Apartado a relatar historias anecdóticas
e curiosas sobre diversos temas: música, cinema, historia, asasinos
en serie...
Programa
Nº: 7 (16/11/2002) 6
(9/11/2002) 5 (2/11/2002)
3
(19/10/2002) 2 (12/10/2002) 1
(5/10/2002)
Historias do programa nº7 (16/11/2002)
Os gazapos de Titanic
A historia do cine está
saturada de pifias e meteduras de pata que quizáis pasen desapercibidas
nunha primeira visión, pero que para o espectador atento e puntilloso
non o pasan tanto.
Os despistes mais frecuentes
son relacionados con erros de script (que se vexa a sombra dunha cámara,
que nunha escena saia un vaso vacío e noutra o mesmo vaso saia cheo...)
ou a erros históricos ou anacronismos (cando aparece un elemento
que non é da época na que está baseada a película
como, por exemplo, “En busca da Arca perdida” a acción sitúase
en 1930 cando aparece nun cruce un cartel indicando para Irak e outro para
Irán, cando daquela ambos paises se englobaban baixo o nome de Persia.
Titanic, que comparte con
Ben-Hur a honra de ser a película que mais Oscars obtivo, tamén
ten a honra de ser a película con mais gazapos (mais de 50 erros
censados según os “pifiólogos”).
Á marxe de anacronismos
empregados a xeito de licencias poéticas do director, como a inclusión
dun cuadro de Monet que en 1912 ainda non fora pintado, a película
presenta outros erros non feitos a propósito. Como, por exemplo,
na escena na que Jack(Leonardo di Caprio) pinta a Rose(Kate Winslet), esta
ten as súas axilas completamente depiladas, sen embargo no lienzo
que pinta Jack Rose aparece cunha abundante pelambrera. Tamén obsérvase,nun
primeiro plano que se ofrece das mans de Jack que estas non corresponde
co imberbe Leonardo di Caprio (en realidade son as do propio director James
Cameron).
No momento en que unha vella
Rose inicia o seu espectacular relato, a súa neta leva unha camiseta
de manga curta verde, e cando a narración volve pouco despois ó
presente, leva outra azul e de manga larga. E outro erro de consideración
prodúcese cando Rose, desesperada, tenta rescatar a un Jack encadeado
a unhas esposas, e utiliza un hacha que se atopa nun caixón de emerxencia
cun cristal que rompe para coller o hacha. Pois ben, na seguinte escena
podemos ver que o cristal está intacto.
Isto ven a dicirnos que ata
as megaproduccións cometen megafallos.
Contradiccións dun planeta enfermo
No mundo hai un soldado por
cada 43 habitantes, e un médico para cada 1.030
(Según parece é mais importante
matar que salvar vidas.)
O 80% dos mortos (asasinados
mais ben) na guerra de Corea eran civís.
O 40% da poboación
mundial pasa fame.
O 80% da riqueza está
en mans do 20% da población. Polo que o 80% da poboación
posúe só o 20% da riqueza.
En España, existen
8 millóns de persoas que viven na pobreza. Un millón deles
son cativoss.
No mundo cada segundo morre
unha persoa de fame.
Xesucristo naceu nun pesebre
na mais absoluta pobreza. O seu nacemento é celebrado cos mais suculentos
manxares cada 25 de Decembro.
A riqueza das 200 familias
mais ricas do mundo é superior á dos 3.000 millóns
de persoas mais pobres.
Un de cada dous españois
ten dificultades para chegar a fin de mes.
Medio millón de anciáns
viven con pensións inferiores ás 40.000 pesetas.
Cada día morren 35.000
nenos de fame.
300.000 menores son utilizados
como militares na actualidade.
Morreron mais de un millón
e medio de nenos irakíes por culpa do embargo imposto por Estados
Unidos. A poboación sofre as consecuencias deste embargo padecendo
a escasez de alimentos, medicinas e demais productos básicos.
O estado de Israel incumpre
numerosas resolucións da O.N.U., sen embargo non é atacado
por EE.UU..
O governo de España
(demócratas, non violentos) apoia as continuas agresións
do seu “aliado” EE.UU.. a todo o que non baila ó seu compás.
En España existen
300.000 persoas sen fogar que viven na rúa.
