplina" do Guinness.
Kanchana Ketkaew, de 30 anos
de idade, que desarrollou unha especie de inmunidade ó veneno do
escorpión durante seis anos nos que estivo realizando un espectáculo
para os turistas, soría mentres lle contaba ós periodistas
que lle picaran os seus perigosos compañeiros de habitación,
nada menos que nove veces durante a súa fazaña.
Preto de 400 escorpións
morreran, pero foron reemprazados por outros. "Unhas 5000 crías
de escorpións naceron, e todos eles se volvían tolos pola
noite", foron as palabras de Kanchana según publicou o xornal Nation.
O libro Guinness dos récords
enviou a Kanchana un premio de 1.000 dólares polo seu logro. A anterior
marca foi establecida por unha muller de Malasia que pasou 30 días
con 2.700 escorpións.
Noticias do programa nº5 (2/11/2002)
Avistan en Alaska un paxaro do tamaño dunha avioneta
Un paxaro do tamaño
dun pequeño avión foi avistado recentemente voando sobre
o sureste de Alaska, desconcertando ós científicos según
conta unha nova recollida no Anchorage Daily News.
O xornal recolleu declaracións
de vecinos das localidades de Togiak e Mankotak, según os cales
a criatura, que parecía salida da película “Jurasic Park”,
tiña unha envergadura de 4`6 metros, o tamaño dun pequeño
aeroplano.
O Daily News, o mayor periódico
de Alaska, dixo que os científicos non tiñan dúbida
de que a xente da rexión, vira á criatura alada, pero son
escépticos sobre o tamaño do que se falaba. “Desde logo non
teño coñecemento de que nada cunha envergadura de ala de
4,6 metros estivera vivo durante os últimos 100.000 anos”, asegurou
o especialista en aves rapaces Phil Schemf.
Schemf, sen embargo, dixo
que houberan varios avistamentos durante o último ano e medio dun
aguia Steller, un paxaro que se alimenta de peixes, que pode pesar 10 kilos
e ter unha envergadura de ala de 2`6 metros.
As mulleres os prefiren sobrios
"¿Cómo é
o home ideal?" é o tema dunha encosta da revista Outlook realizada
a 2.150 mulleres de dez cidades da India. "Non son os cartos, as propiedades,
o status profesional ou un bo corpo", explica a revista, "o que mais importa
é que a escoite, que a trate como a un igual e que sexa honesto.
Os alcohólicos son os mais despreciados en todos os rangos de idade,
de rexión e ocupación".
As mulleres, de diferentes
idades, deberon evaluar do 1 ó 10 as características que
mais apreciaban nos homes. No relativo ó sexo, as mulleres encostadas
consideraron de forma case unánime que as relacións carnais
satisfactorias son esenciais para unha boa parella. Un dato curioso é
que, á vez que todas expresaron o seu desexo de ter bo sexo, mais
da metade considerou que sería bo que os homes chegaran virxes ó
matrimonio.
Na India, e según
a mayoría das mulleres entrevistadas, para ser un gañador
coas mulleres, un home debe ser fogareño, bo pai, non ter un temperamento
violento e evitar falar das mulleres de forma irrespetuosa. Ademais, por
suposto, debe ser mais pertinaz na cama que no bar.
Ó parecer,según
a encosta, ser un bo bailarín de lambada ou utilizar frecuentemente
"AB Flex" que anuncia o Chuck Norris non está considerado fundamental.
Un estudio suxire que Napoleón morreu de cancro e non envenenado
Un grupo de científicos
franceses publicaron un estudio no que afirman que Napoleón morreu
de cancro de estómago e non envenenado con arsénico.
A revista “Ciencia e Vida”
entregou a 3 científicos mechóns do pelo do emperador, cortados
antes de morrer e despois de morto.
Todos e cada un dos cabelos
analizados contiñan unha dose masiva de arsénico, polo que
a súa aplicación tivo que ser exóxena e non puido
ser inxerido polo emperador. ¿E de onde saiu entón o arsénico?.
Según a revista, a hipótese mais probable é a utilización
de productos capilares, que naquela época contiñan arsénico
para evita-la caida do pelo.
Aserejé é unha canción satánica en Honduras
A canción Aserejé,
unha das cancións do verán que se exportou a varios paises,
seica non tivo a mesma aceptación en todos eles. Como é no
caso de Honduras.
