O achado dun novo petroglifo (Pozo Ventura) no concello de Poio foi a causa da realizaci�n deste estudio e prospecci�n. O principal obxectivo do proxecto era dar a co�ece-lo petroglifo Pozo Ventura da maneira m�is clara posible e con relaci�n � seu entorno, tanto cultural como natural. Para iso puxemos gran atenci�n na descripci�n dos motivos e da laxe, como tam�n na reproducci�n dos gravados.
O petroglifo Pozo Ventura est� no monte de Li�ares, na vertente occidental do Monte da Tomba. Li�ares � un lugar do concello de Poio, na parroquia de San Xo�n (Poio Grande), que limita � leste coa parroquia de San Salvador (Poio Pequeno).
A prospecci�n dos arredores do petroglifo poder�anos dar novas pistas sobre unha �rea na que non se co�ec�an petroglifos, a aba occidental doMonte da Tomba, en contraste coa ladeira oriental, onde si se co�ec�an: como os petroglifos de Montecelo, entre os que destacan a Laxe da Lebres e a Pedra Grande de Montecelo, declarados monumentos nacionais n�meros 159 e 160 respectivamente (Aparicio Casado, 1989: 102-103), a�nda que polo seu estado actual de conservaci�n non o parezan. At�panse no lugar de Boa Vista, � lado da Caeira, na parroquia de San Salvador de Poio, na cara leste do Monte da Tomba.
Ademais, Poio � un concello onde continuamente se est�n a realizar construcci�ns, moitas das cales se realizan sobre espacios verdes sen que, aparentemente nalgunhas ocasi�ns, se produza un control previo que verifique a posible existencia dalgunha clase de resto arqueol�xico. Deste xeito, con esta prospecci�n, revisariamos unha pequena zona que nun futuro non moi lonxano pode ver transformado o seu espacio.

1. INTRODUCCI�N. Prospecci�n arqueol�xica no lugar de Li�ares
2. PETROGLIFO POZO VENTURA
2.1 Descripci�n
A laxe na que se realizaron os gravados rupestres est� perpendicular a un cami�o de carro en desuso, e inclinada, por estar a ras do chan, formando parte da pendente que chega ata un regato (fig. 1). Est� semienterrada, o que impide a observaci�n completa da parte inferior, tendo descuberta a superficie pero non as� completamente as zonas laterais.A altitude aproximada do lugar no que se sit�a o petroglifo � de 145 metros. O emprazamento est� nunha ladeira ubicada nun entorno forestal onde son moi abundantes os eucaliptos e o matorral. A propiedade � privada.
A rocha mide 3,70 metros de longo. A parte m�is ancha, a central, ten 1,50 metros. A parte superior, que est� separada do resto do corpo por unha fractura, ten unha anchura de 70 cent�metros. Pola s�a banda, a parte inferior � algo menor de 70 cent�metros de ancho. O grosor parece maior na parte esquerda, con  50 cent�metros pola parte media, e de 30 cent�metros no laterla superior esquerdo; � posible ent�n que a  parte inferior sexa m�is grosa. A laxe est� un pouco ladeada cara a dereita, o lateral m�is enterrado, s�ndonos imposible medi-lo grosor deste lateral. A s�a orientaci�n � surleste-noroeste.
O granito � de d�as micas. A parte superior est� algo separada por unha fractura. As diaclasas que ten a laxe non son impedimento para que nalg�ns casos haxa motivos que est�n sobre elas. Noutros casos as diaclasas separan alg�ns dos motivos gravados. O estado de conservaci�n dos gravados non � igual en toda a superficie, como se pode contrastar � ve-las profundidades dos surcos, que var�an moito duns a outros. Este deterioro puido ser debido � acci�n do lume que anos atr�s castigou moito este lugar, a�nda que non debemos descartar que algunhas insculturas puideran ser gravadas con maior profundidade ou en distinto momento. Hai zonas bastante esfoladas que soen coincidir con aquelas partes onde peor se perciben os gravados. A humidade do lugar, xunto � vexetaci�n que rodea a rocha (principalmente eucaliptos), fai aumenta-los procesos de alteraci�n da laxe.
PETROGLIFOS POZO VENTURA E OUTEIRO DA CHOQUEIRA (POIO, PONTEVEDRA)
Este artigo � un resumo de:
                         SARTAL LORENZO, Miguel Anxo (1999):
Prospecci�n arqueol�xica no lugar de Li�ares. Esudio dun novo petroglifo e prospecci�n do seu contorno inmediato no concello de Poio (Pontevedra). Memoria depositada na Direcci�n Xeral de Patrimonio da Conseller�a de Cultura e Comunicaci�n Social da Xunta de Galica, e no Museo de Pontevedra. In�dita.
                         SARTAL LORENZO, Miguel Anxo (1999): "O petroglifo Pozo Ventura (Poio, Pontevedra)",
Gallaecia, n� 18, pp. 119-135.
                         SARTAL LORENZO, Miguel Anxo (no prelo): "Petroglifos Pozo Ventura e Outeiro da Choqueira (Poio, Pontevedra): novas aportaci�ns � tema das relaci�ns", en
Congreso Internacional de Arte Rupestre Europea (Vigo, 24-28 de novembro de 1999).
1. Introducci�n
2. Petroglifo Pozo Ventura
        2.1. Descripci�n
        2.2. Interpretaci�n
        2.3. Conclusi�n
3. Petroglifo Outeiro da Choqueira
4. �Posible menhir?
5. Conclusi�n
6.
