PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2000-2001

 

ÍNDICE:

1. Datos de identificación do centro

2. Órganos de goberno unipersonais

3. Órganos de goberno colexiados.

3.1 Consello Escolar

3.2 Xunta Económica (Consello Escolar)

4. Órganos de coodinación docente

5. Obxectivos xerais-contidos-avaliación

6. Metodoloxía

7. Horarios

8.Xornada única

9. Festas no centro

10. Saídas

11. Asociación de nais e pais (ANPA)

12. Actividades extraescolares

13. Actividades de formación de profesoras

14. Audición e linguaxe

15. Normalización lingüística

16. Inglés (Plano experimental)

 

1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO CENTRO Inicio

Nome do centro: Villalaura

Enderezo: Rúa Hispanidade nº 86

Localidade: Vigo

Provincia: Pontevedra

Teléfono: 986 471410

Distrito postal: 36211

Tipo de centro: Escola Pública de Educación Infantil

Número de profesoras: 13

Profesoras de audición e linguaxe: 1

Auxiliar: 1 (compartida co Colexio Doutor Fleming)

2. ÓRGANOS DE GOBERNO UNIPERSONAIS Inicio

Directora: Martina Navaza Blanco

Xefa de Estudios: Mª Amparo Robledo Fernández

Secretaria: Mª Remedios Iglesias Iglesias

3. ÓRGANOS DE GOBERNO COLEXIADOS Inicio

3.1 CONSELLO ESCOLAR

DIRECTORA (PRESIDENTA):

Martina Navaza Blanco

XEFA DE ESTUDIOS:

Mª Amparo Robledo Fernández

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

REPRESENTANTE DE PAIS DE ALUMNOS:

Guillermo Iglesias Díaz

MESTRES:

Raquel Fernández Vázquez

Rosa Fernández Fernández

Aurea Lobeiras Losada

Rosa Barbosa Suárez

Ana Álvarez Segura

SECRETARIA DO CENTRO:

Mª Remedios Iglesias Iglesias

 

3.2 XUNTA ECONÓMICA (CONSELLO ESCOLAR) Inicio

PRESIDENTA:

Martina Navaza Blanco

SECRETARIA:

Mª Remedios Iglesias Iglesias

REPRESENTANTE DOS PAIS:

REPRESENTANTE DAS MESTRES:

Aurea Loberia Losada

 

3.3 CLAUSTRO DE PROFESORAS:

Rosa Fernández Fernández

Raquel Fernández Vázquez

Aurea Lobeiras Losada

Mª Amparo Robledo Fernández

Martina Navaza Blanco

Mª Remedios Iglesias Iglesias

Mª del Carmen Paz Camps

Ana Álvarez Segura

Josefa Ochoa Gallego

Rosa Barbosa Suárez

Mª Rosario Obeso Oliveira

Amelia Rodríguez Vázquez

Olga Cruz Requengo

Ana Raquel Silva Fernández

4. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE Inicio

A) EQUIPOS DE CICLO

3 anos: 1º NIVEL

4 anos: 2º NIVEL

5 anos: 3º NIVEL

COORDINADORA:

Amelia Rodríguez Vázquez

B) COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA:

Directora (presidenta):

Martina Navaza Blanco

Xefa de estudios:

Mª Amparo Robledo Fernández

Coordinadora do ciclo:

Amelia Rodríguez Vázquez

Coordinadora do equipo de normalización lingüística:

Rosa Fernández Fernández

Coordinadora do Departamento de Orientación:

Rosa Barbosa Suárez

Secretaria:

Mª Remedios Iglesias Iglesias

C) EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

3 anos: 1º NIVEL

4 anos: 2º NIVEL

5 anos: 3º NIVEL

COORDINADORA:

Rosa Fernández Fernández

D) EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS EXTRAESCOLARES

XEFA DE EQUIPO:

Mª del Carmen Paz Camps

5. OBXECTIVOS XERAIS DO CENTRO. Inicio

OBXECTIVOS DO CENTRO E MEDIDAS A DESENVOLVER

1. Potencia-lo desenvolvemento da autonomía persoal dos alumno/as nas actividades cotiás, adquirindo hábito e técnicas básicas de traballo persoal, constancia, atención e orde polas tarefas e nas relacións en grupo.