Aparentemente, unha letra
sen sentido que non é mais que a traducción literal da canción
en inglés, para algúns profesores de relixión de Honduras
é satánica.
E chegan a esa conclusión
porque según eles el Aserejé é unha invitación
“a ser hereje”. O protagonista rumbero da canción Diego, que na
letra está posuido polo ritmo “raggatanga”, é para estes
profesores o mismísimo diaño e que a frase “Diego tiene chulería”
oculta para eles un extraño significado “Lucifer era un anxo fermoso”.
A encargada do Departamento
Espiritual do colexio, aconsellou ás alumnas que a estudien para
coñecer o seu verdadeiro contido, en vez de prohibirlles a canción.
A casa discográfica das Ketchup, Sony Music, tomouse a risa a denuncia.
Expulsado do colexio por un debuxo
Un neno mexicano
de 10 anos foi expulsado dunha escola de Stockton, California. Foi acusado
de preparar un complot para asasinar ós docentes e ós seus
compañeiros. As probas redúcense a un debuxo que fixo baseándose
na serie DragonBall Z, no que aparecían avións e pistolas.
Vamos, que para o FBI este
rapaz era de Al Qaeda. Ata onde chega a súa paranoia...!!!
EEUU retira do mercado videoxogos de francotiradores
Varias cadeas
comerciais están retirando dos seus establecimentos videoxogos relacionados
con francotiradores debido á situación que se vive na actualidade
no país. Algunhas cadeas de televisión tamén retiraron
a publicidade de xogos como "Sniper" o "Hitman 2", dous videoxogos cuios
protagonistas son francotiradores.
Estes norteamericanos están
tolos, en vez de retirar as armas, retiran os videoxogos.
Para gourmets: café con caca
Os fanáticos do bo
café de Vancouver e Edmonton (en Canadá) están pagando
150 dólares por un paquetiño dunha infusión feita
con caca dun marsupial extraño.
Ó parecer, o compoñente
principal sería a caca dun extraño animal de sumatra chamado
"luwak". Según explicaron os expertos, este raro espécimen
se alimenta dos mellores granos de café, pero os dixiere parcialmente,
deixando intactas as mais finas características dunha boa infusión
e eliminando as que perxudican á calidade do producto final.
Os granos de café
que expulsa o luwak despois de terse alimentado están semifermentados
e son recollidos por quen elabora a infusión, logo son procesados
para dar como resultado, a "creme da creme” dos cafés do mundo.
Desgraciadamente, os medios nada dixeron acerca de a quen se lle ocurrió,
por primeira vez, facerse un café coa caca deste raro bicho.
O café que resulta
deste orixinal procedimento, no que se dan a man a natureza silvestre e
a producción industrial, é espeso e chocolatoso. O Luwak
é un pequeno animal, do tamaño dunha ardilla, que ataca as
plantaciòns de café de Sumatra elexindo delicadamente os
granos mais maduros.
O tamaño do pé e do pene non teñen relación
Un estudio recente revelou
que o tamaño do zapato non ten relación coas dimensións
da virilidade. Sen embargo, hai outros métodos para realizar un
bo pronóstico.
Investigadores gregos dirixidos
polo Dr. Evangelos Spyropoulos declaran que están en condicións
de establecer aproximadamente o largo do pene dun home medíndolle
o dedo índice.
A investigación, ó
principio, trataba de concluir cal era a dimensión "normal" do pene
para poder darlle respuesta ós miles de homes preocupados por se
os seus atributos son ou non dun tamaño adecuados. Os investigadores
mediron o longo do pene e o volume dos testículos de 52 homes saudables
de entre 19 e 38 anos de idade. As medicións incluiron ademais,
o peso corporal, a altura e... ¡o longo dos dedos!
A única correlación
descuberta entre as distintas medidas corporais é a existente entre
a lonxitude do dedo índice e a do membro viril. Según Spyropoulos
a relación é só cando o pene está erecto.
A ver... vou medirme
o meu ... ¡foder!, qué triste... 8 cms. Espero que non sexan
equivalentes os cms. do dedo ós do pene. Agora que o penso... E.T.
debía ter un rabo coma un mundo...