Bibliograf�a
A profundidade dos surcos �s que lles tom�mo-la medida est�n entre os 0,1 cent�metros e 1 cent�metro, se ben deste �ltimo s� temos un. A maior�a est�n entre os 0,1 e os 0,4 cent�metros, estando o resto entre os 0,45 e os 0,65 centimetros de profundidade.
� igual que nos pasou co Outeiro da Choqueira, este petroglifo tam�n nos deu a sensaci�n de non pertencer a este lugar, pois a laxe est� como pousada sobre a terra. No seu arredor m�is inmediato non parece haber ning�n afloramento, o �nico que estea enterrado. A maior�a do granito do contorno � de gran groso, estando as pedras de gran fino esparcidas polas toxeiras ou formando parte de muros. A zona est� bastante tapada con follas e rastrollos, e non � posible a observaci�n da superficie con total claridade. Quizais por isto a laxe nos ti�a apariencia de pedra megal�tica, como lousa dun dolmen ou un menhir, pero dos existentes noutras zonas europeas. Isto parece pouco probable, � non termos co�ecemento de que haxa m�moas nesa zona capaces de albergar unha lousa dese tama�o. A opci�n de menhir tampouco parece moi factible porque nas R�as Baixa non se co�ecen achados desa envergadura e, no caso de que estivera de p�, alg�ns gravados quedar�an tapados, porque chegan ata o lateral da rocha (segundo o lado que  n�s cremos que estar�a fincado na terra). Estes datos quedar�an clarificados cunha pequena escavaci�n que nos mostrar�a se a pedra � independente ou pertence a alg�n afloramento que est� baixo a superficie. Mentres iso non se clarifique, e segundo o que observamos, cremos que � unha laxe independente e que non � ese o seu lugar orixinal (fig. 2).
Polo tanto, imos considerar � Pozo Ventura como un petroglifo pertencente � Grupo Galaico de Arte Rupestre; pois ten as caracter�sticas que se lle atrib�en a este grupo (tem�tica, distribuci�n xeogr�fica, localizaci�n e grao de conservaci�n) (Pe�a Santos; Rey Garc�a, 1998: 230-231). Incluiri�molo dentro do bloque xeom�trico, a�nda que hai certos motivos que semellan armas (figuras naturalistas). A realizaci�n do petroglifo estar�a nos momentos de transici�n entre o III e o II milenios a.C., coincidindo co final do Megalitismo e co desenvolvemento inicial da Metalurxia (Sartal Lorenzo, 1999a: 127). Non cabe d�bida que ten bastantes diferencias co ata agora co�ecido de arte rupestre en Galicia; sobre todo se o vemos en conxunto. Se collemos algunha figura individualizada si que poderemos atopar alg�n parecido cos existentes en Galicia.
A definici�n dos gravados foi un labor moi complicado debido � dificultade da percepci�n polo desgaste que ten a superficie da rocha. No calco que realizamos mediante frotaxe obs�rvanse bastante ben (fig. 3). O calco foi acompa�ado dunha observaci�n directa da rocha, e doutras reproducci�ns m�is "subxectivas" (calco feito con pl�stico e as diferentes fotograf�as tomadas, tanto diurnas como nocturnas) (fig. 4). � dicir, tomamos como base o calco feito directamente na rocha e das outras t�cnicas que citamos. Alg�ns motivos son facilmente visibles, outros, a�nda que menos, tam�n o son, pero logo hai outros gravados que � estaren tan desgastados xa case non se sabe se son gravados ou erosi�n da rocha.
Na reproducci�n que realizamos fixemos unha diferenciaci�n de tres tipos de surcos, para que o observador perciba a dificultade dalg�ns trazos e interprete dunha mellor forma o que lle expo�emos. Dese xeito definimos aqueles surcos que son claramente perceptibles, aqueles outros que se perciben aceptablemente e, por �ltimo, aqueles que se perciben moi pouco e con grande dificultade xunto a outros que case non se perciben. Por �tlimo sinalar que neste petroglifo parece que houbo, en certas zonas, gravados que hoxe n�s non fomos quen de poder percibir (fig. 5). Cremos que a rocha estivo totalmente cuberta de gravados, incluso na parte superior, onde non parece quedar resto de nada, a�nda que a trav�s da luz artificial si que se parece percibir alg�n rastro de antigos gravados.
Os motivos parecen estar unidos entre eles, por unha li�a, por d�as, por proximidade, por encaixamentos, pero dun xeito ordenado que nos invita a observa-los gravados en conxunto. Se ben hai grupos de figuras que sobresaen pola s�a relaci�n (ademais de pola claridade do surco, etc.), � dif�cil atopa-la separaci�n entre eles (neste caso a nosa percepci�n vese influ�da pola dificultade de encadralos nas tipolox�as co�ecidas nin de sabe-lo significado).
Para poder ver mellor os motivos decidimos agrupalos en conxuntos, facilitando as� a s�a localizaci�n no caso de referirnos a alg�n deles. Como o l�mite entre os conxuntos � algo subxectivo, debido � nosa observaci�n, haber� zonas de intersecci�n onde un motivo estar� englobado en m�is dun grupo, para evitar cortes dr�sticos que individualicen excesivamente uns motivos que posiblemente foron creados en relaci�n a outros. Con isto tentamos que non se perda de vista o contexto no que est�n inscritos os gravados: a laxe. Deste xeito creamos 7 conxuntos �s que lle chamaremos A, B, C, D, E, F, e G (para descripci�n dos motivos ver Sartal Lorenzo, 1999) (fig. 6).
