O último programa de cada cada mes, o adicaremos a un especial monográfico.Por agora están previsto facerse monográficos sobre os anos 80, sobre a movida viguesa e madrileña, sobre series de TV, sobre series de debuxos animados, e outro sobre os meus terrores favoritos. Se ti estás interesad@ en facer algún especial, non dubides en poñerte en contacto co programa.
Programa monográfico dos anos 80 (1984) (25/1/03)
INTRO
1984
TELEVISIÓN
- Estrenase a serie de TV "O Gran Héroe
Americano"
- TVE estrena "A Bola de Cristal". Presenta
Alaska e Pablo Carbonell
- TV3, a televisión autonómica
catalan comenza as súas emisións.
CINE
-Oscar 1984: Mellor película (Amadeus
de Milos Forman), mellor director (Milos Forman), Mellor actor (F. Murray
Abraham por Amadeus), e mellor actriz (Sally Field por Nalgún lugar
do corazón).
-Estrenos: Terminator, Os cazafantasmas,
Top secret, A muller de vermello, Conan o destructor, superdetective en
Hollywood, Os gritos do silencio, Pesadelo en Elm Street, Gremlins.
DEPORTES
- Xogos Olímpicos Los Ángeles.
España sub-campiona en Baloncesto. Rusia e os paises do este boicotearon
os xogos. Atentado.
SOCIEDADE
- Entra en vigor a lei de Obxeción
de Conciencia española
- A ONCE empezou a realizar un único
sorteo para toda España (antes os sorteos eran provinciais), coa
primeira gran campaña de publicidade comercial, "A ilusión
de todos os días". O prezo establecido foi de 50 pesetas.
- Aparece a 1ª plancha a vapor.
- Sae ó mercado o 1º SEAT
Ibiza.
- Empezan a comercializarse as Mountain
Bikes.
Salta á opinión pública
o escánadalo dos GAL(Grupos antiterroristas de
liberación)
MÚSICA
- O Grupo musical La Unión triunfa
coa canción "Lobo Hombre en París"
Cars- Hello again John Waite- Missing
you Bonnie Tyler- Holding out a hero Talk,Talk- It´s my life Queen-
I want to break free P-Lion-Happy children Alphaville- Big in japan Opus-
Live is life
Programa monográfico sobre o Nadal (28/12/02)
INTRO
Música:( Medley christmas – Boney M)
Ola benvid@s a este especial
sobre o Nadal da Parada dos Freakies. Cada último programa de mes,
facemos un especial monográfico e como nos atopamos nestas datas
tan sinaladas, hoxe decidimos adicarllo ó Nadal.
Durante esta hora, reflexionaremos
e leremos curiosidades sobre o Nadal.
Pero antes, quero lembravos
como podedes poñervos en contacto co programa. (lembrar enderezos
e páxina web). Tamén vos quero lembrar que regalamos un cd
de música punk rock que pode ser teu simplemente por poñerte
en contacto con nós.
E Radio Piratona, ante a
marea desinformativa que rodeou e rodea o tema da desgracia do Prestige
decidiu que en cada programa se adicaran 15 min. a informar sobre actividades,
convocatorias, e noticias non adulteradas nin suavizadas como ocorre en
diferentes medios de comunicación comerciais que son xoguetes do
governo. Así que interrumpiremos este especial Nadal, para darvos
conta da marea de contaminación.
Outro ano mais que remata,
outro que empeza, outro Nadal por festexar. E ademais, cada ano que pasa
mais pronto chega o Nadal. Os escaparates e cidades empezan a adornarse
con luces e obxetos típicos do Nadal en Outubro, a falta de case
dous meses.
Porque o Nadal ademais de
ser unha festa relixiosa tamén é unha oportunidade para o
negocio. Productos alimenticios típicos só do Nadal, o prezo
do marisco,adornos como o Belén ou a árbore, organizadores
de festas de fin de ano que desangran ós borregos disfrazados de
esmoquin e lentejuelas, a roupa de fin de ano, perfumes, programas televisivos
pro-causas, forman parte dunh longa lista da engranase consumista do Nadal.
Tamén é certo
que non todo o mundo pensa no Nadal como un mercado. Algunha senté
aproveita para facer balance, desde un punto de vista persoal, do que foi
o ano que está a punto de rematar. Tamén no Nadal respírase
certo aire de bo rollito que non se respira noutras épocas do ano.