300.000.000 de
persoas viven (moitas morren) con menos de un euro ó día.
Nos "democráticos"
Estados Unidos o índice de abstención nas eleccións
é do 62%.
O paro en España
afecta ás mulleres mais do dobre que ós homes.
Millóns de cans
son abandonados polos seus caprichosos donos.
Existen 250.000.000
escravos no mundo.
Dous de cada tres seres humanos
son pobres.
Prodúcese o dobre
de alimentos dos que a humanidade necesita. Ainda así millóns
de persoas sofren fame.
Todos estes datos están
extraidos de organizacións como UNICEF, a Cruz Vermella, Mans Unidas
ou a OMS.
O museo do Salón da Fama do Rock´n´roll
O salón da Fama do
rock´n´roll foi unha institución creada en 1983, e que
ten a súa sede-museo na cidade de Cliveland (USA).
O museo ten varias salas
adicadas a distintos estilos musicais e se poden ver varias baterías
autografiadas por Keith Moon ou Charlie Watts, traxes e vestimentas de
Madonna, Alice Cooper, ou Axl Rose, unha guitarra acústica de Johnny
Cash, o uniforme fosforescente que John Lennon utilizou na portada de Sergeant
Pepper´s, as guitarras de ZZTop, un álbum infantil de Jim
Morrison ou o vestuario clásico de The Who, entroutras moitas cousas
mais.
Ademais hai exposicións
audiovisuais polas distintas plantas e a sala propia da fama do rock´n´roll,
en cuias paredes e enletras douradas aparecen os nomes dos elexidos.
Para a cerimonia de inauguración,
o 2 de Setembro de 1995, tivo lugar un macroconcerto no Estadio Municipal
de Cleveland, onde actuaron entroutros: Bob Dylan, Aretha Franklin, Bruce
Springsteen, Lou Reed, Pretenders, ou John Fogerty.
Historias do programa nº6 (9/11/2002)
WJW Radio
En 1951, Alan Freed (autor
do término “rock´n´roll”), e veterán de varias
radios comarcais, convenceu ós directivos da emisora WJW para que
lle permitiran programar música racial, rhythm´n´ blues
destinado a un público de adolescentes brancos e ointes negros que,
a pesar da segregación, así o demandaban.
O seu espacio radiofónico,
The moondog rock´n´roll party, axiña reuniu unha gran
audiencia, gracias ós discos de artistas negros que Freed pinchaba,
e que estaban prensados coas etiqueta Chess ou King.
Unha revolta adolescente,
ocorrida nun concerto no Cleveland Area presentado por Freed, daría
unha publicidade gratuita ó lexendario locutor e a ese novo xénero
musical que bautizara como rock´n´roll.
En 1954, Freed emigrou a
Nova York, onder vería potenciada o seu labor propagandístico.
O carniceiro de Milwaukee
A poboación de Milwaukee
pertence ó estado de Wisconsin (USA), e a partir dunha noite de
Xuño de 1991 pasou a engrosar a lista de nomes malditos dentro da
crónica negra do século XX. Alí, nun edificio de apartamentos
e, concretamente, no nº 213, descubriuse un dos horrores mais nauseabundos
da historia do crime.
O protagonista e responsable
absoluto da traxedia chamábase Jeffrey Dahmer e a policía,
tras detelo, describiuno como un xoven de tez pálida que se presentou
á vista dos axentes choroso e asustado.
Non correspondía,
precisamente, esta fraxilidade emocional co panorama que, minutos despois,
os aterrados policías poderían ver cos seus propios ollos.
Porque, tras descubrir ó
sensible Jeffrey á entrada do departamento, os axentes recorreron
o resto do mesmo e non daban crédito ó que ía aparecendo
ante a súa vista.
Nunha primeira ollada, e
tras atoparse fronte a un Jeffrey lacrimóxeno, poideron ver xunto
a el, esparcidos polo chan, varias cartulinas fotográficas caraterísticas
das cámaras Polaroid e nas que se apreciaban toda unha galería
de imaxes dantescas compostas por corpos mutilados, membros aillados sen
os seus corpos e todo un mostrario de trozos de carne humana sanguinolenta.
Tamén aparece preto do asasino un gran coitelo de cociña.