Non nos � posible xegui-la fase de creaci�n dos gravados, en cambio, o que si podemos ver, dun xeito m�is claro, � que os grupos que nomeo parecen ter certa independencia. � dicir, eles, individualmente, te�en unha orde, e logo, todos relacionados, parecen ter outra orde: un gran conxunto formado por conxuntos.
2.2. Interpretaci�n
O emprazamento do Pozo Ventura segue as pautas dos petroglifos da R�as Baixas, e ten caracter�sticas que parecen se-las que prefer�an os gravadores prehist�ricos (V�zquez Rozas, 1997: 77). A superficies inclinadas son consideradas como paneis, e te�en uns l�mites claros e concretos, apropiados para a representaci�n (V�zquez Rozas, 1997: 78), deste xeito, pola inclinaci�n que ten o Pozo Ventura, poderiamos consideralo como un panel (tendo en conta que non sabemos se forma parte do Grupo Galaico de Arte Rupestre ou do mundo megal�tico).
O Pozo Ventura pod�molo inclu�r no Grupo Galaico de Arte Rupestre, dentro do bloque xeo�trico, co permiso das posibles figuras naturalistas, que ser�an as probables armas. Pero non cabe d�bida de que ten bastantes diferencias co ata agora co�ecido da arte rupestre en Galicia, sobre todo se o vemos en conxunto.
En relaci�n �s gravados do Monte da Tomba (onde est� este petroglifo) vese que o de Pozo Ventura ten algo diferente, tanto polo tipo de motivos en si como polo tipo de soporte e a organizaci�n dos gravados pola rocha, ademais de estar, como xa dixemos, na ladeira occidental onde non se co�ec�an gravados rupestres. A gran parte dos co�ecidos nese monte te�en alg�n c�rvido, que en Pozo Ventura ata o de agora non apreciamos, e os que est�n formados por figuras xeom�tricas, como a
Pedra Grande de Montecelo, te�en un estilo distinto, cunhas figuras diferentes a�nda que poidamos atopar semellanzas con alg�n gravado do Pozo Ventura. A orde que nos parecen te-las insculturas deste petroglifo non � igual �s do resto da Tomba.
Os outros petroglifos que se co�ecen en Poio, e que se poder�an po�er en relaci�n espacial co Pozo Ventura, te�en estilos m�is pr�ximos �s da Caeira. Hai alg�n destacable por posu�r motivos pouco representados no conxunto de motivos dos gravados do Grupo Galaico de Arte Rupestre: refer�monos por exemplo �s figuras en zig-zag de Pedra Escorregadoira. en Samieira (Poio).
Como dixemos en p�xinas anteriores, o petroglifo Pozo Ventura f�xonos pensar en d�lmenes e en menhires e, pola clase de motivos, pensamos en lugares distintos de Galicia, coas que se puideron ter relaci�ns por contactos mar�timos a trav�s das r�as. Unha proba deses contactos pod�mola ter na embarcaci�n do petroglifo Laxe dos Cebros (Alonso Romero, 1995). Ademais, desde o Monte da Tomba hai unha boa vista da R�a de Pontevedra, al� � lado est� Mar�n, concello no que tam�n hai gravados rupestres,onde est�n os co�ecidos labirintos de Mogor. De frente, � outra banda da r�a, est� o Monte Castrove, pertencente en parte � concello de Poio, pero � nun lugar do alto do Castrove pertencente � Armenteira (concello de Meis) onde se atopa outro labirinto. Para V�zquez Rozas (1997: 59) os labirintos e labirintoides son motivos que ve�en de f�ra que puideron aparecer avanzado o Bronce final, seguindo modelos de procedencia mediterr�nea. O Pozo Ventura est� preto da r�a, e ten a un e outro lado os motivos de labirintos que poden facer pensar que tam�n te�a algunha inspiraci�n for�nea.
Unha das primeiras semellanzas apuntadas para o Pozo Ventura foron os seu posibles parecidos con
Gavrinis, na Breta�a francesa. Deste xeito abr�mo-la nosa investigaci�n cara o mundo das relaci�ns atl�nticas na arte rupestre, que ve�en sendo reforzadas polas relaci�ns que parece haber entre a arte megal�tica bretona e a peninsular (Bueno Ram�rez; Balb�m Behrman, 1997: 713). Tam�n segu�mo-las li�as da investigaci�n que apuntan � existencia de contactos entre a arte megal�tica e a arte rupestre a partir de certos gravados que se dar�an nalg�n momento do megalitismo Final (Pe�a Santos; Rey Garc�a, 1997: 833).
No cadro de motivos dos monumentos megal�ticos da Pen�nsula Ib�rica, E. Shee (en Bello Di�guez, 1996: 16) incl�e motivos en U entre os que se encontran tres semic�rculos encaixados, motivos circulares e serpentiformes, que podemos atopar no Pozo Ventura. � de destaca-la figura de tres semic�rculos encaixados, pois en Pozo Ventura tam�n son tres os semic�rculos (fig. 9).
Bello Di�guez dinos que en Breta�a, no IV milenio, os Cairns compl�canse moito m�is, modif�case a arte, con gravados que buscan cubrir toda a lousa nun intento de composici�n global � que se suman novos motivos entre os que se citan as U encaixadas; aparece o que el chama estilo barroco, presente na s�a m�xima expresi�n no dolmen baixo cairn da illa de Gavrinis, no golfo de Morbihan (Bello Di�guez, 1996: 29, 31).