2. Establecer vínculos fluídos de relación cos adultos, que faciliten a integración na sociedade de forma crítica e creativa, así como promover actitudes non sexistas nin racistas, respecto ós demais, curiosidade polo que nos rode, desterrar prácticas descalificadoras e autoritarias e potenciar aquelasoutras que permitan acadar unha mentalidade aberta.

3. Amosar estima ós demais respetando a lingua, cor, relixión, ideoloxía e maneira de ser de cada quen

4. Estimar e valora-lo galego como lingua propia de Galicia

5. Recoñece-lo valor comunicativo da lingua inglesa, de acordo cos intereses e idades de cada un

6. Espertar e fomenta-lo interese e o gusto pola lectura

7. Desenvolve-la expresión e a comunicación a través da música da plástica e a dramática

8. Coñecer a aprecia-lo propio corpo, e contribuir ó seu desenvolvemento coa adquisición, de forma autónoma, de hábitos e actitudes básicas e saúde, coidando o benestar persoal, alimentación e repouso.

9. Descubrir e emprega-las posibilidades motrices, sensitivas e expresivas do corpo, para transmitir sensacións, ideas e estado de ánimo, dosificando esforzo para acadar un nivel de autoesixencia acorde coas posibilidades reais de cada un

10. Apreciar e valora-lo entorno para acadar unha correcta integración no mesmo que estimule o coidado e a mellora do mesmo.

11. Esperta-lo sentido estético e a sensibilidade para descubri-las belezas da natureza

12. Comprender e valora-la nosa vida en relación coa natureza que nos rodea e en contacto cos fenómenos físicos-naturais.

 

ACTIVIDADES A REALIZAR

1. Actividades pro descubrimento

2. Actividades baseadas en coñecementos previos para conseguir aprendizaxes significativas

3. Actividades de reforzo e compensación individual

4. Practicar diariamente normas da aula e do centro: orde do material, conservación, limpeza da aula e dos exteriores, orde nas entradas e saídas

5. Actividades de psicomotricidade, motricidade fina, conceptos espacio-temporais, coordinación visio-manual, xogos simbólicos...

6. Facer recetas de cociña sinxelas

7. Xogar con rompecabezas, regretas...

8. Realizar observación e dialógos sobre láminas, contos, historietas...

9. Preparar e realizar debates, diálogos, exposicións orais...

10. Realizar audicións, representacións e elaboracións de distintas formas e manifestacións musicais (infantís, clásica, modernas, folclóricas).

11. Elaborar diferentes propostas plásticas, empregando témperas, facendo collages, modelado...

12. Realizar e improvisar xogos rítmicos e de movemento, e diferentes fragmento rítmicos e melodías.

13. Realizar xogos de mimo, pantomima e títeres.

14. Realizar dramatizacións e representacións dramatizadas de contos.

15. Colaborar na preparación de festas: Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas, Fin de Curso.

 

6. METODOLOXÍA Inicio

Dáda-las características da evolución infantil é especialmente importante nesta etapa conduci-los procesos educativos a través da experiencia persoal dos nenos, a actividade, o xogo e a aprendizaxe polo descubrimento.

Intentamos asumir íntegramente as diferencias individuais nunha formulación constructivista, asumindo a necesidade dun axuste entreámbolos dous elementos.

O enfoque globalizador e persoalizado é o máis indicado para este ciclo.

 

7. HORARIOS Inicio

Criterios pedagáxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos:

O PLANO DE ADAPTACIÓN FARASE CON NENOS DE 3 ANOS

 

PLANO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS

O obxectivo do período de integración é o de facilita-la incorporación dos pequenos/as á escola, tratando de palia-las dificultades iniciais. Para elo recurriremos tanto á flexibilidade horaria como á diversidade dos agrupamentos, para establece-los horarios máis idóneos e unha atención individualizada.

O período de integración lévase a cabo ó longo do mes de setembro e finaliza o día 1 de outubro.

Lévase a cabo na aula. É a primeira toma de contacto cós nenos e nenas, que virán acompañados da súa familia. Charlamos distendidamente, sen tomar notas escritas durante a entrevista, tratamos de obter información sobre as características de cada pequeño ou pequena.

Durante a entrevista ensinámolle-las instalacións e o material, tanto da aula como do colexio, fancedo especial fincapé nos cuartos de baño. Tratamos de que os pequenos/as manipulen e xogune con algúns materiais.