Pero cando acabaron de inspeccionalo
todo, os policías foron identificando aqueles trozos de carne das
fotos cos mesmos reais repartidos por toda a cociña e arredores,
nun macabro xogo de puzzle, imáxenes mais propias dun matadeiro
industrial.
O inventario foi o seguinte:
4 torsos masculinos dentro dun barril, 2 cabezas na neveira e outras 2
no conxelador (aquí ademais había outros órganos sen
clasifiar), 7 cráneos dentro dunha caixa, varios órganos
xenitais masculinos nun cazo, 5 esqueletos e varios ósos soltos.
Xunto a isto, había algúns utensilios utilizados para o descuartizamento
como, por exemplo 3 serras eléctricas.
Jeffrey dahmer resultou ser,
de cara ó mundo, un xoven de vida bastante gris que estaba empregado
nunha fábrica de chocolate. Durante o xuizo, confesou ter matado
a 17 homes xóvenes, entre negros e homosexuais (ou de ambas características).
A todas as súas víctimas,
as captaba pagándolles por adiantado e con bastantes cartos, co
que a petición de Dahmer de que lle acompañaran ó
apartamento nº 231 raramente era desoida.
Unha vez alí, o “anfitrión”
os drogaba e procedía a unha primeira sesión de fotos antes
de estrangulalos. A segunda sesión fotográfica os faría
xa irreconocibles, pois para entón o que captaba a Polaroid eran
os membros arrancados de quenes foron as súas víctimas.
A destinada a ser a súa
última víctima, precisamente unha muller, foi Tracy Edwards,
de 32 anos, que tivo o sangue frío de dialogar co asasino para,
nun descuido de Dahmer, a pesar de estar esposada, lograr fuxir e avisar
a un policía que había nos arredores do apartamento.
Na súa declaración,
e tras unha aséptica confesión e recoñecemento da
autoría dos crímenes, un enmudecido Jeffrey Dahmer apenas
deu explicación convincente algunha. Era un asasino mais dos que
matan sen motivo algún.
O 16 de Fevreiro de 1992,
“o carniceiro” Dahmer era condeado a cadea perpétua.
Tintín
Para os seguidores do cómic
Tintín, o universo Tintín é adictivo. Un empeza lendo
os 23 álbumes; cando non é suficiente, se continúa
coa adquisición das versións orixinais en branco e negro
das historias e se acaba por rastrexar o impensable en cada viñeta:
se traducen as proclamas prochinas de O loto azul , se buscan as actualizacións
que fixo Hergé en fondos e vestiarios dos volumes ou se atopa ó
propio debuxante retratado xunto á súa inmortal creación.
Este é o material
sobre o que se sustenta o libro Tintín, o sono e a realidade, escrito
polo periodista británico Michael Farr e editado en España
por Zendrera Zariquey. Farr tivo acceso ós arquivos da Fundación
Hergé e a súa primeira conclusión é que o autor
era un coleccionista minucioso da realidade. Georges Remi, o seu verdadero
nome, recopilaba libros, recortes de revistas e calquer cousa que crera
de utilidade para construir as súas historias. Porque a verosimilitude
se convirtiu no obxetivo de Hergé: casas, automóviles, avións,
paisaxes e, por suposto, as roupas dos secundarios (Tintín só
cambiou os seus pantalóns de golf no último álbum)
teñen un referente real.
Farr hilou un exercicio de
tintinoloxía y tintinofilia para revelar ó aficionado ou
ó curioso as fontes do debuxante. Os relieves incas de O templo
do sol están tomados de revistas de arqueoloxía; o ídolo
de A orella rota baseouse nunha estatuiña precolombina; o
seu axudante, Bob de Moor, tomou bocetos de buques mercantes para Stock
de coque . Así, as viñetas dos 23 álbumes non só
recollen as aventuras do reporteiro do tupé, senón que documentan
fehacentemente o século XX, desde os soviets do inicio ás
guerrillas latinoamericanas dos 70. Farr tamén vota luz sobre a
orixe dalgunhas personaxes: a Castafiore se inspira nunha familiar, en
1913 existiu un marino chamado H.J. Haddock no porto de Liverpool, e do
semanario Le Miroir sairon X33 y X33 bis, coñecidos agora por todos
como Hernández e Fernández. O profesor Tornasol tamén
tivo o seu dobre despistado na realidade.