A� � onde se pode atopa-la causa das semellanzas que n�s observamos co pozo Ventura. Nel, os gravados tam�n buscaron cubrir toda a lousa, e quizais tam�n nun intento de composici�n global e con maior diversidade de motivos que os que ten Gavrinis por lousa (Bello Di�guez, 1996. L'Helgouach, 1965. Le Roux, 1985; 1997). Respecto do barroquismo, este tam�n est� presente no Pozo Ventura, sobre todo nos conxunto C e D, que son os que mellor se aprecian, a�nda que no resto tam�n puido existir, se ben � certo que non � tan esaxerado como en Gavrinis.
Pero no petroglifo do que estamos a falar non s� se aprecia certo barroquismo sen�n tam�n certa orde que, xunto � motivo de U encaixadas, l�vanos � comparaci�n co estilo oficial irland�s; concretamente cuns gravados de Newgrange (onde os motivos nunha parte da lousa est�n dispostos cara unha figura central de xeito ordenado), e con outras figuras como a de Knowth (Bello Di�guez, 1996. Bradley, 1996). En Irlanda, na arte rupestre dist�nguense dous estilos (Bello Di�guez, 1996. Bradley, 1996): o oficial, e o libre ou de Loughcrew. No oficial os motivos pres�ntanse ordenados, formando un dise�o coherente, que tende a cubrir toda a lousa, e que � o estilo dominante no val do Boyne (Bello Di�guez, 1996: 35). Por outro lado, o estilo libre ou de Loughcrew caracter�zase por non ter unha orde aparente, predominando os c�rculos, motivos en U, ondulados, radiados, espirais e paralelos (Bello Di�guez, 1996: 35). Tam�n aqu�, nos motivos en U, se aprecian similitudes co Pozo Ventura.
Shee Twohig advert�a en 1981 (Bello Di�guez, 1996: 38) que a existencia de c�rculos conc�ntricos con li�a radial, un dos motivos m�is diferenciadores do grupo galaico, estaba presente en lousas de megalitos irlandeses do estilo de Loughcrew, permitindo deste xeito buscar na arte megal�tica unha fonte de inspiraci�n para os petroglifos galegos e a fachada atl�ntica. Este argumento apoia a posible relaci�n de Pozo Ventura coa arte megal�tica irlandesa, a pesar de que non se vexa o motivo de c�rculo conc�ntrico e li�a radial en Pozo Ventura. Nos megalitos irlandeses tam�n parecen ser com�ns li�as paralelas (Bello Di�guez, 1996: 33). Un tipo de li�as que non co�ezo, pero das que haber� que ver se te�en parecido co "fusiforme" de Pozo Ventura (fig. 9).
Data de creaci�n: xu�o 2001
Outros gravados galaicos xa se te�en comparado cos bret�ns, como o de Coto de Barcelos (Costas Goberna; Pereira Garc�a, 1996-97), e cos irlandeses, caso de Pedra da Bouza (Costas Goberna et alii, 1994-95).
Esas
semellanzas co megalitismo non s� as podemos aplicar a Breta�a e Irlanda, sen�n tam�n � pen�nsula. No cadro de motivos dos monumentos megal�ticos da Pen�nsula Ib�rica, de E. Shee, incl�ese o motivo de U encaixadas (concretamente tres semic�rculos igual que en Pozo Ventura), xunto a outros  motivos como os circulares e serpentiformes (Bello Di�guez, 1996: 16). Como estamos a ver, o motivo no que estamos a basear case t�dalas similitudes � o do absidado, ou semic�rculos encaixados. Figura que tam�n est� presente na pedra dolm�nica de Pola de Allende, en Asturias. Nesa pedra hai un total de 11 motivos dese tipo, xunto a un serpentiforme; 7 est�n compostos de tres semic�rculos � igual que en Pozo Ventura, e os 4 restantes de catro semic�rculos. Esta repetici�n parece moi significativa. � unha decoraci�n que se vencella tanto a zonas mediterr�neas como a Breta�a ou o noroeste peninsular; unha proba m�is das relaci�ns que se supo�en entre o mediterr�neo e o occidente europeo (Escortell Ponsoda, 1982: 18). Teremos que mirar cara o mediterr�neo, pero antes imos rematar coa pen�nsula.
En Portugal, no Alto Alentejo co��cense dous monumentos megal�ticos cunhas medidas que se asemellan � laxe de Pozo Ventura. Do menhir de
Bulhoa (Reguengos de Monsaraz) p�dese ler no libro de Palma dos Santos (1994: 99): que � un "menir em granito, restaurado e reerguido en 1970, de sec�ao el�ptica e com catro m. de altura. Profusamente decorado con insculturas nas d�as faces, nele podense ver facilmente uma representa�ao solar, linhas onduladas, ziguezagues e un b�culo" e con respecto � Anta 1 da Herdade de Vale Rodrigo (Palma dos Santos, 1994: 96) fai referencia a "um enorme bloco tumbado na base do "tumulus" junto � entrada da veda�ao, serve de referencia a este ben conservado monumento. Mede 4,70 m. de comprimento e 1,10 de di�metro m�ximo sendo considerado, quer como un menir, quer como un marco tumular. Este bloco representa igualmente algumas "covinhas" e gravuras, dificeis de distinguir: linhas onduladas e uma ferradura". Rochas e motivos que, a falta dunha an�lise m�is profunda do existente en Portugal, parece que nos indica certas similitudes co petroglifo Pozo ventura.
