Neste apartado do programa recomendamos e falamos de páxinas güebs divertidas, raras, ou que poden ser interesantes e útiles. Colabora, nesta sección do programa, Óscar Gónzalez, editor da revista electrónica mensual Lantania.com.
http://www.lanzadera.com/karlos69: Páxina de enlaces a outra webs de grupos hardcore e metal como Slipknot, Slayer, Pantera ou Tool. Tamén enlaces a casa discográficas como Repulse records ou Zero records. Tamén enlaces a páxinas de terror e series B ou Z: como a casa Troma, Fangoria e outras páxinas de cine gore e de terror.
http://www.distefano.com/: Páxina na que poderás mercar un morto, feito por especialistas de efectos especiais. Podes mercar un corpo enteiro (600-550 dólares), a cabeza, feto(34´95), un ollo(24,95), cabeza de momia (225 dólares), set de cazavampiros(70 dólares). A páxina está en inglés.
http://www.sipote.com/: Páxina feita por uns mozos da localidade andaluza de Cabra. Nesta páxina atoparás unha revista electrónica semanal de cotilleo e humor baseada na portada do Hola. Esta semán a portada está adicada a Escrivá de Balaguer.
http://www.createbands.com/: Divertida páxina web na que en formato flash poderás crear o teu propio grupo. Danche a escoller en imaxes a un bateria, guitarra, baixista, teclista e trompetista. Podes escoller ata 5 compoñentes. Unha vez escollidos, calcas na imaxe e cada un toca o seu instrumento. A páxina está en inglés pero é moi fácil de leela.
http://www.terra.es/personal4/festadapalabrasilenciada: Web do movemento femenino. É unha revista de cultura, producida por Feministas Independentes Galegas e dirixida por María Xosé Queizán. A última edición é un monográfico sobre Simone de Beauvoir.
http://www.sonotone.com/: weblog español, con contidos variados: artigos sobre política, cultura con enlaces a outros temas. Teñen todo unha ánalise das mulleres de 20 anos a partir das letras das Ketchup.
http://www.txema.antville.org/: Weblog basco con comentarios persoais do autor, polo xeral ácidos , a temas de actualidade ou non.
http://www.ciberpunk.org/: Revista das máis veteranas da internet hispana onde se tratan temas de actualidade, tanto referentes a Internet e fóra de Internet. Web adicada á defensa das liberdades individuais e dereitos civís en Internet. Interior rexeitou a súa inscripción alegando que a nova Lei Orgánica de Asociacions obriga a que as denominacións figuren polo menos en castelán.
http://www.sindominio.net/:
portal de Internet que se ofrece como proveedor de conexións a Internet
para os colectivos, organizacións e persoas do ámbito da
esquerda social e política, que poidan así publicar os seus
contidos sen depender dun servidor comercial ou institucional.
O portal contén, entroutras
cousas, un listado de colectivos, biblioteca,chat, lista de correo e noticias.
É o portal onde se atopa a páxina güeb de Radio Piratona.
http://www.readysoft.es/tomatazo:
Páxina realizada por 3 empresas de tomates mosquedas de que lles
tiren os tomates en Francia.
Fan campaña para non
mercar productos franceses, e teñen un apartado onde lle podedes
mandar a vosa queixa ó gobernó francés. Páxina
moi simple.
http://www.tonterías.com/: Páxina cuio nome xa o di case todo. Teñen varios apartados de fotos divertidas, ilusións ópticas, xogos, un apartado de monedas e billetes,un apartado adicado a Britney Spears (onde non sae moi beneficiada por certo), vídeos, noticias extrañas, chat e foro.
http://www.rotten.com/:
Esta páxina xa é un clásico dos internautas. Páxina
moi freaky, e morbosa para xente que atopa interesante ver corpos desmembrados
por exemplo (se iso ten algo de interesante...).
Páxina onde se recopilan
fotos e imáxenes morbosas, nalgúns casos extremadamente fortes.
Páxina en inglés.
http://fuegoyrebeldia.tripod.com/:
Fanzine contrainformativo electrónico Fuego y Rebeldía.
É un portal onde poderás atopar noticias actualizadas, críticas
de música, mp3, entrevistas, foro de debate, e enlaces a outros
colectivos contrainformativos e libertarios.
Contamos cunha entrevista feita vía
e-mail con este fanzine contrainformativo. Isto
foi o que nos comentaron.