Noticias do programa nº3 (19/10/2002)
Elixiu o autobús equivocado
Sergio Villas Boas,
brasileiro de 27 anos, escapou da penitenciaría na que estaba por
portar armas sen permiso. Despois de saír do cárcere, chegou
á estación de autobuses de Belo Horizonte, onde se subiu
no primeiro autobús que viu.
Nese mesmo autobús
estaban os policías que se movilizaran para capturarlle.
As persoas loiras están en perigo
de extinción
A OMS (Organización
Mundial da Saúde) asegura que a pesar das publicacións que
din o contrario, nunca encargou nin dirixiu un estudio sobre a extinción
das persoas loiras naturais. Os estudios, ós que fixeron referencia
entre outros medios ABC, a CNN e o Daily Mail de Londres, chegaron á
conclusión de que non haberá máis loir@s a partir
aproximadamente do ano 2202. A explicación é sinxela: ó
parecer o xen que provoca que o pelo sexa rubio é recesivo, pero
non o porta a suficiente xente como para asegurar a súa existencia
a longo prazo.
A lectura e o váter
Os alemans ós
que lles gusta ler o periódico no servicio xa non necesitan levar
o periódico. Un editor alemán comenzou a imprimir poemas
e novelas curtas en papel hixiénico. G. Hemmerstoffer, portavoz
da empresa editora, declarou ós medios: "Queremos que os nosos libros
se utilicen. Esa é a nosa filosofía”.
Todos os textos repítense
varias veces en cada rollo, de modo que os seguintes visitantes do excusado
non se queden sen lectura.
Mortos morosos ou morosos mortos
O cemiterio xeral de Santiago de Chile está cheo de morosos. Os administradores do camposanto deixaron notas de aviso nas cruces dos mortos que non pagaron as súas débedas. Algúns visitantes pensaron que era algún tipo de homenaxe, ata que se acercaron e leron as notas.
Un fotógrafo, condeado por unha reportaxe de boda que foi unha «chapuza»
A Audiencia de Girona condenou
a un fotógrafo a indemnizar con 6.911 euros a unha parella de recén
casados polo daño moral e o «disgusto» que lle causou
a «chapuza» da reportaxe fotográfica da boda, un momento
irrepetible, según a sentencia.
A Sección Segunda
da Audiencia xerundense confirmou así unha sentencia condenatoria
do xulgado de Figueres e rexeita o recurso presentado polo fotógrafo
quen chegou a alegar que utilizou un estilo moi persoal na reportaxe desta
boda.
Na súa sentencia o
tribunal considera que o fotógrafo incumpliu «gravemente»
un encargo profesional que ten e merece a categoría de «contrato»,
ainda que ambas partes non firmaran ningún documento expreso.
O fotógrafo, que cobrou
a súa minuta de forma íntegra, alegou, ademais do uso dun
estilo personalísimo, a existencia de errores técnicos nas
fotografías e que unha parte da reportaxe o tivo que facer a súa
muller porque él estaba noutra reportaxe á mesma hora.
A Sala acusa ó fotógrafo
de intentar «terxiversar» a realidade por defender que dos
tres álbumes , dous «son correctos», pero os xuices
din que «a realidade é outra».
O perito designado neste
caso dictaminou que as fotos «non responden ás efectuadas
por un fotógrafo profesional e a calidade das fotografías
dos tres álbumes así como o estilo, a calidade do revelado
e presentación son impropios dun profesional.
Os CDs da Orquesta Sinfónica de Nova Zelanda, en vez de música teñen pornografía.
A música da Sinfónica
de Nova Zelanda nunca foi tan penetrante. Os oito mil discos compactos
que a agrupación distribuiu en radios e personalidades do mundo
do espectáculo a modo de estratexia de marketing, non contén
as obras previstas. No seu lugar, pódense escoitar descripcións
mais que vívidas de relacións sexuais.
A policía investiga,
na actualidade, esta sabotaxe para establecer cómo as obscenidades
chegaron á producción disquera da orquesta. A voceira do
grupo, Hanna Evans, dixo sobre o que se oía no disco que "era bastante
desagradable, de feito... era horrenda. Chamannos de todo o mundo xente
que quere que lle expliquemos qué pasou e asegurarse de si estamos
ó tanto. Ninguén pensou ata agora que poidera ser algo que
nos fixemos en forma intencional".