Aqu� en Galicia, ademais de se estar a buscar semellanzas dos petroglifos coa arte megal�tica (Pe�a Santos; Rey Garc�a, 1997), tam�n se est�n a buscar co mundo das cistas (F�bregas Valcarce; Penedo Romero, 1993). Estes autores analizan certos gravados de cistas con posibles similitudes en gravados rupestres. Un dos petroglifos nos que ven certos parecidos � no de Agro das Calzadas (Buriz-Lugo) (F�bregas Valcarce; Penedo Romero, 1993: 106). Nel hai gravados uns reticulados nos que basean as analox�as, e hai unha forma absidada parecida � atopada en Pozo Ventura. Segundo E. Shee (1981) o petroglifo Agro das Calzadas ten un paralelismo coa pedra decorada de Ardagaes de Aguas Santas (Concello de Maia, Portugal); para esta observa unha decoraci�n con posibles ligaz�ns coa arte megal�tica, datable quizais no III milenio a.C. Petroglifo portugu�s que F�bregas e Penedo (1993: 106) asocian cos gravados das cistas. Hai que recordar que en Poio, na parroquia de Samieira, enc�ntrase un petroglifo con li�as en zig-zag e c�rculos, relacionado tam�n � mundo das cistas (F�bregas Valcarce; Penedo Romero, 1993: 106); que n�s podemos vencellar espacialmente co Pozo Ventura.
Seguindo na pen�nsula, tam�n se est�n abrindo novas li�as de investigacion que falan das posibles relaci�ns entre a arte esquem�tica do interior peninsular e os petroglifos galegos (F�bregas Valcarce; Bradley, 1996). Novamente van se-los motivos en U os que nos dan a pista. Podemos relacionar eses motivos existentes no Pozo Ventura cos semic�rculos encaixados que temos na Meseta (G�mez-Barrera, 1992: 352, 361, 364). Motivos que tam�n aparecen no �dolo de San Bartolom� de la Torre (Almagro Gorbea, 1973: 267), cunha disposici�n semellante � de Pozo Ventura. En San Bartolom� de la Torre, "cercano a las sepulturas, pero fuera de todo contexto arqueol�gico determinado, aparecieron en este mismo yacimiento dos �dolos de forma igualmente ovoidal que vamos a describir a continuaci�n: (...). El ejemplar segundo encontrado en este yacimiento... Es �sta una piedra de cuarcita de forma ovalada, con una acanaladura en una de sus caras, y aparece rota toda la mitad inferior de la pieza que ha sido rota perpendicularmente a la acanaladura. Mide 8,5 cent�metros de largo en secci�n y 4 cent�metros de la parte conservada. Todo alrededor de la acanaladura central ofrece una serie de motivos decorativos incisos que forman principalmente c�rculos, algunos con un ap�ndice radial, y tambi�n series de tres semic�rculos ovales triangulares paralelos de mayores dimensiones que los anteriores, cuyo significado es todav�a dudoso, aunque recuerdan muchas de las representaciones del arte rupestre esquem�tico de Extremadura, valle del Tajo y Galicia (P. Acosta: La pintura rupestre esquem�tica en Espa�a)" (Almagro Gorbea, 1973: 267-268) (fig. 11).
Agora voume referir � mediterr�neo, concretamente a Italia. � verdade que dicir que existen relaci�ns entre os dous lugares � dif�cil de demostrar, m�is a�nda cando parece que os estudios actuais est�n deixando algo de lado ese mundo a favor das relaci�ns atl�nticas. Pero quero sinalar certos parecidos que, a�nda que non indiquen uns contactos, si nos poden refrescar un pouco as ideas acerca da intepretaci�n dalg�ns gravados rupestres, neste caso dalg�ns motivos do Pozo Ventura. Como dixen m�is arriba, os semic�rculos encaixados hai autores que os relacionan co mediterr�neo, ademais de co atl�ntico. Con ese contexto oriental tam�n se relacionan os labirintos (V�zquez Rozas, 1997: 59) e a embarcaci�n do petroglifo Laxe Auga dos cebros (Alonso Romero, 1995). Mentres, os gravados de paletas venc�llanse con Italia (V�zquez Varela, 1990: 110) e a Cabeza de San Pedro de Reb�n (Mora�a, Pontevedra) parece ter algunhas semellanzas con estatuas menhir de C�rcega e Sarde�a (Bueno Ram�rez, 1983: 153).
O Pozo Ventura ten unha situaci�n costeira, na R�a de Pontevedra. Nese contexto est�n tam�n os co�ecidos labirintos de Mogor (Mar�n) e o labirinto de Outeiro do Cribo (Armenteira, Meis). Polo tanto podemos supo�er para o Pozo Ventura unha inspiraci�n for�nea ou con parecidos a eses lugares.
Nesa b�squeda polo mediterr�neo non atopei semic�rculos encaixados, pero si encontrei algunhas figuras que me deron que pensar. Foi en Italia onde vin certos motivos, que decoran sobre todo a cer�mica e o bronce, relacionados con figuras ornitomorfas (Peroni, 1994: 147). Unhas figuras que me te�en un gran parecido coa figura do Pozo Ventura da parte superior dereita (fig. 8), que eu chamei pseudolabir�ntica (Sartal Lorenzo, 1999). Isto fainos pensar na s�a posible simbolox�a. Esas figura italianas aparecen no Bronce Recente, pero � no Bronce Final cando se estandarizan ligando a s�a funci�n a contextos funerarios e de prestixio (Damiani, 1992: 91).