 

PLANO DE ADAPTACIÓN

15 de setembro: 6 alumnos/as

18 de setembro: 6 alumnos/as

19 de setembro: 7 alumnos/as

20 de setembro: Os 9 primeiros da lista

21 de setembro: Os 10 últimos da lista

22 de setembro: Os 9 primeiros da lista

25 de setembro: Os 10 últimos da lista

26 de setembro: Os 9 primeiros da lista

28 de setembro: Todos

29 de setembro: Todos

-Do 15 de setembro ó 29 de setembro ® Horario: de 10h a 12

-O día 1 de outubro ® Horario de 9h a 14h

 

RECREOS

SETEMBRO E XUÑO

Primeiro recreo de 10:30 a 11:00

Segundo recreo de 12:15 a 12:45

A PARTIR DE OUTBRO

Primeiro recreo de 11:00 a 11:30

Segundo recreo de 13:00 a 13:30

O recreo será no patio exterior os días bós. Se chove os nenos de 3 anos irán ó primeiro patio e os de 4 e 5 anos usarán o patio cuberto.

 

HORARIO

As tardes dos martes

REUNIÓNS DE CLAUSTRO

REUNIÓNS DE CICLOS

REUNIÓNS FORMACIÓN NO CENTRO

 

HORARIO RECIBIR PAIS

Tódolos martes de 17:00 a 18:00

As profesoras –titoras- recibirán ós pais que o dexesen

 

HORARIO DE AULA (FLEXIBLE)

-Habituación

-Traballo individual

-Recreo

-Psicomotrocidade

-Traballo en común

-Cálculo

-Recreo

-Plástica

-Conto-Canción-Poesía

 

HORARIO QUINCENAL DA 6ª HORA DE OBRIGADA PERMANENCIA NO CENTRO

 

L

M

MER

X

V

L

M

MER

X

V

De 14 a 14:30

 

 

TODOS ½ HORA

TODOS ½ HORA

     

TODOS ½ HORA

TODOS ½ HORA

 

ADICACIÓN

POLAS TARDES

3 PROF.

2 H.

TODOS

3 H.

2 PROF

2 H

2 PROF

2 H

 

3 PROF.

2 H.

TODOS

3 H.

2 PROF

2 H

2 PROF

2 H

 

TEMPO TOTAL

 

6 HORAS DOS MARTES + 2 HORAS DOS MERC. E XOVES + 2 HORAS DO DÍA DE GARDA = 10 HORAS

 

 

CALENDARIO DO CURSO

O OFICIAL

Do Consello Escolar:

 

8. XORNADA ÚNICA Inicio

O horario lectivo é de 9h a 14 h. Con dous recreos intercalados.

O Consello Escolar, Claustro de Profesoras e Equipo Directivo consideran que a xornada continuada é moi positiva tanto para os nenos/as como para as mestras

 

9. FESTAS NO CENTRO Inicio

Celémbranse 5 festas ó longo do curso:

A cordialidade das relacións Escola-Familia e a confianza mútua entre os pais e as profesoras é importante en calquera etapa educativa, pero a repercusión que terá este factor no comportamento do neno/a quizais sexan máis notorias na etapa infantil. Por elo, o colexio mantén cós pais unha comunicación fluida e frecuente.

 

10. AS SAÍDAS Inicio

Solicitaránse as ofertadas polo Concello e o CEFOCOP estando pendentes da súa confirmación.

 

11. ASOCIACIÓN DE PAIS Inicio

PRESIDENTE/A: Guillermo Iglesias Díaz

VICEPRESIDENTA 1ª: Ermitas Lorenzo Gómez

VICEPRESIDENTE 1º: Manuel Velasco Graña

TESOREIRA: Sonia Montenegro

SECRETARIA: María Padín

VOCAIS: J. Luis Martínez Murillo Méndez, Teresa Pérez Pérez, Manuela Vicente, Mónica Iglesias, Ana María Rocha

Teléfono contacto: 986 420858 (días escolares de 9:00 a 10:00 horas)

12. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Inicio

As actividades extraescolares son organizadas pola Asociación de Pais do colexio, como en anos anteriores.

O finanzamento faise mediante as cuotas anuais dos pais socios da APA mais unha cuota mensual por actividade escollida por cada alumno/a, sexa ou non o seu pai membro da APA.

As actividades extraescolares levaranse a cabo de luns a venres das 16:00 h. Ás 18:00.

O Centro garante a presencia do profesorado (durante as clases) ostentando a representación oficial do centro.