Según sospeitan os
membros da orquesta este acto podería ser obra dun típico
bromista tecnolóxico do tipo "hacker".
Un rumano alcohólico sobrevive ó seu séptimo atropelo
Nicolae Tabacu, un rumano
de 44 anos ó que lle gusta peligrosamente o bebercio, vai camiño
de convertirse na persoa que sobreviviu a mais atropelos, tras ser arrollado
sete veces nos últimos anos por todo tipo de vehículos.
Despois de probar nas súas
carnes e osos o duro metal dun autobús, un tren, unha motocicleta
e tres automóviles, Tabacu foi hospitalizado por séptima
vez este mes ó ser alcanzado por un automóvil cando se atopaba,
como soe ser o seu costume, baixo os efluvios do alcohol.
O xornal rumano Jurnalul
National asegura que, a xa famosa personaxe da localidade de Stefanesti
Arges, no centro de Rumanía, debe estar protexido por algún
Deus do alcohol, á vista da súa capacidade de supervivencia.
Tabacu foi hospitalizado
na noite do pasado martes con fractura da perna esquerda evarias feridas
que non fan perigrar a súa vida, tras ser arrollado mentres volvía
desde a bodega á súa casa cunha botella de aguardente na
man.
Tabacu recoñece que
ten o vicio do alcohol y que soe acostarse sobre o asfalto das estradas
despois de emborracharse, postura na que segue bebendo unha botella mais
antes de durmirse. A serie dos seus accidentes empezou en 1987, cando un
autobús lle rompeu ambas pernas, e continuou en 1994 con unha milagreira
salvación, sen sofrir un so rasguño, despois de que un tren
lle pasara por riba.
Seguiron os atropelos cunha
motocicleta e tres automóviles, accidentes que lle costaron moitos
sufrimentos e meses de hospitalización con numerosas fracturas que,
nalgúns casos, necesitaron implantes de metal.
O maior motivo de orgullo
para Tabacu é que a man dereita é o único membro que
mantén intacto, ata tal punto de que no último atropelo conseguiu
salvar a botella e apurala antes da chegada da ambulancia.
Noticias do programa 2 (12/10/2002)
As mulleres españolas son as europeas que mais tarde teñen o seu 1º fillo
As mulleres da Unión
Europea casan cada vez mais maiores e esperan cada vez mais tempo a alumbrar
o seu primeiro bebé. As españolas, xunto as británicas,
son as que menos presa teñen en procrear (ós 29 anos), superando
a media europea.
As xóvenes mantéñense
solteiras e sen fillos cada vez mais tempo para prolongar a súa
educación e o entrenamento laboral e poder entrar no mercado de
traballo. Nos anos 80, as europeas casaban, como media, ós 23 anos
e medio. Agora o fan ós 28 anos e medio. O mesmo ocurriu co primeiro
fillo; antes as europeas o tiñan ós 25 anos e agora esperan
ata os 28. Aquí, as españolas e as británicas se destacan
por esperar incluso atas os 29 anos.
As mulleres europeas tamén
marchan da casa antes que os homes. Nos 15 paises da UE, son elas as que
se van antes da casa para vivir soas ou con amigos. Por exemplo, entre
os 20 e 24 anos, o 78% dos varóns continúa no domicilio familiar
fronte a un 65% de mulleres. Os mozos españois son os que mais tardan
en marchar de casa.
Como alumnas, elas seguen
maioritariamente os estudios de secundaria e educación superior
e teñen mais habilidade para as letras fronte os seus compañeiros
que parecen mais dotados para as matemáticas. Hai universitarias
que universitarios en todos os países da UE. No estado español,
cursa estudios superiores o 40% das mozas entre 18 e 21 anos, fronte o
28% dos mozos.
Sen embargo, as mulleres
europeas cobran menos cos homes, ocupando o mesmo posto, aumentando esa
desigualdade no sector privado. Tamén a porcentaxe de cargos directivos
ocupados por mulleres é menor que a dos homes.
Un catalán inventa un sinxelo aparello que interpreta o choro dos bebés
¿Por qué demo
chora este crío? Esta é unha das preguntas mais repetidas
polos pais de todo o mundo e que podería atopar resposta nun aparello
chamado “Why cry” (por qué chora), inventado polo enxeñeiro
electrónico catalán Pedro Monagas.