Outra figura italiana destacable (encadrada no eneol�tico), entendida como s�mbolo vulvar, � un tri�ngulo que ten de base o v�rtice m�is longo e que est� dividido por unha li�a interna; ademais de estar acompa�ado de cazoletas interiores e exteriores (Negroni Catacchio
et alii, 1992: 374). Este motivo � semellante � "escutiforme" inferior do Pozo Ventura (fig. 12), que ademais ten unha cazoleta interior e outras no exterior; algunha delas, � igual c� figura italiana, no v�rtice que fai de base (fig. 12). Outros gravados italianos, semellantes � anterior, te�en unha li�a interior que os divide e que sae � exterior por ese v�rtice da base; tam�n soen estar acompa�ados de figuras fusiformes que poden ter algunha li�a interior (Tunzi Sisto, 1992: 446). O motivo triangular indicar�a o sexo feminino, interpretando a sexualidade e a fertilidade, mentres o fusiforme poder�a representa-la sexualidade masculina; cunha cronolox�a que os parece encadrar no neol�tico (Tunzi Sisto, 1992: 448). A forma triangular � un dos trazos que se lle atrib�en �s �dolos femininos da arte rupestre esquem�tica da Pen�nsula Ib�rica, xunto � rombo e � par de c�rculos (Jord� cerd�, 1983: 10).
No Pozo Ventura temos figuras semellantes a estas italianas que estamos a sinalar (fig. 9-12), e que est�n pr�ximas entre si. Se ben hai que ter en conta que a figura triangular do Pozo Ventura, ademais de ter unha li�a interior diferente, parece ter unha especie de alabardas e unhas figuras con forma triangular � seu car�n (fig. 10); mentres, o fusiforme aparece asociado a outras figuras das que lle parece vi-la s�a significaci�n. Iso p�denos traer novas perspectivas sobre o significado e a interpretaci�n, sen olvidar que en Galicia temos certos escutiformes con li�a interior, que tam�n sae polo v�rtice inferior (Costa Goberna; Novoa �lvarez, 1993: 170), e que poderiamos asociar a ese gravado triangular do Pozo Ventura. Son estas unhas consideraci�ns nas que a�nda hai que traballar, pero que non quer�a deixar de sinalar.
2.3. Conclusi�ns
Ata aqu� mostr�mo-los primeiros resultados �s cuesti�ns que o petroglifo Pozo Ventura nos comezou a suxerir. As semellanzas que mostramos anteriormente bas�anse moito nos semic�rculos encaixados, por se-lo motivo co que primeiro encontr�mo-las similitudes, pero somos conscientes, e niso estamos, de que � necesario analizar profundamente cada motivo, e sobre todo aqueles que parece ser m�si peculiares e diferenciadores do existente na arte rupestre de Galicia.
As peculiaridades que a n�s nos parecen te-los gravados e a busca de motivos que nos serviran para identificalos levounos a percorre-lo mundo das relaci�ns atl�nticas, do megalitismo, das cistas, e tam�n a interesarnos polas influencias mediterr�neas na arte rupestre. Co isto segu�mo-las li�as da investigaci�n que fan fincap� nos contactos atl�nticos e nos contactos da arte rupestre coa arte megal�tica e das cistas. Ademais, as semellanzas que observamos p�dennos abrir novas perspectivas para comprende-los posibles significados das insculturas a trav�s do observado noutras zonas europeas; que se ben non nos demostran uns contactos directos si nos poden mostrar novos cami�os para a intepretaci�n.
Do Pozo Ventura a�nda nos queda moito que dicir, tanto en conxunto como en motivos individuais, moitos dos cales a�nda non sabemos como identificalos. Este petroglifo m�stranos que a�nda nos queda moito por saber dos gravados rupestres, e adv�rtenos de que se deben prospectar esas zonas nas que hoxe ou ma�� se far�n diversas construcci�ns, como � o caso das R�as Baixas, o que pode supo�e-las desaparici�n de informaci�n arqueol�xica, ademais da correspondente perda de patrimonio cultural.
As semellanzas e comparaci�ns que fixemos neste artigo realiz�molas a partir da orde e barroquismo que nos parece te-lo Pozo Ventura, xunto a determinados motivos que identificamos noutros lugares. Hai gravados do pozo Ventura que non tratamos de xeito singular, m�is que nada debido � s�a dif�cil identificaci�n. Os motivos, independetemente do contexto da rocha na que se inscriben, lev�ronons � mundo das relaci�ns, pero iso non quere dicir que houbera uns contactos moi directos. Hai que ser cautos � hora de establecer relaci�ns directas. Os motivos que mostramos poden ser froito de mentalidades semellantes: as existentes nesa �poca para o occidente europeo. De feito, as comparaci�ns que fixemos lev�ronnos a lugares moi dispares, o que pode indicar que collendo motivos individuais non � dif�cil atopar semellanzas noutros lugares. Non � que todo se deba a converxencias, debido a mentalidades semellantes, e que non haxa contactos, que si os debeu de haber. As fronteiras non son estrictas. Hai que ve-los contextos nos que aparecen os motivos e a complexidade dos mesmos: non � o mesmo facer un c�rculo ca un labirinto, comparar motivos illados do seu contexto ou motivos contextualizados, etc. E deste xeito poder saber se certos motivos, como os semic�rulos encaixados, te�en un significado concreto (�dolo, etc.) ou, pola contra, moi variable.
