Historia do FABRIL-DEPORTIVO B

Historia do Fabril


En esta páxina vos informo de cal e a historia do FABRIL. Trátase de un breve resumen dende a su fundación hata hoxe en día. Esta información foi recopilada por Fernando Rivas, presidente da peña la Base, e eu espero que vos sexa de interés.

Esta páxina sería imposibel sen a colaboración de Manolo Ricoy, delegado do Fabril, e está estructurada en 6 partes para que che sexa máis cómodo acceder a os datos.



I.- Orixenes do Fabril Sociedade Deportiva.

En 1914 o dono dunha fábrica textil de Catro Camiños, (unha rúa da Coruña), en dónde empeza a costa da Ronda de Nelle, funda o Fabril S.D. Camiseta azulgrana a listas verticales e pantalón azul serían as suas cores. Sería o 2º equipo más antigo de Galicia, tras o Deportivo.

Xogaba amistosos, coma o celebrado o 26-4-14 por as festas de S. Pedro de Nós, invitado por o Hércules. Un dos primeiros xogadores do Fabril, Ramón González, iría a Olimpiada de Amberes-1920.


II.- A Liga de Modestos.

No ano 1920-30 despuntóu o fútbol modesto coruñes, con torneos organizados por calquiera dos clubes, que máis tarde asociaronse o marxe da Federación Galega de Fútbol. En 1930 esta confiou a Ponte Patiño, xogador do Fabril nos anos 20, organizar en serio a federación de clubes.

Riazor vive o primeiro campeonato oficial (40-41), e no 1944 ábrese o mítico campo da Granxa. O Fabril integrase na Primeira División de Modestos e destaca a xuventude de todolos seus xogadores.


III.- A Serie A Rexional. O Fabril Asociado o Deportivo.

No ano 1948 o Fabril pasa a Serie A Rexional (hoxe Rexional Preferente). Os irmáns Vidal asociaron ó Fabril ó Deportivo por o presidente de éste, Daniel Chaver. Perez Martinez directivo do Deportivo preside o Fabril. Por contrato o Deportivo cede xogadores o Fabril e garantiza un diñeiro en caso de ter déficit a fin de ano.

Os "cracks" eran Arsenio e Torres. Entrenaban o mítico Chacho e Waldo Botana, que non cobraban por as súas enseñanzas. A sede era o Bar Astoria, c/ Olmos, 3-2º.


IV.- Campeón Galego de Aficionados e Ascenso a Categoría Nacional.

No ano 1952 preside Rafael Vacas e compon unha grande directiva: Tizón, Meijide, Yañez, Jimenez de Llano, Leirachá ..., entrenaban Toba e Neira, que duraría anos.

O Fabril 53-54, foi o primeiro equipo coruñés campeón galego de aficionados , o vencer o Turista de Vigo con Luis Suarez de figura. Ascende a terceira o gañar a Serie A e a promoción o Juvencia astur (4-2 y 1-2). Santamarina, Boedo, Piñeiro, Vasco, Barreiro, Porvén, Chines, Naya, Tito, Manolé, e Bouza plasmaban no campo a esencia do fútbol coruñés: técnica depurada e pouco remate. A Coruña pasaba a ter dous equipos en 3ª, Fabril e Juvenil. A Vacas lle sucedeu José Torres Mourelle, propietario da sede do clube.

Ante as penurias económicas do Fabril y Juvenil, o Deportivo propuso a súa fusión. Non se produxo porque o Juvenil quería facer prevalecer o seu nome, e o do Fabril non se podía menospreciar. No ano 1960 o Fabril gañou 0-2 o Juvenil e mandounos a Rexional e acaba a rivalidade. O mister Henry e o apoyo moral e económico de uns incondicionales salvaron o Fabril, cuyos ingresos non alcanzaban os de moitos clubes modestos.


V.- O Fabril Deportivo

O K.O. do Juvenil facilitou a entente entre o Deportivo e Fabril que se fixo o seu filial. González Dopeso presidía o Fabril S.D., que pasou a ser Fabril Deportivo e adoptou as cores branquiazuis. A súa directiva pasa a ser unha xunta xestora por delegación da do Deportivo. Os xogadores do Fabril que sumaban un número de partidos co Deportivo fichaban por éste, que asumía todolos gastos do Fabril, cuyo nome conservábase. Excelente Liga 63-64 con Giráldez, Mato Pet, Minador, Cholo, Vázquez, Oliveira, Varela, Machín, Larraz, Igartua, Guitién, Machicha, Laureano, Pito, Mosquera, Machicha, Paganini, Linares, Laureano, Pito, Mosquera, Beci, Bellón, Jose Luis, Manolete e Pellicer. Estos dous últimos serían internacionais. Entrenaba Badás. Promocionou a Segunda sen sorte.