Historias do programa nº5 (2/11/2002)
25 anos do primeiro disco dos Sex Pistols
En Outubro de 1977, salía
á luz o primeiro disco dos Sex Pistols co título: “Never
mind the bollocks, here´s the Sex Pistols”, algo así
como: “Impórtanos uns collóns, aquí están os
Sex Pistols”.
A portada tiña un
fondo amarelo chillón cunha banda rosa coa palabra “bollocks” (collóns)
escrita enriba. O término colóns convertiuse en motivo de
xuizo (en teoría, a banda infrinxía unha lei británica
de 1899), ademais de provocar que a mayoría das tendas se negase
a poñer o álbum nos escaparates.
Ó grupo e ó
seu axente Malcom McLaren, lles tocara a lotería: pasar a disposición
dun xuiz por “indecencia e ofensas ó orde público”, xenerou
avalanchas de publicidade gratuita. Co apoio do dono da discográfica
que editou o disco, o excéntrico millonario Richard Branson, McLaren
refutou as acusacións argumentando que bollockes era unha palabra
que proviña da vella tradición anglosaxona e da que os ingleses
deberían sentirse orgullosos. O surrealismo tomou tintes ainda mayores
cando o grupo gañou o pleito: os vendedores de periódicos
sensacionalistas anunciaron a gritos ó día seguinte: “collóns
é legal”.
A movida dos 80
Pasaron xa vinte anos da famosa
movida dos 80, onde se deu quizais a época mais dourada do pop español.
Nas últimas semáns coincidiron, nas librerías, biografías
de Alaska, Nacha Pop, Hombres G e Julián Hernández. Fernando
Márquez, alma de La Mode, regresou cun disco en solitario. O mesmo
fixeron Nacho Goberna de La dama se esconde, Siniestro Total, Jaime Urrutia
de Gabinete ou Loquillo.
Todo este “revival” devolveu ós
treintañeiros e cuarentóns ós días dourados
da movida dos 80. Unha movida que se encargan de votar por baixo tanto
Jesús Ordovás como Alaska.
Jesús Ordovás
nunha biografía sobre Siniestro Total, falando do intercambio cultural
que tivo lugar no ano 1987, entre Madrid e Vigo que levara o lema de Madrid
se escribe con V de Vigo decía o seguinte:
Con “Yo ya fui a Cangas del
Morrazo”, Siniestro provocou nos ambientes da Modernidade madrileña
un sentimento de envexa e frustación, de proporcións históricas.
Envexa, porque os post-modernos da engreída nova Capital da Movida,
nunca foran a Cangas do Morrazo, e iso era unha bofetada no seu orgullo.
Frustración, porque se perderan un hito digno de ser cantado por
Siniestro.
Así que se reuniron
os Notables da Movida e o Consello Xeral de Deseño e Organización
de Festas e Viaxes a Conta da Administración e se puso en marcha
un plan para coñecer Cangas do Morrazo. Iso de ir a Leguina e decirlle
pola cara que os Cen Notables da Movida querían ir a conta das arcas
da Comunidade de Madrid a comer marisco a Cangas do Morrazo, era unha vulgaridade,
e McNamara, Tino Casal e Paco Clavel non o terían aceptado.
O mellor era facer
un hermanamento cos galegos, se lle ocorriu a alguén. Convencer
ós edís de Cangas do Morrazo e de Madrid para que se deran
unha perta e aproveitar para montar unha festa con Siniestro Total, Alaska
e algunha outra banda da movida madrileña.
Sen embargo, o problema estaba
en que, en Cangas, non había movida, e mal se podían hermanar
as movidas de Cangas e Madrid, se os do Morrazo non era ninguén.
Pero iso solucionouse falando con Soto, o alcalde de Vigo. Soto estaba
facendo o imposible por facer de Vigo a capital da Movida Atlántica,
e un hermanamento con Madrid lle veñía como anel ó
dedo.
Ós poucos días,
os Notables da Movida conseguiran os cartos para costear o viaxe, o hotel,
a comilona e as actuacións das estrelas convidadas. En Vigo, cruzar
a Ría e visitar cangas era cosa feita.