 

13. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE PROFESORAS Inicio

Recibidas polas profesoras e organizadas polo CEFOCOP.

Solicítanse programas de formación o CEFOCOP quedando pendentes de admisión.

 

LIBROS DE TEXTO

3 ANOS

"BOEING-BOEING" (Editorial Edebé)

4 ANOS

"LA VACA MANCHA" (Editorial Edelvives)

5 ANOS

"TRIS-TRAS" (Editorial S.M.)

Libro de lectura: "ÉRASE UNA VEZ" (Editorial Edelvives)

"

14. AUDICIÓN E LINGUAXE Inicio

PROGRAMACIÓN XERAL

Tempo: anual

Idades: 3,4,5 anos

Obxectivos

a. Modificar ou correxi-la conducta lingüística alterada.

b. Estimula-lo desenvolvemento lingüístico nos alumno que presentan retraso e deficiencias sensoriais e síquicas.

c. Preve-la aparición de posibles alteracións lingüísticas.

d. stimula-lo desenvolvemento da linguaxe de maneira xeneralizada.

 

1. Acadar respirar axeitadamente

2. Facilita-lo control, intensidade e a direccionalidade do soplo.

3. Desenvolve-la percepción e a descriminación auditiva e fonética.

4. Tomar conciencia e desenvolve-lo sentido do ritmo.

5. Exercita-lo funcionamento dos órganos fonoarticulatorios.

6. Adquirir e incorpora-lo sistema fonolóxico á fala habitual de cada neno.

7. Adquirir e desenvolver-la capacidade de expresión.

8. Adquirir e desenvolve-la capacidade de comprensión.

9. Favorece-lo uso funcional e social da linguaxe.

 

3 anos

1.Acadar respirar axeitadamente

1.1 Percibi-la imaxe do propio nariz.

1.2 Descubrir e experimenta-lo nariz dos compañeiros.

1.3 Aprender a sonarse.

1.4 Inicia-la relaxación global.

1.5 Vivenciar e experimenta-la respiración.

2. Facilita-lo control, a intensidade e direccionalidade do soplo

2.1 Descubri-las posibilidades do soplo.

2.2 Descubri-la forza do soplo.

2.3 Descubri-la instrumentalización do soplo.

2.4 Experimenta-lo movemento vibratorio do soplo.

3. Desenvolve-la percepción e a discriminación auditiva e fonética

3.1 Aprender a oír ruídos espontáneos, provocados ou ambientais.

3.2 Descubri-las posibilidades súa voz.

3.3 Inicia-la execución de onomatopeias.

3.4 Descubri-las posibilidades sonoras das mans e dos pes.

3.5 Descubri-las posibilidades sonoras dos obxectos.

3.6 Inicia-la audición de contos.

3.7 Inicia-la audición e aprendizaxe de cancións.

3.8 Experimentar sons de percusión.

4. Tomar conciencia e desenvolve-lo sentido do ritmo.

4.1 Vivenciar globalmente o propio ritmo interno.

4.2 Inicia-la imitación dun ritmo externo global.

4.3 Acompaña-lo ritmo dunha canción con palmas.

5. Exercita-lo funcionamento dos órganos fonoarticulatorios.

5.1 Potencia-los movementos mandibulares.

5.2 Potencia-la forza mandibular.

5.3 Vivencia-los movementos linguais.

5.4 Potencia-la elasticidade, movilidade e a implosión labial.

6. Incorpora-lo sistema fonolóxico á fala habitual dos nenos

6.1 Mellora-las funcións que inciden na expresión oral a través dun tratamento indirecto

6.2 Promover características funcionais que impidan a aparición de posibles alteracións.

7. Adquirir e desenvolve-la capacidade de expresión

7.1 Desenvove-la formación de estructuras léxico-semánticas a través da nominación, da percepción, da discriminación visual e da iniciación á enumeración

7.2 Desenvolve-la formación de estructuras morfosintáticas usando a asociación, a observación e a manipulación.

7.3 Desenvolve-la estructuración progresiva da frase.

7.4 Desenvolve-la formación de estructuras narrativas utilizando a iniciación de contos e a narración de experiencias.

8. Adquirir e desenvolve-la capacidade de comprensión.

8.1 Seguir unha orde simple con un verbo de acción

8.2 Seguir unha orde que conteña verbo máis obxecto ou sustantivo e máis adxectivo.

8.3 Seguir unha orde complexa de selección de dous obxectos.

8.4 Seguir unha orde complexa que conteña verbo máis substantivo, máis complemento introducido polas partículas enriba, debaixo, dentro e fóra.