Quizais o noso clima, nesta época. Invita mais á reflexión
que o pode facer un día caluroso.
Sexa como sexa, non é mais
que outra etapa do ano que hai intentar sobrelevar como se poida ou se
queira. Eu persoalmente, me deixo levar e ainda que non me considero nin
moi consumista, nin especialmente atraido polas campañas pro-ayudas,
si recoñezo que me deixo levar polo ambiente do Nadal, ainda que
non paso polo aro de vestirme de etiqueta ou pagar unha barbaridade por
unha festa abarrotada de senté e moito menos polo consumo excesivo
de electricidade que da nestas datas, por moito que a cidade que de moi
bonita con tanta luz. Nós @s galeg@s ,polo que estamos a pasar agora,
deberíamos pensar nun Nadal mais ecolóxico, sería
algo a reflexionar.
Música:(Villancico – Ska-P)
O Nadal, a pesar de ser unha festa relixiosa, ten a súa orixe nunha festa pagana. O nadal remóntase ás festas paganas romanas, chamadas festas saturnais ou de Saturno, que se celebraban cada ano no mes de Decembro congrandes festíns, banquetes, bebidas e bailes. Despois se transformaban en orxías das que participaban case todos os pobos na antigüedade, excepto os cristiáns.
Música:(Happy Xmas (war is over) – John Lennon)
As tarxetas de Nadal comenzaron a utilizarse a partir de 1846, ano en que se imprimiu a primeira postal en Londres.
Música:( It´s Christmas time again – Blink 182 )
Suponse que no ano 200 d.C. xa se presentaba o uso de árbores na celebración do Nadal. Pero a árbore decorada se cre que aparece no século XVII, en Xermania. En 1605, unha árbore foi decorada para ambientar o frío do Nadal, costume que se extendeu por todo o mundo.
Música: ( Christmas in heaven – Monthy Pyton )
A figura de Santa Claus co
trineo, os renos, e as bolsas con xoguetes é unha invención
estadounidense do século XX, se ben basouse na vida e a lenda de
San Nicolás.
Na actualidade, a misma personase
ten diferentes nomes según o país como: Santa Claus, Papá
Noel, San Nicolás ou Topo Yiyo.
En certos lugares, o día
de Santa Claus non se celebra o 25 senón o 6 de Decembro, coincidindo
coa onomástica de San Nicolás.
Música: ( canción 8 – cd Nadal )
Os villancicos son coros ou
estribillos, que se repiten uns a outros, por medio das melodías.
Chámanse villancicos,
porque os primeiros se orixinaron, según se cre en Inglaterra, na
Idade Media, na época de Enrique I e eran os cantos en latín
que facían os villanos (o pobo) e que amenizaban as festas da corte.
Unha especie de diminutivo transformou a estes cantos dos villanos en villancicos
para designar estes coros ou estribillos.
Música: (Corre caballito, corre – Los sabandeños)
Un dos feitos mais significativos
do Nadal é a estrela de Belén. O único que fala na
Biblia da estrela é Mateo. Di que a estrela precedía ós
reis magos ata que que se parou enriba do lugar onde estaba o neno Xesús.
Xa na antigüedade se
defendía á estrela como verdadeira. O teólogo Origenes
(185-253 d.C.) dicía que estaba próxima á natureza
dos cometas. Moitas hipóteses apareceron para explicar a “milagre”
da estrela de Belén. Unha hipótese apunta ó brilante
planeta Venus, pero este planeta xa era coñecido naquela época
polo que pouco tería de “milagre” ou excepcional. Outras hipóteses
sinalan o paso dun cometa, concretamente o halley, pero xa pasara polo
noso sistema solar o ano 11 a.C., bastante antes do nacimento de Cristo.
Hai tamén quen atribue a estrela a unha supernova (explosión
duna estrela cuia brilante luz pode verse durante meses incluso de días),
pero non hai rexistros históricos desa época ó respecto
pese a que si o hai de supernovas observadas no 135 a.C. e o 173 d.C.