Nunca na Historia da
Humanidade se conseguira algo igual: que un centenar de artistas e plumillas
de moda viaxaran nun tren especial, cun prezo de 15 millóns de pesetas
a cargo das arcas públicas.
Historias do programa nº3 (19/10/2002)
Vigo e o tranvía
En 1914, botou a andar o tranvía
que, competindo cos primeiros coches e os centos de carros unían
os barrios de Bouzas, Cabral e Chapela. Mais tarde creáronse dúas
liñas de mais longo percorrido cara ó Porriño e Baiona,
esta última moi concurrida polos veráns e cuia estación
estaba situada na actúal Praza de América.
Restos das vías polas
que transitaban os tranvías son ainda visibles na rúa Uruguay.
Espacios medraban sen parar a principios do século XX. En torno
á estrada de Castela foise formando o barrio do Calvario, cada vez
mais populoso. Os tres portos, pesqueiro, comercial e de transatlánticos
foron definidos nos anos 20 e 30, cando as empresas conserveiras e os estaleiros,
caso de Barreras, fundada en 1928, xa hexemonizaban a estampa do litoral.
40 anos do Love me do dos Beatles
Os estudios Abbey Road de
Londres son, hoxe en día, case un templo de peregrinación:
alí se rexistrou o groso das obras mestras dos Beatles. Pero cando
os 4 músicos de Liverpool acudiron alí para gravar o seu
primeiro disco, entraron pola porta de servicio e se viron obrigados a
montar os seus equipos.
Para lograr gravar as súas
propias composicións, os Beatles tiveron que prantarse cunha terquedade
temeraria. A compañía quería impoñerlles como
primeiro sinxelo a canción “How do you do it”, unha horteirada dun
tal Mitch Murria. Según Lennon “ aquello era algo realmente cursi”.
Ö final, EMI cedeu. “Love me do” editouse en outubro de 1962 e chegou
ó número 17.
“Escoitala por primeira vez
na radio foi o mayor colocón da miña vida”, contaba George
Harrison. Pero a Ringo nunca lle gustou aquela peza. E é que, na
grabación, el só toca as maracas. “O carca de George Martín
(Productor dos Beatles) impuso a un fodido batería profesional”
diría mais adiante Ringo Star.
Jim Jones: A traxedia da Guayana
James Jones era un simpático
comercial adicado á venta de peluches a domicilio na zona de San
francisco. Un día fruto dun arrebato místico decidiu tomar
os hábitos e fundar unha congregación na que os acólitos
profesaban un exaxerado culto á súa personalidade.
Coas autoridades un tanto
molestas polas actividades irregulares da súa comunidade, Jones
decidiu trasladar a súa congregación abandoando California
para instalarse nunha nova cidade, curiosamente chamada Jonestown, no corazón
da selva guayanesa.
Libre de toda vixilancia,
Jones instaurou un réxime dictatorial onde a escravitude e o dereito
de pernada eran só a punta de lanza dun universo de loucura e aberración.
Alertados por algúns
acólitos arrepentidos, as autoridades estadounidenses enviaron unha
delegación para investigar os supostos desmanes cometidos na comunidade.
A delegación gubernamental,
congresista Leo Ryan á cabeza, foi masacrada e a matanza foi recollida
por un cámara que acompañaba á expedición antes
de ser abatido el mesmo.
Acorralado e coa súa
cidade en virtual estado de sitio, Jones decretou o suicidio masivo por
inxestión de veneno; os indecisos foron acribillados e o total de
supervivintes apenas alcanzou a decena. O propio Jones foi atopado
morto cun disparo na cabeza.
Historias do programa nº2 (12/10/2002)
A censura e o rock
O rock como calqueroutro medio
de expresión foi moi perseguido nalgúns paises ó longo
do planeta. Sobre todo, se ese país vivía nunha dictadura
ou estado de represión. Como, por exemplo, ocorriu na España
de Franco ou na Arxentina de Videla.
En Arxentina, o desarrollo
da escena do rock empezou a finais dos anos 60 pero o réxime dictatorial
que se implantou unha década mais tarde, a mans do xeneral Videla,
trouxo consigo a aplicación de medidas contundentes en canto á
liberdade de expresión que afectaron negativamente ós grupos
e cantantes.