9. Favorece-lo uso funcional e social da linguaxe.

9.1 Responder á petición de que diga o seu nome, nomes de seus pais e oficios.

9.2 Saudar con hola, bos días e dicir adeus ou ata logo.

9.3 Sabe-lo nome da súa mestra

9.4 Verbaliza-las súas necesidades básicas. Como ir ó water, ter fame etc.

9.5 Verbaliza-lo seu estado: estar canso, algunha doenza, etc.

4anos

1 Acadar respirar adecuadamente

1.1 Vivencia-lo nariz

1.2 Iniciar hábitos de hixiene nasal.

1.3 Experimentar e practica-la respiración abdominal

1.4 Explora-la suficiencia nasal.

1.5 Inicia-la relaxación global

1.6 Inicia-la relaxación segmentaria de brazos e pernas

 

2. Facilita-lo control, a intensidade e a direccionalidade do soplo

 

2.1 Experimenta-lo movemento vibratorio do soplo

2.2 Descubri-las posibilidades do soplo

2.3 Descubri-la forza do soplo

2.4 Descubri-la intensidade do soplo

2.5 Descubri-la instrumentalización de soplo

2.6 Descubri-la velocidade do soplo

2.7 Descubri-la direccionalidade do soplo

2.8 Avalia-la adecuada maduración do soplo

 

 

3. Desevolvela-la percepción e a discriminación auditiva e fonética.

 

3.1 Oir sons reais, do medio ambiente, de obxectos sonoros espontáneos ou provocados.

3.2 Identificar e recoñecer sons reais

3.3 Reproducir sons.

3.4 Escoitar cancións.

 

4. Tomar conciencia e desenrola-la o sentido do ritmo

 

4.1 Vivenciar globalmente o propio ritmo interno

4.2 Inicia-la imitación dun ritmo extendo.

4.3 Inicia-la adecuación aun ritmo lento e a un ritmo rápido

4.4 Interpretar secuencias rítmicas sinxelas, con palmas, con instrumentos, coa fonación e con palmas e fonación.

 

5. Exercita-lo funcionamento dos órganos fonoarticulatorios

 

5.1 Potenciar e controla-la movilidade lingual.

5.2 Vivencia-la sensibilidade lingual.

5.3 Potencia-la tonicidade lingual.

5.4 Potencia-la forza lingual.

5.5 Exercita-las mandíbulas.

5.6 Exercita-la movilidade labial.

 

6. Incorpora-lo sistema fonolóxico á fala habitual dos nenos

 

6.1 Mellora-las funcions que inciden na linguaxe oral a través do tratamento indirecto.

6.2 Incia-la corrección das diferentes dislalias (segundo a situación particular e a vista de cada diagnóstico, realizaránse con cada neno os exercicios necesarios para as dificultades que presente).

 

7. Adquirir e desenvolve-la capacidade de expresión

7.1 Desenvolve-la formación de estructuras léxico-semánticas a través da nominación por asociación, por discriminación auditiva e por enumeración

7.2 Desenvolve-la formación de estructuras morfosintácticas, seguindo coa manipulación, coa asociación e cos xogos creativos.

7.3 Desenvolve-la formación de estructuras narrativas a través da narración de contos, co xogo dramático e coa narración de experiencias.

8. Adquirir e desenvolve-la capacidade de comprensión

8.1 Seguir unha orde complexa de selección de tres obxectos e de duas accións.

8.2 Seguir unha orde secuencial de duas accións.

8.3 Executar unha orde complexa de selección de dous obxectos e de duas accións.

8.4 Seguir unha orde que conteña complementos coas partículas cerca-lonxe, no medio enriba e de baixo.

8.5 Seguir orden sinxelas que conteñan os adxectivos demostrativos (este, ese, aquel).

 

9. Favorece-lo uso funcional e social da linguaxe

 