A opinión mais razonable
e aceptada a propuso o astrónomo Johanes Kepler en 1606. Para Kepler,
a estrela dos magos non foi outra cousa que a rara triple consunción
da Terra cos palnetas Júpiter e Saturno, estando o Sol pasando por
Piscis. Nesta consunción, os planetas se ven como un só,
o que fai que irradien unha luz moi brillante. Os cálculos de kepler
determinaron que esta consunción no ano 7 a.C. o que resulta mais
compatible coa data de nacimento de Cristo.
Música: (canción 9 – cd Nadal)
Polo que di Mateo, que é
quen fala dos reis magos no Testamento, só se sabe que os magos
eran varios (non di o número) e que adoraron ó neno Xesús
ofrecéndolle presentes e logo dun sono, volveron a súa patria.
¿Cómo entón pasaron de magos a reis? ¿magos
de que? ¿reis de onde e por que?. No texto de Mateo non resposta
a ninguna destas cuestións, tampouco no resto do Novo Testamento.
Nun principio o seu número
indeterminado. As representacións artísticas son as que foron
dando o seu actual nº e apariencia. Tense constancia en diferentes
escritos e pinturas de diferentes épocas e paises que o nº
dos reis magos variou desde 2 ata 60. Foi no primeiro cuarto do século
III d.C cando o teólogo Orígenes afirmou que os magos foran
só 3. No século IV, de xeito progresivo, comenzou a prevalecer
o número de 3.
Durante os dou primeiros
séculos só foron magos, os reis magos verían despois.
Como a práctica da maxia estaba prohibida polos textos bíblicos
e o concepto de magos colleu enseguida un aspecto peyorativo, non se considerou
edificante que suxetos de tan dubidosa reputación deambularan por
Belén. Foi xa no século III d.c que o teólogo Quinto
Tertuliano pasou a denominalos reis magos.
Os seus nomes non apareceron
ata o s.VI. Aparecen nun mosaico bizantino do ano 520 localizado en Rávena
,Italia. Os nomes de baltasar, Melchor e Gaspar que se lles asignou nesta
pintura son tan arbitrarios e ficiticios como os que se lles deu noutras
partes do mundo cristián: Apellicon, Amerim, e Serakin entre os
griegos; Kagpha, Badalilma, e Badadakharida en Siria; ou Ator, Sater e
Paratoras en Etiopía.
As súas supostas idades
tamén foron falsas e variaban con cada autor que os representaba.
Finalmente, no século XV, Petrus de Natálibus fixou que Melchor
tiña 60 anos, Gaspar 40 e Baltasar 20.
Baltasar non foi negro ata
o s.XVI. Neste século as necesidades da Igrexa Católica levaron
a implantar un simbolismo inédito, identificando ós 3 reis
magos cos 3 fillos de Noé (Sem, Cam e Jafet), que según o
Antigo Testamento, representaban as 3 partes do mundo e as 3 razas humanas
que o poblaban, según se creía neses días.
Así, Melchor representaba
ós europeos ou brancos e ofreceu ouro ó neno Xesús;
Gaspar ós semitas de Asia e ofreceu incienso; e Baltasar representaba
ós africans e ofreceu mirra. Os indios americanos e os chineses
quedaban fora porque non se lle podían inventar novos fillos a Noé,
nin inventar mais reis.
Os reis non comenzaron a
traer xoguetes ata mediados do século XIX e foi un costume que adoptaron
só algúns países latinos.
Música: (canción 10 – cd Nadal)
Pois ata aquí chegou este especial Nadal, creas ou non no Nadal, o vivas mais ou menos, desde este programas queremos desexarvos un bo ano 2003, que sexa tan bo ou mellor co 2002 se foi bo para vós, e sobre todo desexarvos boa saúde. O meu desexo vai en forma de canción, para todos vós.
Música: (Merry Christmas (I don´t
wanna fight tonight – Ramones)
Programa monográfico Anos 80 (1980-1981)
INTRO
Música:(Talking to the night – Brian Ice)
Os sociólogos din que os xóvenes
dos 80 tiveron un contexto cultural predeterminado por varias condicións:
- Foi a primeira xuventude en España
que puido vivir sen imposicións e
disfrutar da xuventude.
- A súa infancia coincide tamén
co rápido desarrollo da TV en España, foi a
primeira xeración que disfrutou
mais de un tercio do seu tempo de ocio diante da TV.