Non só os cantautores
politizados foron vetados, senón tamén moitos expoñentes
da canción lixeira e o rock. En 1981, o governo arxentino dispoñía
dunha lista negra na que figuraban 222 cancións cuia publicación
e difusión estaban oficialmente prohibidas. Nesta lista negra, había
casos curiosos como os seguintes:
Amor libre e Jamás de Camilo Sesto
Las mujeres ni fú ni fá
de Peret
Te recuerdo Amanda de Victor Jara
Pequeño Superman de Perales (tema
que o réxime considerou unha denuncia do consumismo)
No nos moverán de Joan Baez
Cocaine de Eric Clapton
E a canción que imos escoitar agora
Sólo pienso en ti de Victor Manuel.
O crecemento de Vigo
No ano 1900, Vigo contaba
con 23.000 habitantes e era a quinta cidade de Galicia tras Lugo, Ferrol,
Compostela e A Coruña (que duplicaba en nº a Vigo).
O gran auxe demográfico
tivo lugar entre 1960 e 1980, periodo no que Vigo gañou 100.000
habitantes, cifra que lle proporcionou a Vigo unha pirámide de poboación
moi xoven; catro de cada dez novos residentes eran ourensáns.
En 1968, Vigo pasou a ser
a primeira cidade galega por nº de habitantes. Ante tal circunstancia,
houbo que aloxar a miles de novos residentes pero a actuación inmobiliaria
nesas décadas deixou moito que desexar.
A cidade cambiou de fisonomía
brutalmente en tan só 50 anos, e en pouco se parece o Vigo de agora
ó dos anos 50. Da rúa Ecuador á praza de España
todo era monte, o mesmo que a Gran Vía e as actuais rúas
Zamora e Barcelona, que non existían. Nos terreos do actual Concello
había entón un cuartel, e a Vía Hispanidade era unha
corredoira rural que bordeaba o Castro. Na zona das Travesas, en fronte
do Instituto santa Irene, estaban solitarias, as casas das Pernas, e no
outro ángulo remataba o percorrido do tranvía urbano nunha
estación da que partía a liña de Baiona
As avenidas de Castrelos,
Fragoso, Florida e Castelao nin se maxinaban ainda. Ata 1963 non se iniciou
o polígono de Coia. Dende o paseo de Alfonso e Llorente se baixaba
á praia de San Francisco. Antes de trazarse a avenida de Beiramar,
o camiño ás Travesas era o actual tramo Pi i Margall-Lopez
Mora, daquela todo rural, sulcado polas vías do tranvía e
abeirado por chalés, do que é bo exemplo O Pilar, a actual
casa da Xuventude.
Nos anos 40 e 50 creáronse
as grandes empresas de construcción naval, caso de Vulcano, Santodomingo,
Ascón e Freire. En 1960 creuse a empresa pesqueira Pescanova e en
1957 Citroen. Outras empresas como Alvarez ou Refrey, completaban unha
amplísima oferta laboral, naqueles anos nos que se abría
o Aeroporto de Peinador e comezaba a construirse o Hospital Xeral.
40 anos de James Bond
James Bond acaba de cumprir
40 anos. Moitas aventuras correu esta personaxe desde aquel outubro de
1962 cando se estrenara a 1ª película. A película titulábase
“007 contra o Doutor Non” e estaba interpretada por Sean Connery.
Sean Connery interpretaría
o papel de James Bond en 7 ocasións. Os fans do axente 007 considéranno
o mellor James Bond de todos os actores que interpretaron este papel. E
iso que Sean Connery chegou a afirmar que odiaba a personaxe de Bond.
Roger Moore tamén
interpretou a Bond en 7 ocasións. Chegouse a dicir que parecía
estar anunciando un brandy mais que facendo de espía. George Lazenby
nunha ocasión (sen dúbida o peor 007), Timothy Dalton en
dúas e Pierce Brosnan en tres ocasións polo de agora.
James Bond foi obra de Ian
Fleming, comandante da Mariña Británica que, desde o seu
retiro en Xamaica, escribiu 12 novelas co seu espía como protagonista
que logo deron lugar a 20 películas.