Por outra banda, � verdade que hai unha arte m�is t�pica do megalitismo, outra das cistas e outra dos gravados � aire libre, e tam�n diferencias rexionais. Pero iso non quere dicir que sexan contextos pechados. Pode haber certos motivos que, a�nda sendo m�is abundantes nun contexto, tam�n poden aparecer noutros. Son mundos diferentes, que non quere dicir que todo sexa diferente.
As peculiaridade que citamos do Pozo Ventura respecto do Grupo Galaico son semellantes �s expostas por outros autores para o Coto de Barcelos (Costas Goberna; Pereira garc�a: 1996-97: 83), e nas que se poden inclu�r outros petroglifos como Montecelo VIII e XX , ou outros. Isto tal vez nos est� a indica-la existencia dun subgrupo dentro do grupo xeom�trico da arte rupestre galaica, que vir�a caracterizado polo maior barroquismo e cantidade de motivos, entre outras caracter�sitcas.
5.CONCLUSI�NS
O monte da Tomba, un lugar moi visitado polos investigadores debido �s restos prehist�ricos que pos�e, a�nda ti�a escondido alg�n petroglifo que non se co�ec�a, e posiblemente haxa alg�n m�is. Con isto, vemos que � necesaria unha labor de b�squeda de restos arqueol�xicos cunha metodolox�a clara, incluso naquelas zonas que, por unhas raz�ns ou por outras, se cren que est�n moi "machacadas", polo menos para poder atopar aqueles restos visibles, e facer unha labor de control onde haxa movementos de terra. Isto cremos que se debe facer dunha maneira urxente en lugares que, como Poio, est�n sendo ameazados continuamente por novos movementos de terra: falemos de urbanizaci�ns, novas pistas, �reas de ocio, etc. Deste xeito, tendo un co�ecemento daqueles restos arqueol�xicos visibles poder�anse facer unha planificaci�ns urban�sticas que as tiveran en conta, evitando novas destrucci�ns.
A causa do co�ecemento parcial dos gravados estudiados temos d�bidas na interpretaci�n. D�bidas que se poder�an clarificar un pouco m�is no caso do Pozo Ventura se se fixera alg�n tipo de limpeza ou pequena escavaci�n que nos indicara se � unha laxe de a�, se foi tra�da doutro lugar, ou cal � a forma que esconde baixo a terra. O mesmo pasar�a coa laxe que deixa � vista unha forma parecida � dun menhir.
Esta actuaci�n arqueol�xica non s� debe ir nesa direcci�n, pois tam�n se deber�an continuar con labores de prospecci�n no Monte da Tomba (e noutros lugares), como nos arredores das m�moas ou aquelas zonas que m�is ameazadas est�n polas novas construcci�ns (o caso da Caeira � o m�is claro, pois s�guese a constru�r � lado dos petroglifos).
Os restos atopados deber�an ser dados a co�ecer � sociedade, pero despois de seren protexidos e  acondicionados para as visitas, para as� garantiza-la preservaci�n dos petroglifos e non a s�a posible destrucci�n, tal e como soe suceder na actualidade a moitos deles que son visitados. Aqu� as instituci�ns te�en moito que facer, comezando coa educaci�n.
Esperamos que o descubrimento destes petroglifos non signifique o comezo do seu final, como outras veces ten pasado. Se ben � necesario descubrir, tam�n o � protexer e coidar.
O achado deste petroglifo foi o principal resultado obtido da prospecci�n. Denomin�molo Outeiro da Choqueira por atoparse no outeiro dese nome. Tivemos dificultades para clarificar se realmente era un petroglifo, algo que logramos coa axuda da luz solar rasante, coa realizaci�n dun calco por frotaxe e polas fotograf�as con luz artificial. Est� localizado a uns 70 metros � suroeste do Pozo Ventura, a unha altitude aproximada de 145 metros (fig. 13-14-15).
A rocha � de pequenas dimensi�ns, de gran fino, con forma de media l�a, destacando no medio das outras pedras, na s�a maior�a de gran groso e, con bastante seguridade, pertencentes a ese lugar. Algo que non se pode dicir deste petroglifo, porque est� pousado na terra e incluso se move algo, sendo factible o seu traslado, o que nos suxeriu que puido vir doutro lugar. Ten forma de media l�a, de 1,50 metros de longo por 65 cent�metros na parte m�is ancha, a central. O seu grosor � de 20 cm. O emprazamento � un outeiro cunha utilizaci�n do entorno forestal e vexetaci�n de eucaliptos. A propiedade � privada.
Os gravados son pouco visibles, cubrindo case toda a parte superior da rocha, con motivos xeom�tricos, que ve�en sendo figuras circulares pseudolabir�nticas, complet�ndose a tem�tica con covi�as e outras li�as no exterior dos motivos principais. Estas non s� est�n na superficie da pedra sen�n que contin�an polo lateral recto. Est�n moi erosionadas, algunhas li�as case imperceptibles, sendo moi dif�cil a s�a percepci�n. Os surcos dos gravados son moi abertos, estando a profundidade dos surcos que medimos entre 0,1 e 0,4 cent�metros. A s�a situaci�n nun outeiro cos motivos xeom�tricos que ten corresp�ndese coas pautas habituais dos petroglifos galaicos, � dicir, a ras de chan, que non se ve desde lonxe a�nda que desde a s�a posici�n tense un gran control visual do terreo circundante (considerando que este petroglifo tivo a� o seu lugar na prehistoria).
4. �Posible menhir?