Monagas desarrollou o inxenio
para atender unha inquedanza persoal. O seu bebé recén nacido
choraba e nin a súa nai nin el conseguían averiguar porqué.
Así que este enxeñeiro electrónico catalán
se propuso inventar un traductor do choro co que o ano pasado gañou
a medalla de prata na Feira Internacional de Inventos e Novas patentes
de Barcelona.
Desarrollar un intérprete
electrónico obrigou inicialmente a Pedro Monagas a clasificar os
diferentes tipos de choros dos recén nacidos. Para iso escoitou
e grabou os choros de cen bebés de diferentes razas e descubriu
o que el chama “patrón universal do choro”. E é que, según
as súas declaracións, todas as persoas choramos igual, nenos
e adultos. Un suspiro e igual aquí e en China.
A análise de todos
estes choros levou ó inventor do “Why cry” a clasificalos en 5 grandes
categorías. Se a súa teoría é válida,
un bebé chora por 5 motivos: fame, aburrimento, malestar, sono ou
estrés nervioso.
5 categorías que son
as que aparecen recollidas cos seus correspondentes iconos e alarmas lumínicas
no aparello. Cando o bebé rompe a chorar, o “Why cry” procesa o
tono e cadencia do sonido que emite o bebé e en vinte segundos determina
en que categoría hai que incluilo.
O inxenio chegará
ás farmacias a finais de mes a un prezo estimado de 95 euros.
Prohíben cantar a un galo porque viola a lei do ruido
A Garda Nacional Republicana
portuguesa sorprendeu a Leonel Moreira, viciño da localidade sureña
de Ihos d´Agua, ó comunicarlle que o seu galo debería
deixar de cantar de inmediato porque viola a lei do ruido.
Un matrimonio viciño,
que ten a propiedade dun bar aberto ata altas horas da madrugada, denunciou
que o animal lles desperta cada día ás 5 da mañán
e lles impide o descanso, xa que vive nunha gaiola contigua á súa
fiestra.
Á denuncia sumáronse
as queixas dalgúns turistas que viven preto e que tamén se
consideraron incomodados polos cantos do galo para dar a benvida ó
día.
A policía mandou
ó dono do galo a obrigarlle a calar de inmediato senón quería
pagar unha cuantiosa multa por violación da lei do ruido.
O dono cre que os viciños
lle denunciaron por “envexa e maldade” e di que o asunto ven de lonxe,
porque hai anos xa se queixaron do ruido que facían uns periquitos
que tiña e dos cans que gardaban o seu negocio de xardinería
e limpeza de piscinas.
Pero Leonel atopou o xeito
de resolver o problema e se propón levar ó animal a unha
finca que posúe nunha localidade próxima. Mentres o matrimonio
denunciante alega: “¿Para que quere o bicho, se nin sequera pon
ovos?”
A Gioconda poido sofrir estrabismo e parálise facial
A Gioconda, a muller inmortalizada
por Leonardo Da Vinci nun dos seus cadros mais famosos da Historia, puido
sofrir estrabismo “disimulado polo pintor”, unha parálise facial
que se reflexa nese “esbozo de soriso” e unha alopecia que ocultou cunha
peluca, según afirma o médico Julio Cruz no seu libro “A
Gioconda vista por un médico”.
Esta noticia lémbrame
que a miña ex ten un pouco de Gioconda porque parecía dunha
forma e logo resultou ser doutra totalmente distinta.
Un invento xaponés traduce os ladridos dos cans
O fabricante xaponés
de xoguetes Takara anunciou que desarrollou un dispositivo que permite
ós donos de cans coñecer en palabras o estado anímico
que os cans expresan cos seus ladridos.
O novo aparato chámase
“Bowlingual” e consiste nun collar provisto dun micrófono que clasifica
os ladridos dos cans en seis emocións diferentes como “ledicia,
tristeza, irritación ou temor”.
O aparello selecciona as
expresións correspondentes ós ladridos nun menú de
200 palabras en xaponés e as emite en forma de voz ou as reproduce
en texto nunha pantalla de cristal líquido.