O patrón das películas
é sempre o mesmo. James Bond ou Axente 007 é un tipo maduro
e atractivo, sempre fiel ós servicios da súa Maxestade británica.
En todas as películas Bond conta cunha serie de artiluxios feitos
exclusivamente para el, que lle axudarán a derrotar ó enimigo.
Sempre está rodeado de mozas xeitosas coas que acabará na
cama. O seu viño é un Pedignon do 56, entende de roupa, perfumes,
e fuma un tabaco que fan exclusivamente para el.
Ou sexa, temos o primeiro
“pijo” cinematográfico da historia.
Dentro de pouco, estrenarase
unha nova entrega de James Bond. A película leva por título
“Morrer outro día”, e está interpretada por Pierce Brosnan
e Halle Berry.
Historias do programa nº1 (5/10/2002)
Rúa dos poboadores
Ben é sabido por case
todos de vos que Vigo é a cidade mais grande de Galiza, pero non
sempre foi así, de feito o aumento de poboación non se deu
ata os anos 60.
No ano 1440 era tan pouca
a poboación que o rei Xoán II outorgou unha carta-póboa
concedendo privilexios a todos aqueles que quixeran vivir en Vigo. Esa
foi a razón pola que despois se chamou Rúa dos Poboadores
a esa coñecida travesía do casco vello, barrio que ainda
conserva evidentes signos do irregular trazado urbanístico
medieval.
Queen
Queen é un dos poucos
grupos no que todos os componentes aportaron algo nos grandes éxitos
do grupo. Así Freddy Mercury compuso a lexendaria Bohemian Rhapsody
ou o We are the champions, Brian May compuso a que xa é todo un
himno We will rock you, o batería Roger taylor compuso Radio gaga
ou a kind of magic e o baixista John Deacon compuso Another one bites to
dust, friends will be friends ou I want to break free.
Esta última canción
era orixinalmente unha canción de amor ainda que nalgúns
paises de Sudamérica e en Sudáfrica convertiuse nun himno
de liberación. Moitos periodistas preguntáronlle a Freddy
se esa canción era un himno á liberación gay e Freddy
sempre respondía: “Que va...se non a escribin eu. Foi John que está
casado e ten dous fillos”.
Ed gein
Películas de terror
tan famosas como Psicosis ou A matanza de Texas tiveron un precedente na
vida real. A personase na que se inspiraron esas dúas películas
foi un tipo chamado Edward Gein.
Ed Gein foi educado por unha
nai castradora e dominante que, á súa morte en 1945, deixou
tras de si a un fillo de 39 anos emocionalmente incapaz e psicolóxicamente
perturbado. Coa única ocupación de facer chapuzas nas casas
dos seus viciños e levado pola súa insoportable soedade,
Gein empezou a aficionarse a pasar as noites no cemiterio local de
Plainfield, Wisconsin, desnterrando cadáveres.
Se nos atenemos á
clásica definición do asasino en serie como alguén
que mata polo menos a tres persoas nun periodo dilatado de tempo, Gein
escapa a tal definición xa que unicamente se recoñece que
asasinara dúas mulleres, unha en 1953 e outra en 1957.
Precisamente, durante a investigación
sobre a desaparición desta segunda víctima foi cando a policía,
atopando sospeitoso a Gein, irrumpiu na súa casa para atopar á
víctima decapitada e suspendida do teito polos nocellos, disposta
para ser aberta en canal. Na casa, denominada pola prensa no seu momento
como unha auténtica “casa dos horrores”, se atoparon obxetos de
fabricación caseira tales como sillas tapizadas con carne humana,
lámaparas cuias pantallas estaban confeccionadas con pel, un coitelo
cuio mango era de oso humano, oito vaxinas desecadas e varios fetiches
mais; pero sen dúbida o obxeto estrela era un delantal feito coa
pel do torso duna muller, co que Gein gustaba de disfrazarse maxinando
ser a sua propia nai.
Tras dez anos de reclusión
nun hospital psiquiátrico, Gein foi xulgado; a pesar de ser declarado
culpable, se lle declarou incapacitado mentalmente, polo que volveu ó
centro psquiátrico onde morreu de cancro en 1984.