- A súa infancia coincide tamén
co rápido desarrollo da publicidade, foi a
primeira xeración da cultura
do consumo.
- Os que foron xóvenes nos 80 non
se identifican coa xeración dos seus pais.
A xuventude daqueles anos non tivo herencia
cultural, social ou política, buscaban os seus propios valores e
unha nova sociedade porque a anterior era o franquismo.
Como cada xeración,
os 80 tamén teñen uns clichés de referencia propios
desa época como por exemplo: Naranjito, Perestroika, Italo dance,
House, Tecno pop, Apartheid, Commodore 64, Spectrum, Verán azul,
Cultura light, Break dance, a movida, Viños, Ribelinos.
1980
TELEVISION
Estrénase a serie de TVE "Fortunata
e Jacinta" con Ana Belén. Estrénase a serie de TV "Lou Grant"
CINE
- Oscar 1980 : mellor peli (Xente corrente),
mellor director (Robert Redford), mellor actor (Robert de Niro por Touro
salvaxe) e mellor actriz (Sissy Spacek por Quero ser libre).
- Estrenos de 1980: O imperio contraataca,
Vestida para matar, O resplandor, Venres 13.
SOCIEDADE
- Estaban en circulación os billetes
de 200 e 2000 pelas
- Pilar Miró é xulgada pola
xurisdicción militar, ó recoñecerse autora da película
O crime de Cuenca.
- Reagan sae elexido presidente dos USA
- Celébrase a Olimpiada de Moscú
- Invéntase o Post-it pola empresa
3M
- O forno microondas (creado en 1946 pero
que chega a España no 80).
MUSICA
-Ac/dc triunfa co back in black, Abba
con supper trouper, Pink Floyd co muro, Queen co crazy little thing called
love.
- John Lennon é asasinado en Nova
York(8/12) por Mark David Chapman.
Música: The Korgis- Everybody´s
gotta learn sometimes Blondie- Call me Captain& Tennille-
Do that to me one more time AC/DC- Back in Black John Lennon- Just like
starting over Leo Sayer- More than I can say OMD- Enola
gay Buggles- Video kill the radio star Christopher Cross- Sailing
Bruce Springsteen- Hungry heart
1981
TELEVISION
- Estrenase a serie de TV "Benny Hill"
- Estrenase a serie de TV "Enredo"
- Estrenase a serie de TV "O Incrible
Hulk"
- Estrenase a serie de TVE "Veran Azul"
CINE
- Estrenos cinematograficos extranxeiros:
Evasion ou victoria,Os tolos de Cannonball, Christine, O carteiro sempre
chama dúas veces, Un home lobo americano en Londres, Aullidos e
En busca da Arca perdida" de Steven Spielberg.
- Oscar 1981 Mellor pelicula (Carros de
fogo),mellor director (Warren Beatty por Vermellos), mellor actor (Henry
Fonda) e mellor actriz (Katharin Hepburn por No estanque dourado).
SOCIEDADE
- O Guernica de Picasso chega a España
- O Congreso español aproba a lei
do divorcio.
- Golpe de Estado - A noite dos transistores
23 febrero 1981
- Intento de asasinato de Juan Pablo II
na praza de San Pedro en Roma.(Maio)
- Invéntase o cd
- Sae o 1º videoxogo come cocos
- Aparece no mercado a cámara de
vídeo
- Instálanse os primeiros caxeiros
automáticos.
MUSICA
- Los Secretos e a súa canción
"Dejame"
- Tequila e a súa cancion "Salta"
- Canción de éxito "Amor
Mediterráneo" de Bertín Osborne
- Formase o grupo "Siniestro Total".