Outro resto da prospecci�n que queremos destacar � unha laxe alongada semienterrada, con certa forma de menhir, � lado do Pozo Ventura, a 15 metros. Mide de longo (refer�monos � parte que est� descuberta, que parece o longo total) � redor de 2 metros, tendo de ancho 35 cent�metros na parte inferior e 10 cent�metros na parte de arriba (aproximadamente, xa que non se puido medir moi ben � estar semienterrada). A orientaci�n, tomada na direcci�n da parte superior-parte inferior (considerando a parte inferior a m�is ancha) � de leste-suroeste. A morfolox�a par�cese � do menhir de Mora�a,  a parte inferir estr�itase por d�as caras pero non polos laterais, rematando deste xeito en punta.
A t�a opini�n, preguntas e comentarios:
                                                             No noso email
                                                             
No noso foro

Gustar�anos sabe-la t�a opini�n e calquera tipo de comentario ou pregunta sobre o aqu� exposto e sobre os petroglifos, sobre cal � a mellor forma de expo�elos � p�blico, de protexelos, e que pensas sobre un posible traslado a un museo ou centro de interpretaci�n, xa que � �sta unha cuesti�n que se est� a barallar nalgunhas Administraci�ns. Gracias
Poio, xu�o de 2001
Miguel A. Sartal Lorenzo
6. Bibliograf�a
FIGURA 1
FIGURA 2. Foto con luz solar
FIGURA 3. Calco por frotaxe
FIGURA 4. Foto nocturna con luz artificial
FIGURA 5. Reproducci�n dos gravados
Surcos claramente perceptibles
Surcos menos claros
Surcos pouco perceptibles
Contorno e diaclasas da laxe
Isto hai que tomalo con certa precauci�n, debido a que non t�dolos gravados se conservan igual e non todos os vemos tan claramente. Iso si, na rocha, tal e como se conservou ata hoxe, hai uns conxuntos no que se ve moi ben iso que digo: son os conxuntos C, F e D (neste incluso poderiamos engadi-las tres li�as paralelas do grupo E). Os grupos A, B e E parecen m�is secundarios, ou polo menos non te�en esa orde que vemos nos outros conxuntos. Deste xeito a percepci�n centr�mola nos grupos que m�is orde nos parecen ter, mentres os outros conxuntos observ�molos baixo a presencia dos tres m�is marcados. Xa digo que isto � unha percepci�n actual, froito do que se conserva, pero atrever�ame a pensar que a rocha inicialmente tam�n se concebiu dese xeito. Polo tanto deben se-los grupo C, D e F os que pos�en as claves principais do significado do petroglifo.
FIGURA 6. Divisi�n en conxuntos
Nos paneis inclinados existe a preferencia por colocar animais, homes, armas e cilindros antropomorfos (V�zquez Rozas, 1997: 80), a�nda que hai casos en que existen motivos circulares sobre unha zona inclinada da rocha, que v�n sendo un dos argumentos apuntados para dicir que as combinaci�ns circulares representan neses casos a auga (V�zquez Rozas, 1998: 52-53). N�s en Pozo Ventura non atopamos ning�n animal, nin home, a�nda que si algunha posible arma, e varias figuras xeom�tricas, algunha das cales poder�a ter posibilidades de ser unha especie de �dolo. Polo tanto, un posible significado para os motivos do Pozo Ventura quizais estea relacionado coa auga, e coa s�a posible existencia en tempos prehist�ricos que hoxe a toponimia remarca (Pozo Ventura � o top�nimo do lugar que fai referencia a un pozo que hoxe est� abandonado; ademais est� preto dun regato). Deste xeito unha probable explicaci�n para a existencia do petroglifo nese lugar vir�a dada pola necesidade de delimita-lo recurso acu�fero (Bradley; Criado; F�bregas, 1993-1994)
3 PETROGLIFO OUTEIRO DA CHOQUEIRA
FIGURA 7. Detalle do "conxunto" B
FIGURA 8. Detalle do "conxunto" C
FIGURA 9
Detalle do "conxunto" D
FIGURA 10. Detalles dos "conxuntos" F e D
A trav�s das figuras meandriformes atopamos semellanzas cos gravados da Illa de Palma, onde se atopan asociados gran cantidade de gravados co mundo Atl�ntico (Beltr�n, 1996), e con temas dos gravados parietais dos enterramentos de Gavrinis en Breta�a ou do val do Boyne en Irlanda (Beltr�n, 1996: 13, citando a Shee, 1981). Dos motivos da Illa de Palma que analizamos (Mart�n Rodriguez; Pais Pais, 1996: 311) atopamos parecidos co Pozo Ventura nos circuliformes, onde se incl�en as U encaixadas. Pero este tema non o debemos tomar moi en consideraci�n ata que se aclaren as cronolox�as e o contexto dos petroglifos canarios, que parecen ser distintos �s dos petroglifos galegos (Costas et alii, en F�bregas; Bradley, 1996: 109).
FIGURA 12
Detalle do "conxunto" F
FIGURA 13
Foto nocturna con luz artificial
FIGURA 14. Calco por frotaxe
FIGURA 15. Reproducci�n
FIGURA 11.
�dolo de San Bartolom�
Fonte: Almagro Gorbea (1973)
Asociaci�n Cultural Al�n do Val
VOLVER � INICIO
P�XINA ANTERIOR
VOLVER � INICIO
P�XINA ANTERIOR
Si quieres leer este art�culo en castellano pulsa aqu�
If you want to read this article in english press here
GRUPO
Webmaster: Miguel A. Sartal Lorenzo
Hosted by www.Geocities.ws

1