9.1 Responder a peticións de informacións sinxelas

9.2 Sabe-lo seu nome e apelidos, nome de seus pais e de seus irmáns.

9.3 Dedici-lo nome de seus compañeiros más achegados.

9.4 Seguir unha conversación en grupo.

9.5 Saber conversar cos seus compañeiros

9.6 Verbalizar os seus desexos propósitos e estados de ánimo

9.7 Responder ou inicia-lo saúdo e a despedida.

5 anos

1. Poder respirar axeitadamente

1.1 Vivencia-la función respiratoria

1.2 Crear hábitos de hixiene nasal.

1.3 Practica-la respiración para acadar maior amplitude respiratoria.

1.4 Adquiri-lo hábito de respirar polo nariz

1.5 Practica-la relaxación de bronquios, pulmóns, abdomen e tórax.

1.6 Descubrir, desenrolar e consolida-la función olfativa

2. Facilita-lo control, intensidade e direccionalidade do soplo

2.1 Consolida-la intensidade do soplo

2.2 Experimenta-la duración do soplo

2.3 Experimenta-la altura do soplo

2.4 Experimenta-la coordinación visomotriz

3. Potencia-la percepción e a discriminación auditiva e fonética

3.1 Oír sonidos reais de intrumento

3.2 Identificar e recoñecer cualidades sonoras.

3.3 Reproducir sons.

3.4 Asociar sons grabados a imaxes visuais.

3.5 Discriminar sonidos grabados do propio corpo, do mundo natural, de instrumentos, etc.

 

4. Tomar conciencia e desenrola-lo sentido do ritmo

4.1 Introducí-la adecuación global e segmentaria a ritmos rápidos e lentos e externos.

4.2 Reproducir frases rítmicas sinxelas.

4.3 Inventar frases rítmicas.

 

5. Exercita-lo funcionamento dos órganos fonoarticulatorios

5.1 Afianza-la movilidade lingual.

5.2 Favorece-la elasticidade.

5.3 Aplica-lo control ós movementos linguais.

5.4 Consolida-la forza lingual.

5.5 Afianza-los movementos mandibulares.

5.6 Favorece-la disociación mandibular.

5.7 Exercita-lo padal.

 

6. Adquirir e incorpora-lo sistema fonolóxico á fala normal dos nenos

6.1 Intensifica-los exercicios do tratamento indirecto iniciado na etapa anterior.

6.2 Aplica-lo tratamento directo para seguir coa corrección das dislalias segúndo o proceso siguiente.

6.2.1 Emiti-lo fonema ausente ou defectuoso aisladamente.

6.2.2 Realizar exercicios co fonema sacado en silaba directa inicial, media e mixta.

6.2.3 Realizar exercicios con fonema sacado en silaba inversa, final e media.

6.2.4 Automatiza-la articulación dos fonemas e dos sinfóns, para integra-los na linguaxe espontánea.

(A emisión e a integración dos fonemas r simple e r vibrante dos sinfóns en algún caso non se acada na etapa de escolarización infantil, dependendo da evolución e da problemática que presenta cada neno)

 

7-Adquirir e desenvolve-la capacidade de expresión

 

7.1 Desenvolve-la construcción morfosintáctica utilizando a hipotáxis condicional causal

7.2 Favorece-la creación expresiva coa expresión libre.

7.3 Desenvolve-las estructuras narrativas con dramatizacións e cantos.

 

8-Adquirir e desenvolve-la capacidade de comprensión

8.1 Seguir unha orde simple con un verbo de acción

8.2 Seguir unha orde que conteña verbo máis obxecto ou sbstantivo máis adcectivo.

8.3 Seguir unha orde complexa que conteña verbo máis substantivo máis complemento introducido por las partículas, encima-debaixo, dentro-fóra.

 

 

 

9-Favorece-lo uso funcional e social da linguaxe

9.1 Sabe-los seus datos personais máis elementais e o seu enderezo.

9.2 Enumerar e nomear os compoñentes da súa familia.

9.3 Facer uso da linguaxe de cortesía axeitada, bos días boas tardes, etc.

9.4 Verbalizar as súas necesidades.

9.5 Manifesta-los seus desexos e intencións.

9.6 Saber respetar turno para intervir na conversa en gran grupo

Curso 2000-2001
Audición e Linguaxe
Profesora Rosa Barbosa Suárez

 

HORARIO

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1ª sesión

 

Xuntanza coa

xefa do

departamento

de Orientación

Nenos

de

5 anos

Nenos

de

5 anos

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

5 anos

2ª sesión

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

5 anos

Nenos

de

4 anos

3ª sesión

Nenos

de

5 anos

Nenos

de

3 anos

Nenos

de

3 anos

Nenos

de

3 anos

Nenos

de

3 anos

4ª sesión

R

E

C

R

E

O

5ª sesión

 

 

Nenos

de

3 anos

Nenos

de

5 anos

Nenos

de

4 anos

Nenos de

4 anos

Nenos

de

4 anos

6ª sesión

Nenos de

5 anos

R

E

C

R

E

O

7ª sesión

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

4 anos

Nenos

de

5 anos

 

15. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Inicio

1. XUSTIFICCIÓN DE MOTIVOS

A lei 3/1983 de 15 de Xuño sobre Normalización Lingüística de Galicia, en consonancia co establecido no artigo 3 da Constitución Española de 1978 e no artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, garante a igualdade do galego e o castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como língua propia do noso pobo.