Música: Kim Carnes- Betty´s
Davis eyes ELO- Hold on tight B.Movie- Nowhere girl Alan
parsons project- Eye in the sky Blondie- The tide is high
Kool& The Gang- Celebration John Lennon- Woman Rick Springfield-
Jessie´s girl Rod Stewart- Young turks
Programa monográfico Anos 80 (1982-1983) (30/11/2002)
Intro
1982
RADIO
- Nace Antena 3 Radio
- Nace Onda Cero
TELEVISION
- Estrenase a serie de TVE "Os Gozos e
as Sombras" con Charo Lopez -
- Emitese a serie de TVE "Ramon y Cajal"
- Estrenase a serie de debuxos animados
"DArtacan y los tres Mosqueperros"
- Estrenase a serie de TV "A Fuga de Logan"
´con Michel York
- Nace a serie Manga de Tv "Dragon Ball"
- Inaugúrase Torreespaña
"El Pirul" centro de programación de TVE
CINE
- Estrenase a película "Volver
a Empezar" gañadora dun Oscar á mellor Película Extranxeira,
E.T o extraterrestre, A colmena, O sentido da vida, Blade Runner, A cousa,
Tron e Posesión Infernal.
- Oscar 1982 : Ghandi mellor pelicula,
director Richard Attenborough por Ghandi, mellor actor Ben Kingsley por
Ghandi e mellor actriz Meryl Streep por A decisión de Sophie
DEPORTES
España foi sede do Mundial de Fútbol
en 1982. Naranjito era a mascota. Gañou italia a final a Alemania
por 3-1. Paolo Rossi foi a estrela con 6 goles. Naranjito serie de 20 min.
Naranjito, Citronio e Clementina.
POLITICA E SOCIEDADE
- Felipe González, líder
do PSOE, presidente do Governo español. Por primeira vez despois
da Guerra Civil un partido de esquerdas chega ó governo.
- Aprobación do Estatuto de Autonomía
de Galicia.
- Apertura da verxa de Gibraltar, ponse
fin a 13 anos de bloqueo.
- Guerra das Malvinas(Agosto)
- Créase o Trivial que se traducorá
ó castelán en 1983.
- Aparece o mando a distancia.
- Saen ó mercado os texanos españois
Lois.
- Maradona ficha polo Barça.
MUSICA
- Con 42 millóns de discos en todo
o mundo, Thriller, de Michael Jackson, convírtese no LP mais vendido
da historia.
Madness- Our house F.r. David-Words
Scorpions- No one like you The Stranglers- Golden brown Paul MacCartney-Ebony
and Ivory Survivor- Eye of the tiger Dexy´s midnight runners- Come
on Eileen Fleetwood mac- Gipsy Michael Jackson- Thriller Supertramp-
It´s raining again J.Geis Band- Centerfold Vangelis-
Chariots of fire Soft Cell- Tainted love Steve Miller Band-
Abracadabra Daryl Hall& John Oates- Meneater Asia- Heat
of the moment Toto- Rossana Chicago- Hard to say I´m
sorry
1983
TELEVISIÓN
- Estrenase a serie de TVE "Aneis de Ouro"
con Ana Diosdado e Imanol Arias, “Cheers”, "Dinastía", "Fama", "Galática,
Estrella de Combate (Dirk Benedict, Jasne Seymour), “MASH”, e "Flamingo
Road"
- Xurde a primeira Televisión Autonómica
"Euskal Telebista"
CINE
- A película "A colmena” de Mario
Camus, consigue o Oso de ouro.
- Oscar 1983: mellor película (A
forza do cariño), mellor director (James L. Brooks por A forza do
cariño), mellor actor (Robert Duval por Gracias e favores) e a mellor
actriz (Shirley MacLaine por (A forza do cariño).
- Estrenase "O Retorno do Jedi", Flashdance,
Un tipo xenial.
SOCIEDADE
- Alcalá 20, discoteca madrileña
incendiase. Morren 80 persoas.
- Aillan o virus do SIDA en Francia.
- Sae á venta o reloxo Swatch
- Créase a cociña vitrocerámica.
- Expropiación de Rumasa (Que te
pego leshes...)
Nik Kershaw - Wouldn´t it be good
Spandau Ballet – True Police - Every breath you take Jimmy Cliff - Reggae
night Yes - Owner of a lonely heart ZZTop- Gimme all your lovin Ryan
Paris- Dolce vita Cindy Lauper - Girls just want to haven fun Nena – 99
Luftballons Frankie goes to Hollywood - Relax Flying pickets - Only you
Elton John - I´m still standing Kool & The Gang – Joanna Ryan
Paris - Dolce vita Rigueira - Vamos a la playa Mike Oldfield - Moonlight
Shadow Robin Gibb - Juliet Gary Barlow - La colegiala