O fabricante asegura
que os donos poderán controlar ademais a saúde dos seus cans
a través do novo dispositivo, que se vende xa en Tokio por uns 120
dólares.
Centíficos de todo o mundo elixen o conto mais gracioso do planeta
Despois dun ano de esmerada
investigación, un grupo de centíficos revelou cal é
o conto mais gracioso do mundo.
Nun proxecto descrito como
o estudio científico mais grande realizado na historia do humor,
a Asociación Británica para o Avance da Ciencia pediu ós
usuarios de Internet en todo o mundo que dixeran cales eran os seus contos
favoritos, incluindo as súas propias bromas, e evaluou o seu nivel
de comicidade. Despois de mais de 40.000 contos de 70 países e dous
millóns de críticas o conto mais votado foi:
“Dous cazadores están
no bosque cando un deles se desmaia. Non parece estar respirando e os seus
ollos están vidriosos. O outro home agarra o teléfono e chama
ó servicio de emerxencias. E dille resoplando ó operador:
- ¿meu amigo está morto! ¿Qué podo facer? -.
O operador cun tono de voz calmado e suave lle responde: - Tómeo
con calma, pódolle axudar. Primeiro, imos asegurarnos de que está
morto -. Faise un silencio e logo se escoita un disparo. De regreso ó
teléfono o cazador di: - E agora... ¿qué? –”.
Os investigadores atoparon
diferencias importantes entre os países no tipo de contos que atopan
divertidos. As persoas de Gran Bretaña, Irlanda, Australia e Nova
Zelanda prefiren os xogos de palabras. Os estadounidenses e canadienses
inclináronse por contos nos que a xente parece estúpida mentres
que a moitos europeos lles gustan que as bromas sexan surrealistas, ou
que se tomen á lixeira temas serios como a morte, enfermidades ou
o matrimonio.
O estudio tamén revelou
que os mellores contos de animais son sobre patos.
Noticias do programa nº1 (5/10/2002)
20 anos do smiley
O pasado 19 de setembro cumpriuse
o vixésimo aniversario do nacemento do emoticono tamén coñecido
por smiley. Estes signos, que constitúen un dos elementos mais característicos
da comunicación por móvil, correo electrónico ou chat,
tiveron a súa orixe nos anos 80 e graciñas a un concienzudo
traballo de investigación foi posible datar a orixe do primeiro
smiley.
E a orixe tivo lugar exactamente
o 19 de setembro de 1982. Esta foi a data na que se enviou o correo electrónico
que, por primeira vez, usaba un emoticono. A idea foi de Scott Fahlman
un investigador dunha universidade de Pittsburg (USA), que nunca poido
maxinar que o uso de dous puntos, un guión e un paréntese
leidos de lado, se extendería por outras universidades e centros
de investigación ata convertirse nunha linguaxe recoñecida
en todo o mundo.
So anos despois, Fahlman
deuse conta da magnitude do seu inxenio. Por iso quiso buscar a mensaxe
orixinal, aquela que inauguraba a linguaxe dos emoticonos e que probaba
a autoría do invento. Moitas persoas involucráronse na búsqueda
da mensaxe (entre elas, técnicos de Microsoft) e finalmente a mensaxe
foi atopada.
Scott Fahlman traballa, na
actualidade, nun centro de investigación da multinacional IBM.
¿Cal é o pé mais sexy do estado español?
Isto é o que buscan
os directivos da marca española de zapatos Brako. Esta marca de
zapatos organizou un divertido e curioso concurso co obxetivo de premiar
o pé mais sexy do estado español. Tod@s @s interesad@s en
participar poderán facelo gratuitamente enviando, desde calquer
punto da xeografía española, unha imaxe dos seus pés
en formato xpg á dirección de correo electrónico [email protected]
.
O pé masculino e femenino
mais sexy serán premiados cun par de zapatos gratis cada temporada
(inverno/verán) durante 5 anos. O pé mais sexy será
seleccionado a través dos votos que emitan os visitantes da páxina
web http://www.brako.com/ ,que dispón dunha sección adicada
exclusivamente a este concurso con todas as imaxes que se reciban.
Futbolista embarazada sustituida para non xogar 12 contra 11
Katie Chapman, futbolista
internacional británica, foi sustituida polo entrenador do seu equipo,
o Fulham, nun partido da liga feminina inglesa cando comunicou ás
súas compañeiras no descanso do partida que se atopaba embarazada.