Así pois, e por canto o ensino se entende coma un ámbito privilixiado de aprendizaxe da língua, tal e como establece o Decreto 247/1995 que desenvolve a Lei de Normalización Lingüística para a súa aplicación na docencia nos niveis non universitarios, creanse os Departamentos de Normalización Lingüística nos centros de ensino non universitario.

Desde esta lóxica constitúese o Equipo de Normalización Lingüística do Centro de Educación Infantil Villalaura de Vigo. Constitúese coma un órgano de coordinación docente encargado de potencia-lo uso da língua galega no Centro, así como das competencias que a el atribúe o Decreto 374/1996, no que se establece o Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil de Galicia.

Está constitúido o mencionado Equipo de Normalización Lingüística do Centro Villalaura, por un membro de cada un dos niveis que conforman o Equipo de ciclo e por unha coordenadora, tal e como figuara seguidamente:

 

Coordenadora do Equipo: Rosa Fernández Fernández

 

 

CONTEXTUALIZACIÓN E OBXECTIVOS.

O centro de Educación Villalaura está encravado no núcleo urbano de Vigo e conta con once unidades que acollen a nenos e nenas dos tres niveis do segundo ciclo de Educación Infantil. Trátase dun alumnado pertencente a familias castelán falantes e de nivei socioeconómico medio-alto, residentes na zona centro do núcleo urbano de Vigo.

Tendo en conta esta circunstancia, o Claustro de Profesoras do Centro Villalaura interpretou que o castelán é, tanto a língua materna da ampla maioría do alumnado coma a língua ambiental. Por canto o profesorado debe respecta-lo dereito dos alumnos a recibi-la primeira ensinanza nesta língua, tal e como establece o Decreto 247/1995.

Desde este respecto, o Equipo de Normalización Lingüística establece a utilización do castelán como língua predominante no ensino no Centro, así com o uso do galego nas actividades educativas, cunha temporalización de alomenos dúas horas semanais. Atendendo en todo caso ás peculiaridades de cada alumno e prevendo a atención a aqueles nenos que poidan non ter como língua materna o castelán.

Tendo en conta as características propias do centro e do seu alumnado, asi como o feito de considera-la normalización un proceso continuado e a completar ó longo dos tres niveis educativos que configuran o ciclo, o Equipo de Normalización Lingüística acordou determinar como obxectivos básicos para o curso 1997/1998 e en complemento do establecido durante o ano académico anterior, os seguinte:

Velar polo cumprimento do acordo que establece que tódalas actuacións administrativas de réxime interno –actas, comunicacións, anuncios, etc.- se redacten en língua galega, ademais de que en tódalas relacións que manteña o Centro con outras entidades galegas públicas ou privadas se fomente o uso do galego.

Asegura-la utilización da língua galega nas aulas un mínimo de dúas horas semanais, co fin de que tódolos alumnos o coñezan ó mesmo nivel que o castelán ó finaliza-lo ciclo educativo.

Fomentar o coñecemento da cultura e tradicións galegas entre o alumnado. Coma un modo de reforza-la normalización da língua galega, entendida esta como expresión máis significativa e viva da cultura e da identidade galega, e mesmo coa pretensión de acadar un obxectivo básico da Educación Infantil, que pretende o coñecemento por parte do neno do medio social no que está inmerso.

 

ACTIVIDADES E METODOLOXÍA

Co fin de facer cumprir estes obxectivos, o Equipo de Normalización Lingüística estableceu unha pautas de actuación que o profesorado do centro ha de seguir de maneira orientariva, sen perxuizo de poder introducir de maneira flexible na súa programación de aula as actividades encamiñadas á normalización da língua galega. Non se establece por esta razón un horario ríxido para a posta en práctica das mesmas.