Arsenio Iglesias se fai entrenador do Fabril e exerce dende 1967 hata que en 1971 pasa o Deportivo. Con el xogan Seoane, Luis, Vales, Miudo, Cobas, Piño ... e veteranos para recuperarse das lesions, como Campanal. En 1969-70 debuta o Fabril na Copa, elimina a Indautxu e Cacabelense e cae ante o Mestalla, pero na Liga perde a categoría nacional. Rodrigo García Vizoso devolveulle a 3ª pese a que Arsenio levárase a Vales, Collazo II, Piño... Gañou a promoción o Barreda 4-0, en Riazor: Andrés, Miró, Vidal, Seijo, David, Falín, Sesé, Rabadeira, Pardo, Rivas e Alías, pero volta a Rexional.

A 3ª como campeón galego 76-77: Jorge, Joaquín, Varela, Rego Rey, Chicho, Lito I, Lerio, Castillo, Lito II, Díaz, Barallobre, Juan Carlos, Jose Luis, Amador, Castro, Souto, Copa e Carballal. Preparaba José López. Muñoz mundialista chileno do Deportivo, xoga no Fabril para recuperarse da súa grave lesión. Na Copa tocounos un primeira, o Hércules. En Riazor, 0-3 con mala arbitraxe e desgracia. O Fabril xogou ben e con velocidade. Hércules-Fabril, 4-0. Dende 1978 prepara Rodriguez Vaz. que ostentará o cargo dez anos. Xógase na Copa contra outro primeira, o Salamanca. Resultados acadados, 1-3 en Riazor e un adverso 4-0 fora.

Hata 1981 o Fabril conquistara 38 trofeos. No ano 1984 unha folga de futbolistas profesionais permitiu que os fabrilistas xogasen un Depor-Tenerife: Joaquin, Chechu, Enri, Juanito, Suso, Ramón, Fisquelas, Pozas (Chema), Andrés, Castrejo (Fachal) e Pupi. Melo chega o banquillo do Fabril en 1988 e o fai subcampeón. En 1991 e o primeiro en ascender a Segunda B, Ares, Roberto, Ángel, Tito, Mariano, Molinos, Damil, Emiliano, Domingo, Juanito, Manolo, Grela, Teté, Toñito, Barral, Juan Luis, Busto, Óscar, Arturo e Braulio. Para o debut na 2ª B, o Fabril ficha a dous oriundos Carreira e Gabriel Varela, pero non pode manterse.


VI.- O Deportivo B e a Segunda División B.

Tras un acordo entre o Consello de Administración do Deportivo SAD e os dez socios do Fabril, en 1993 éste pasa federativamente a ser Deportivo B facilitando o intercambio de xogadores co primeiro equipo. Para o aficionado segue sendo o Fabril. Tras cinco anos Melo entrega o testigo a Corral.

O Fabril 93-94 e 2º pero perde a promoción. A gana no ano 1995 con Alex, Fran Lema, Dani, Repi, Marcos, César, Javi, vilariño, Pablo, Mourón, Aira, Miguel, Ricardo, Santos, Toñín, Viqueira, David, Carrete, Braulio, Maikel e Cascallar. Dende 1995 prepara Ballesta e o bloque funciona. Riazor e a Grela son fortes ca peña fabrilista La Base.

Na tempada 96-97 o Fabril clasifícase para a liguilla de ascenso a 2ª División, e chega o último partido da liguilla empatado a 8 ptos. , co Córdoba e o Elche, e ainda que depende de si mesmo para lograr o ascenso, unha derrota ante o Córdoba en Riazor por 0-1 o deixa relegado a seguir xogando en 2ª B. Clasifícase o Elche, onde xoga o carismático exxogador do Deportivo Claudio Barragan, o vencer o Barakaldo por 0-1.

Na tempada 97-98 o Fabril clasifícase para a liguilla de ascenso a 2ª División, pero o igual que ocurrira o ano anterior, quédase as portas de conseguilo . O fan o Huelva e o Barakaldo, quedando o Fabril clasificado de 4º na liguilla con 4 puntos.

Na tempada 98-99 o Fabril cae en desgracia, empatando o último partido na Grela contra o R.Madrid, y acabando na liga no posto nº 17 con 41 ptos. Esta clasificación faille descender a 3ª.


This page hosted by Get your own Free Home Page
1
Hosted by www.Geocities.ws