Según Katie, o entrenador
decidiu deixala no banquiño, porque lle parecía inxusto
xogar con doce xogadoras no campo en vez
das once reglamentarias.
Lanzan un perfume con cheiro de colillas de cigarro e cervexa
Según explicou o creador
desta controvertida fragancia, Peter Inselkammer, a idea é evocar
lembranzas da Oktoberfest, célebre festa da cervexa que se celebra
en Outubro en Munich.
A esencia será formalmente
presentada en sociedade na apertura da edición número 169
do festival.
Cheirar como un tugurio de
borrachos, normalmente custaría unhas cantas horas bebendo e fumando
pero agora por solo 148 dólares que é o que vale o perfume
podes adquirir esta esencia e todos pensarán que están en
fronte dun alcohólico perdido.
Éxito mundial: utilizan os seus penes como marionetas
Un grupo de tirititeiros australianos
utiliza os seus membros virís en vez de usar marionetas. Ë
un éxito en varios paises, ó punto de que na actualidade
buscan novos integrantes que saiban retorcer os seus órganos xenitais
en formas inverosímeis.
O equipo de Puppetry of the
pennis, que así é como se chama este grupo teatral, busca
novos membros (nunca mellor dito) con capacidades sorprendentes. Trátase
dun show no que un grupo de homes dobra os seus penes de forma sorprendente.
Entre os números mais solicitados e sobresaintes levados adiante
por estes artistas está o “Inferno na Torre” onde un señor
se prende fogo ós pelos da zona xenital.
Os aspirantes deberán
realizar unha serie de curiosos trucos preestablecidos co seu pene e mostrar
tamén algúns da súa propia invención. Se queres
adentrarte nos pormenores deste arte fálico e milenario (polo menos
iso din os involucrados) podes visita-la páxina web http://www.puppetryofthepennis.com/
Eu o máximo que cheguei
a facer co meu pene foi engancharme a punta coa cremallera do pantalón
e dende entón só prefiro utilizalo para usos mais naturais
e normais.
Proban con éxito un aerosol nasal que estimula sexualmente ás mulleres
Centíficos dos USA
probaron con éxito un aerosol nasal que é o sono de calquer
seductor: estimular a mulleres que normalmente son indiferentes ó
sexo.
O punto crucial do PT-141,
que é como ainda se chama este aerosol mentres non lle poñan
un nome comercial, é que actúa directamente no cerebro, na
zona que provoca excitación.
A compañía
espera comercializar o aerosol en 3 o 4 anos para axudar a persoas con
problemas sexuais: os homes con impotencia e as mulleres cun baixo nivel
de excitación.
Xa vexo a un amigo meu que
anda mais saido que o logotipo do Corte Inglés botando este aerosol
nas bebidas das mozas pola noite. Este merca un feixe de aerosoles fixo.
Vermello, laranxado e azul
O concello de Abu Dhabi, capital dos emiratos árabes unidos, tivo que facer un comunicado no que explica os motivos de que inventaran un tipo de semáforo sen luz verde. A empresa alemana que os fabrica cometeu o erro de envialos cun cristal azul en vez de verde, de xeito que os automovilistas da cidade se atoparon cunha sorpresa que non sabía se obedecía a un novo código de circulación.
Insultos para toda ocasión
Se desexas agredir verbalmente
a alguén, pero non tes suficente maxinación, hai un sitio
en Internet que debes visitar.
Chámase Insult Monger
e nesta páxina atoparás unha recopilación inabarcable
de tremendos insultos divididos en categorías. O insulto pode facer
referencia á apariencia, á familia, á intelixencia,
á sexualidade ou á nacionalidade. Tamén hai insultos
machistas e feministas, sobre o casamento, as celebridades, a política
e outros imposibles de clasificar.
Así que se odias a
alguén podes dicirlles cousas tan bonitas coma estas: “Es a proba
vivinte de que os aboríxenes australianos teñen relacións
cos canguros”, ou “Se o meu can tivera a túa cara, lle afeitaría
o cú e o obrigaría a caminar para atrás”, ou “Se a
ledicia fora chocolate, contigo non enchemos nin un m&m”.
Ou sexa, o insulto feito
literatura.