Carta de intencións

Antes de que nadie se escandalice, se enfade, e escomence a insultar sen máis meditación que a sinrazón do improperio, ESTAS PÁXINAS NON SON MÁIS CUN EXERCICIO DE MEDITACIÓN E RECREACIÓN, do que pode ser unha posibilidade histórica para ese país ó que algúns denominan España e outros o Estado Español, e nunca serán páxinas para ferir nin maltratar os sentimentos e ideas de nadie.

A longa tradición monárquica das terras da Península Ibérica non pode ser razón eterna para manter un concepto de estado que, ó noso entender, conculca desde o cumio da pirámide a máis antiga das teorías democráticas: a elección dos dirixentes.

Na vida cavernaria e pre-clásica o goberno e liderato estaban reservados ós exemplares humanos máis fortes fisicamente, prestándose pouca atención á fortitude intelectual. Eran os máis brutos, no sentido máis grosero da palabra, os que rexían os destinos dos máis febles.

O cultivo e refinamento do pensamento humánn foi creando a necesidade de contar nos liderazgos cun adorno cultural e filosófico, que sen facer perigrar ós líderes lles facían parecer menos neardenthalienses do que realmente eran.

Pensamos que ó fronte do Estado debe estar o máis refinado e capaz dos membros da tribu, pero, ademáis, a república implica tambén unha concepción máis progresista e moderna do que é a vida humana de fins do século XX.

E sostemos ademáis que España é só un nome, (What's in a name?, ó decir Shakespeariano), a tribu española só existe nos acontecimentos deportivos e outros menesteres folclóricos. A realidade española está nas diferente tribus que a poblan e a diferencian. España coma país só ten futuro longo nunha Federación de tribus, que ademáis de elexir soberanamente ós sus dirixentes máis próximos e incluso decidir ou non a súa pertenencia á Federación, poden elexir ós dirixentes máis válidos para gobernar esa supraentidade que soamente ten esencia cando é un conglomerado de tódolos intereses peninsulares e insulares, o Estado español, de agora en adiante a REPÚBLICA FEDERAL ESPAÑOLA.

Atempérense os ánimos e as disputas. Non hai tal, os pobos deciden os seus destinos e esto non é máis que unha proposta que se lles face ás tribus ibéricas peninsulares e insulares.

[email protected]

 

Hosted by www.Geocities.ws

1