 |
En
varios lugares do actual concello de Sober, como poden ser Gundivos,
que lle da o nome o tipo de oleria, polo Val de Lemos, desenvolveuse unha
industria de olería entre xentes campesiñas, que alcanzou unha importante
magnitude durante o século XIX e na primeira metade do XX.
Polas diferentes parroquias repartíanse os cacharreiros, que ese era o nome
do oficio que lle daban os conveciños, que disfrutaban das pezas deste, ata
tal punto que toda a comarca tiñase polo nome dos seus mais importantes
productos, como "terra de cacharreiros". Un oficio exercido indistintamente
por homes e mulleres, primeiro punto de igualdade quizais na historia, aínda
que o número de homes que se dedicaban a cacharreiros era maior ao das
mulleres. Entre estas tamén existiron afamadas cacharreiras, e o seu nome
chegounos ao noso tempo.
Nos derradeiros anos, antes do 1950, contábans uns corenta oleiros e oleiras
nesta comarca do municipio de Sober.dos cales tan so unha ducia seguian a
traballar o barro dado que os outros emigraran, triste realidade de Galicia,
Como de todos e sabido eran tempos duros e vivía moita xente da agricultura.
Os que tiveron a opción buscaron outros medios de vida mellor. Nos
anos 60 só Xosé o Zorro seguía traballando coa roda e cando se reunía
con algún fillo completaban a fornada e cocían os cacharros.
"Ata os anos 60 as xentes foron aguantando. As olas, antes do plástico, eran
estrictamente necesarias para o transporte da auga e para outros usos, xa
que non había outra cousa. Ao vir os cubos de plástico estendeuse o uso
rapidamente porque pesaban menos e non rompían. As olas, antes había que
levalas como o pan para a casa. Había que compralas. Despois, coa chegada do
plástico, xa non se vendían e a xente empezou a emigrar. E desapareceron
todos menos o Zorro de Vilanova, porque xa era vello. Foron por España
adiante e a países de fóra de España. Por 1965 xa non quedaba máis que o
Zorro"
A finais dos 70 a Sra. Obdulia, cacharreira de Campoverde, ao regreso da
emigración, volveu a poñer o torno en marcha porque as xentes seguían
preguntando polos cacharros. E nos anos que seguen súmanse catro
cacharreiros, curiosamente maiores, que case a un tempo decidiron volver a
facer olas. Alonso era fillo do Zorro que seguira traballando na casa do pai
cando viña de vacacións, e veu xubilado para Vilanova polo ano 1987.
Traballara nunha siderurxia en Avilés, e reorganizou o taller e o forno do
pai. Ventura, Federico e Agapito puxéronse outra vez a traballar na roda e
con eles animouse a olería nesta terra de cacharreiros.
As xentes comentaban con retranca que empezaba de novo xente vella, en tanto
que os propios cacharreiros láianse de que, "ao ser maiores, se non vén
xente nova para Gundivós, de aquí a poucos anos xa non hai nada". Así foi
que a principios do ano 2.001 faleceu Alonso, que tanto traballou por
recuperar a sona do obradoiro do seu pai e tanta ilusión tiña de procurar
para Gundivós unha escola que tivera entre os seus cometidos o de conservar
a tradición dos cacharreiros desta terra.
Por fortuna algún obradoiro abriuse, con xente nova, formada por
aqueles cacharreiros. E apreciase a existencia dalgun outro aprendiz nestes
intres.
|