|
Componente do sistema |
Abreviatura Inglesa |
Bloco funcional |
Abreviatura Inglesa |
Descrición |
|
Sistema de suporte a operacións (S.O.) |
OS |
Función de sistema de operacións
(F.S.O.) |
OSF |
Monitoriza e controla as funcións de xestión de
telecomunicacións. |
|
Dispositivo de mediación |
MD |
Función de mediación (F.M.) |
MF |
Encarrega-se da función de "traducción" entre
interfaces que seguen exactamente o modelo de información do F.S.O.,
e interfaces locais TMN. Asegura que a información que pasa entre un
sistema de operacións e un elemento de rede ou adaptador Q está
correcta con respecto a ámbito, limitacións, filtros, etc. A
mediación pode ser exercida por xerarquias de sucesivos blocos
funcionais de mediación (en cascada).
Actua como conversor entre o bloco F.S.O. e F.E.R.
(ou F.A.Q.) no caso de que estes blocos de funcións teñan algunha
diferenza que faga falta resolver. |
|
Adaptador Q |
QA |
Función de adaptador Q (F.A.Q.) |
QAF |
Permite-lle ao TMN manexar elementos de rede que
non teñen interfaces TMN. F.A.Q. pode adaptar entre duas interfaces
non-TMN ou entre unha interface TMN e outra que non o sexa.
Actua como conversor entre as funcións TMN e as
funcións de fora do TMN que son de algun modo semellantes a F.E.R. e
F.S.O. Traduce entre un ponto de referéncia TMN e un ponto de
referéncia próprietário. |
|
Elemento de rede |
NE |
Función de elemento de rede (F.E.R.) |
NEF |
Leva a cabo funcións de elementos de rede: fucións
de telecomunicacións e suporte xestionadas polo TMN.
Encarrega-se da comunicación co TMN para que a rede
administrada sexa xestionada. É responsábel de representar as
funcións xestionadas no TMN, xa que estas funcións non son parte do
TMN. |
|
Estación de traballo |
WS |
Función de estación de traballo
(F.E.T.) |
WSF |
Executa as funcións da estación de traballo, que
traducen información entre o formato TMN e un formato que se poda
amosar por pantalla.
Actua como interface co usuário humano e, polo
tanto, ten unha parte da sua operativa fora do ámbito do
TMN. |