Respectarase en todo caso a utilización da língua galega nas aulas durante un mínimo de dúas horas semanais en actividades correspondentes ás tres áreas do curriculum de Educación Infantil, de maneira que o neno se familiarice co uso do galego nas mesmas actividades nas que usa o castelán; evitando así a posiblidade de dar un paso a uha situación disglósica.

Como complemento das actividades cotiás do neno, introducirase –co fin de propicia-lo coñecemento da cultura e tradicións galegas- a aprendizade na aula de cancións e contos populares galegos e mesmo a celebración no Centro de festas tradicionais como puideran ser o Magosto ou os Maios.

Como estratexia para fometa-la equiparación na normalidade e validez do uso do galego na mesma medida que o castelán, propónse a merca de material didáctico (xogos e contos especialmente) en língua galega e adaptados ó segundo ciclo de Educación Infantil. Dada a carencia do mesmo que sofre o Centro.

 

4. AVALIACIÓN

Co fin de avalia-la consecución dos obxectivos propostos polo Equipo de Normalización e mesmo o proceso de desenvolvemento dos mesmos ou as necesidades de posibles cambios para a mellora do proceso de normalización durante o seu desenvolvemento, o Equipo de Normalización manterá varias reunións de equipo ó longo do curso académico. A periocidade das mesmas será trimestral, pero poderá incrementarse se algún membro do mesmo o considera necesario. En ditas xuntanzas irase dando conta do desenvolvemento das actividades normalizadoras e das posible suxerencias de cara á mellora do proceso.

Como resultado do proceso avaliativo elaborarase un informe anual, ó remate do curso académico no que se dará conta das actividades normalizadoras desenvolvidad e dos resultados obtidos.

 

16. INGLÉS (PLANO EXPERIMENTAL) Inicio

PROGRAMACIÓN ÁREA LÍNGUA INGLESA

CURSO 2000-2001

2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

OBXECTIVOS.

O finalizar a etapa de Educación Infantil, os nenos e nenas serán capaces de:

Mostrar unha actitude positiva e respetuosa cara o inglés e a cultura angolsaxona

Mostrar comprensión do vocabulario obxecto de estudio mediante as respostas físicas, xestos e expresións.

Comprender textos orais sinxelos relacionados cos seus intereses.

Recoñecer os aspectos sonoros, rítmicos e de entoación do inglés.

Utilizar recursos non lingüísticos para comprender e facerse comprender: técnicas plásticas, mimo...

Relaciona-lo significado, a pronunciación e a representación gráfica das palabras.

Comprender as fórmulas básicas de interacción social: saúdos, fórmula de cortesía.

Producir oralmente breves textos rítmicos e musicais: poesías, cancións...

Coordinar e utilizar os trazos básicos de preescritura.

ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS

O enfoque metodolóxico baseado na comunicación oral é fundamental o longo tanto da Educación Infantil coma no Primeiro Ciclo de Primaria xa que a finalidade da aprendizaxe dunha segunda lingua é adquirir unha competencia comunicativa.

A progresión na aprendizaxe dunha lingua faise dun modo Global. Polo tanto a presentación dos contidos adopta un enfoque cíclico é dicir, que van aparecendo en contextos e situación de comunicación similares pero novas: os números, as cores así coma o resto do vocabulario aprendido no primeiro nivel continuo reciclándose no segundo.

As actividades previstas partirán sempre de contextos que os alumnos/as dominan na sua língua materna. Favorecerase a capacidade que os alumnos teñen para asociar elementos verbais e non verbais (mímica, xestos, debuxos) a través de xogos.

O uso da expresión musical e outro recurso fundamental na aprendizaxe do inglés especialmente nestes momentos nos que o ritmo e a entoación son importante.

 

DISTRIBUCIÓN ESPACIO-TEMPORAL

Recursos materiais dispoñibles no centro

Vídeo / TV / Radiocasete

Recurso espaciais dispoñibles no centro

Espacio de usos multiples / Aula de idiomas / Patio / Ximnasio

Distribución dos espacios dentro da aula

Distribución dos pupitres en "U"

Distribución temporal

Dúas sesións de vinte minutos para cada grupo de Educación Infantil.

Dúas sesións de corenta e cinco minutos para cada grupo de 1º Ciclo de Primaria.

Inicio documento

| inicio | ANPA Magnolia |nosa Escola | activividades extraescolares | axenda | enlaces de interese |

Hosted by www.Geocities.ws

1